venres, 30 de novembro de 2007

10 preguntas a Roger Milla (Camerún, século XX - Swazilandia BP)

(Marko Czalic - Montreal)

Unha das grandes irrupcións na WIFA T2 foi este dianteiro total, experimentado, completo,
versátil, capaz de crear superioridades en mediocampo. A parella ideal de Pienaar no xogo
entre liñas. O seu rendemento ensombreceu a Eto´o até provocar a súa saída do equipo e
agora, apoiado nun bloque cada vez máis sólido, é a principal baza desequilibrante do seu
equipo para dar o salto de calidade e optar a todo.

1. Boas, venerable Milla.
Mira con ollos oscuros e insondables a Marko. Sorrí felizmente como se xa o comprendese todo
e dí "Bos días".

2. Parecen ser o equipo con mellor rendemento defensivo do momento. Ten isto que ver con
seren vostedes africanos?
O ano pasado eramos guepardos, este ano somos ñus.(Sorrí felizmente)

3. Deixémonos de lerias. Puxo ou non puxo vostede a coñecida como Bubble-BUM?
Si, pero empregando o dereito que nos concede pertencer a Liga de Paises Minusculos. Temos
dereito a atacarnos os uns os outros sen intervencion externa. Maña as 10 non visite a
Capilla Sixtina.(Sorrí felizmente)

4. Grazas por aclaralo.
De nada. Sempre o digo, mellor fora que dentro.(Sorrí felizmente)

5. Que opinión lle merece o monarca swazilandés, comparándoo con outros famosos monarcas
ridículos?
Marcou mais goles que todos eles xuntos. Iso dí moito dun Rey.(Sorrí felizmente)

6. Esperan seriamente abandonar a súa longa tradición de fracasos deportivos? Se é así, por
que contrataron un adestrador cunha tradición de fracasos moito máis longa aínda?
Por si non se deran conta, e un boneco de palla. Literalmente. O Rey adestranos, e todo e
vai millor.(sorri felizmente)
7. Por que escravizan aos brancos?
Non os escravizamos, son así. (Sorrí felizmente)

8. Que opina Basturk disto? Xa sei que non é ario, pero estivo xogando en Alemaña e...
Basturk e feliz así como todos os brancos. (Sorrí felizmente)

9. Controla de papiroflexia?
Si, sei facer tubos cheos de herbas.(Sorrí felizmente)

10. Algunha outra afición excéntrica que nos queira contar? Ou convencional, se cadra a nós
parécenos excéntrica.
Non podo morrer debido a que nunca nacín. Seguirei xogando mundiales.(Sorrí felizmente)


Grazas, señor étnico.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Oh, que grande descubrimento de personaxe. Un místico feliz.

Anónimo dixo...

La próxima vez será mejor esperar a que se le pasen los efectos de las hierbas de los dioses.

Anónimo dixo...

Eu de maior quero ser como Milla