xoves, 22 de novembro de 2007

INFORME "DUPLO A"

(Marko Czalic - Montreal)

O home que desvelou a escura trama Boban-Charlton; o Home que atopou e fixo públicos os pergamiños da T1; O HOME que sostivo o pulso co entrañable Andriy Shevchenko; o mellor reporteiro da Historia, traballando sempre para vostedes, da un paso máis atando todos os cabos sobre a última e maior polémica da WIFA. Ante vostedes, a pura verdade. O Informe "Duplo A".

É preciso comezar lembrando como, hai xa algún tempo, G&H publicou un estrano comunicado avogando pola modernidade e un estilo máis 'guai'. Esta nova pasou relativamente desapercibida para case todo o mundo, envolta nun halo de simple estratexia comercial. Pero este redactor foi consciente desde o inicio da clara relación entre esta iniciativa e a chegada, en torno a esa época, dun novo equipo directivo ao clube do nobre Sir Nigel. Este equipo directivo estaba encabezado por A.A., xenro dun ex-presidente de monarquía plataneira con importantes relacións nos máis altos circuitos empresariais de poder. As manobras de A.A. permaneceron desde entón nun segundo plano e aquilo, inesperado nun clube de fondo apego ás tradicións, quedou como se dixo nun suceso illado. Até agora.

Todos lembran o fondo impacto do recente anuncio da retirada de G&H das competicións oficiais WIFA. As investigacións deste cronista levárono a descubrir que esta iniciativa partiu de A.A.; "un gilipollas" ou "un memo integral" son as definicións que deste personaxe fan persoeiros históricos do clube. A realidade é que esta retirada, recomendada sibilinamente ao ancián Sir Nigel amparándose en razóns do máis estrano, non era máis que outro truco de márketing vencellado cunha xuntanza entre A.A. e o presidente da WIFA. Ao descubrirse a exstencia desta xuntanza e pedir Sir Nigel explicacións xurdiu a tapadeira "Boicot ao Pollo", segundo a que o Presidente da WIFA era vetado neste noso Xornal. Mentira. O verdadeiro contido da xuntanza foi o encargo de A.A. ao presidente da WIFA, coñecido polo seu gusto artístico, do deseño de novas equipacións para G&H, probablemente, estremo sen confirmar, incluindo o fucsia e cores fosforescentes en grande cantidade. O obxectivo sería desdicirse da retirada no momento que o mercado sinalase como óptimo e forrarse a conta das ventas das novas equipacións. Pero o obxectivo de fondo da manobra de duplo A sería provocar un síncope a Sir Nigel e a súa morte instantánea.

Pero isto non remata aquí. Todo o que coñece a A.A. sabe que non é quen nin de aprender as normas do parchís. Moito menos de montar esta espectacular conspiración. A.A. non é máis que o monicreque dun personaxe maquiavélico e brillante. Adiviñan quen é?

Non, señores. Non estamos a falar do tenente Michael Ballack; tampouco do seu 'alter ego', o Señor Vlad Tepes, ou Vlad II. O auténtico "home na sombra" deste Golpe de Estado en G&H é... o propio Sir Nigel!!

O propio Sir Nigel, que preparou todo metodicamente para reforzar o seu poder interno; o propio Sir Nigel, que buscaba medrar aínda máis dentro da WIFA; o propio Sir Nigel que, curtando a cabeza de A.A. pretendía deixar ao descuberto só unha parte do complot para saír fortalecido; o propio Sir Nigel, que mesmo, por un momento, chegou a pensar que o do fucsia non era tan mala idea e que igual lle conviña máis deixar trunfar o Golpe de Estado e sucederse a si mesmo cun estilo máis 'guai'.

Todo fica sobre a mesa, por fin, por obra, arte e maxia, unha vez máis, de Marko Czalic. Como sobre a mesa esperamos ver pronto a cabeza de A.A. Marko Czalic, que contou desta volta coa axuda de Alan Moore e os espíritos de seu castelo.

Unímonos agora a un desexo unánime. Ver a G&H de volta nas competicións oficiais WIFA e, a poder ser, de rigoroso e solemne NEGRO.

34 comentarios:

Anónimo dixo...

!

