Home forte do vestiario de OeP, hoxe recibimos a un dos autores
intelectuais da espectacular melloría dos lusificados nos últimos
tempos, o que os coloca no escalón 'incógnitas' da loita polo título.
Con todos vostedes, Leo Messi.
1. Leo, leo.
- he he, que les?
2. Unha cousiña. Parece que vai ter vostede un papel fundamental no
ataque do equipo.
- É que cousiña é? he he
3. Verde. Tes sono? Agora ou permanentemente?
- Verde, verde um...Mocos!
4. Frío, frío. É certo que basea os seus enfrontamentos cos defensas
dereitos no estudo concienzudo do cálculo de probabilidades e no
visionado de moitos vídeos?
- Non sei...este...a lúa! E ti? cantos anos tes?
5. Frío, frío. Que relación o une con Ruud? Enténdense fóra do campo?
- Ah, claro! Verde, era verde. O único que se me ocorre é, herba.
6. Quente, quente, que te queimas. Cal é o obxectivo na liga?
- Xa sei, a lúa verde! Non, espera, pementos, pementos verdes. Que
noxo me dan os pementos!
7. Morno.
- Vou probar con herba. Góstanche os pementos?
8. Quente outra vez.
- Como outra vez? Boh, este xogo é moi aburrido. Quero ir cos meus
amigos a xogar á pelota. Quere vir xogar connosco ao campo de fútbol?
9. Sí: campo de fútbol, premio. Toma un caramelo. Coñece a Franz?
- Gañei? Que divertido é este xogo! Moi amábel mas papá Franz dice que
non lle colla caramelos aos descoñecidos.
10. Boa sorte, crack.
- Chau.
8 comentarios:
Vai ser interesante cando a Cocu lle toque marcar a Messi.
Xornada 8.
A destacar hoxe: Zanetti vs. Dzajic. Superprimitivo de esrea contra o Antiprimitivo Total. Molaría que expulsaran a Dzajic.
Me temo que no hubo cruce entre ellos. Pero a Zanetti lo expulsaron.
Albricias! Temos novo rei.
non, a expulsión non foi oficial. Non xogamos liga
pois non o botaron, pero gañou os pases de gol.
por certo a entrevista moi boa, plas plas plas
Grazas, amado público.
Aínda que no fóra oficial, Zanetti xa era Primitivo Máximo ao ser expulsado na 1ª xornada da L3. Isto non fai máis que confirmar o seu grande estado de forma.
Publicar un comentario