martes, 13 de novembro de 2007

Mitea pasa ó ataque

(Redacción)

Hoxé á mañanciña o inefable Mitea, xogador-adestrador-contable-utilleiro do Torpedo de Zagreb fixo unha rolda de prensa para saires ó paso dos rumores que o sinalaban coma un "home de palla" de Vlad II.

"Non son o monicreque de ninguén", dixo a modo de saúdo. "Nin sequera dun grande persoeiro coma Vlad". "Non, para temas do Ballack falen con el mesmo, non pretenderá que saiba o lle anda pola cabeza" e "Pode ser que sexa romanés, quen sabe". Comentou despois que "Non me gusta que se especule coa historia do heroe máis grande da miña terra". Rematou cun "Miren, eses rumores son unha trangallada, non se decataron que din que eu son o presidente do clube? Penso que está ben claro que é o Rapajk"

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Por primeira vez, Mitea soa inseguro. Non pode evitar os eloxios a Vlad, o seu xefe, mentres tenta de xeito pouco convincente liberar a Ballack das sospeitas repetindo unha descrición del que xa soa a consigna pactada de antemán na sala de xuntas 'non é doado saber o que lle anda na cabeza a ese rapaz'. Creo que eu por fin o descubrín: o que lle anda na cabeza a Bladlack son xeitos de encolar paus e persoas.

Anónimo dixo...

Una rueda de prensa que no hará sino crear más polémicas y malentendidos. Tenemos derecho a saber. Digan las cosas claras. ¿Es Vlad el propietario? ¿Es Vlad gay? ¿Es Ballack un pintor rumano emigrado a París?

Anónimo dixo...

1.-O propietario do clube é o pobo de Zagreb.
2.-Non creo.
3.-Pregúntenllo a el, eu que sei.