(Marko Czalic - Montreal)
Cando semella que, para ben ou para mellor, a pretempada máis polémica da historia da WIFA (e abofé que ten con que competir) chega ao seu remate e xa cheira a fútbol nas rúas de medio mundo, o mellor reporteiro do mundo achégase a un dos personaxes máis entrañables do mundo WIFA para coñecer as súas sensacións ante o inminente inicio da T3. Trátase, como non, de Andriy Shevchenko, dianteiro do Shakhtar de Montreal e mellor Atacante Total histórico.
MC. Como vai, Andriy?
AS. Vai indo.
MC. Que opina dos que din que, de súpeto, deu un baixón?
AS. Que non é de súpeto. Víase vir. É cousa do tempo. De todos os xeitos vostede sabe que iso aínda está por ver.
MC. Cousa do tempo. Refírese ao frío?
AS. Frío o de Kiev. Eu estou aquí polo clima.
MC. Que opina de George Weah?
AS. Que é negro.
MC. Quero dicir en comparanza con vostede.
AS. Precisamente.
MC. Xa, pero con relación ao fútbol...
AS. Insisto, el é negro.
MC. Si, iso quedou claro. Pero é mellor ou peor ca vostede?
AS. Peor. Sume.
MC. Desta volta superouno como goleador na Liga.
AS. Si, e eu a el na Kopa, e na tempada anterior, e no total...
MC. E ademais ten máis pases ca vostede.
AS. Si, e Dzajic, por dicir alguén ao chou, ten máis pases que el. Tente atopar a alguén con máis goles ca min.
MC. Comprendo.
AS. Alédome.
MC. Mellor cambiamos de tema. Que opina de Ballack?
AS. É o meu mellor amigo.
MC. É iso certo? Non semellan moi compatibles.
AS. Pois somos moi semellantes. A única diferenza é que o que eu teño de eficaz el o ten de especial.
MC. Pensa que chegará a capitán?
AS. E un bo tenente.
MC. Cal é a postura de Ballack ante a actual polémica da WIFA?
AS. Non sei, nunca falei con el. Penso que está de pe.
MC. Pero non dixo...
AS. Verá, é moi simple. Non me entendo coa xente de fóra do fútbol. Ou eles comigo. Os dianteiros, por outra banda, son moi divos. Hai envexas. A miña relación con defensas, porteiros, adestradores e presidentes fica definida pola existencia da AVS. Así que, ao final, a xente de mellor trato son os centrocampistas. E penso que Ballack, en particular, probablemente nin coñece a miña existencia. Polo que é case seguro que non ten nada na miña contra. Aínda que, polo que escoitei, non é doado saber o que lle anda na cabeza.
MC. Pero, e os seus compañeiros de equipo? E Koller?
AS. Koller é como un neno grande. E o resto parecen pensar que iso é unha virtude. Lóuvano como a un bebé.
MC. Que ten que dicir aos que o acusan de vaidoso?
AS. Que ten que dicir aos que o acusan de vaidoso?
MC. Sempre devolve os golpes?
AS. Non cando golpeo primeiro.
MC. Que opina dos que dubidan do seu anarquismo e din que ten boa relación cos magnates?
AS. É falso. Son tan anarquista que nin me ruborizaría de firmar un contrato astronómico co G&H.
MC. Rematando. Cantos goles pensa meter na T3?
AS. 24.
MC. Cales son as perspectivas do Shakhtar este ano?
AS. Chegaremos á final de Kopa e a vitoria dependerá de min. Na Liga andaremos aí aí, pero finalmente nada.
3 comentarios:
Si señor unha moi boa entrevista. Shevchenko crack e tamén cabrón. E non, semella que non é fácil saber o que lle anda na cabeza a Ballack.
Pues yo no tendría problemas en ficharlo, por lo menos para sacarme una foto con él en la pretemporada. El problema es que con esa actitud el Sr. Strangelove podría tomar medidas digamos... drásticas.
Tras mirar las estadisticas de las tres primeras jornadas de la T3, este ucraniano lleva ya seis o siete goles.
Es incuestionable que en la Liga de los Payasos, Andrei es el Rey
Publicar un comentario