Anónimo dixo...

Síntoo, non sei que dicir. Abraiado me atopo.

Anónimo dixo...

Incrible...........simplemente impresionante.......que traballo de investigación.......que dotes de comunicación co público.....que....que.....que carallo pasa daquela...o G&H segue ou non segue na Liga?

Anónimo dixo...

Resposta aos comentarios 1,2 e 3 (válida para cada un deles):
Si, seino, resulta desconcertante. Eu tampouco sei moi ben que dicir. Agardemos as reaccións do interesado, sempre un exemplo de mesura mesmo en situacións coma esta.

Anónimo dixo...

No entanto gustaríame comentar o sospeitosa que me resulta a ausencia de explicacións oficiais por parte do Torpedo de Zagreb a respecto das acusacións de snobismo de que este clube foi obxecto na data de publicación da listaxe de Xogadores Primitivos.
Esta acusación amparábase no feito de que nin un só xogador do TZ aparecía na citada listaxe.

Anónimo dixo...

El tema de las camisetas se ha entendido al revés. O al menos así lo ha hecho este periodista. Fué el Pollo el que le encargó las camisetas al equipo técnico de G&H. En cuanto a A.A., no es más que un pobre idiota recién salido de la universidad, de esos que traen "ideas nuevas". Evidentemente, este individuo no ha tenido nunca mucho futuro en un equipo tan tradicional como el G&H. Es más, hace ya tiempo que no sabemos de él. Se le vio por última vez cerca de las mazmorras personales de Strangelove (antes la cafetería) al salir de una reunión directiva en la que expuso su intención de poner publicidad de "Los 40 Principales" en las camisetas del equipo.

Si alguien tiene información sobre el paradero este señor, que informe a las autoridades, a nosotros no nos interesa.

Anónimo dixo...

Pois iso non é un desmentido.

Anónimo dixo...

¿Qué es lo que tengo que desmentir?

Anónimo dixo...

buf, un cento de cousas. tenemos derecho a saber

Anónimo dixo...

Ah, pues sí que es sencillo. Lo desmiento todo. Desmiento incluso lo que he dicho yo. Desmiento el desmentido, por si acaso. Esto último es consejo de mis abogados, aqui presentes.

Anónimo dixo...

Ha de decir que como cortina de humo da bastante pena. Si yo hiciese algo así, sería más creativo. Me da que esto no llega ni a los 15 comentarios, a menos que lo estiren.

Anónimo dixo...

home creativo o que se di creativo, tampouco estivo mal

Anónimo dixo...

O Torpedo non ten xogadores no galardón ó máis primitivo porque os nosos xogadores teñen unha ampla base cultural e non caen en comportamentos de seres pre-pulgar opoñible.

Anónimo dixo...

15

Anónimo dixo...

HA! E iso con comentarios breves e nada estirados.
Si, sempre resulta molesto que a verdade saia á luz, especialmente cando un planea dominar o mundo, pero que se lle vai facer.
Esta vez vinte vir de lonxe Sir Nigel, algo non cadraba. Demasiado balbordo e demasiado caótico para ser casual. Acepta a derrota con 'Honor'. A Gloria é miña.

Anónimo dixo...

O Sr. Rapajk quere dicir que confirma as acusacións de snobismo no Torpedo?
E que non lle vexo outra lectura á súa presunta xustificación.

Anónimo dixo...

Voy a colaborar con otro comentario para que este pobre hombre no quede en ridículo. Mire, si lo que quiere es dinero para una comida hable con el Ordem, a nosotros no nos queda.

Anónimo dixo...

NO NOS LLEGA.....EL POLÍGRAFOOOOOOOO...QUEREMOS LA PRUEBA DEL POLÍGRAFOOOOOOOOOOO

Anónimo dixo...

O POLIGRAFOOOOOOOOOO....O POLIGRAFOOOOOOOOOO...O POLIGRAFOOOOOOOOOOO

Anónimo dixo...

Todo o que digamos é inútil. Teño información de primeira man de que o Presidente da WIFA pensa emitir un comunicado oficial.

Anónimo dixo...

MENTIRAAAAAAA.....TODO ESTO É MENTIRAAAAAAAA.....NON DESMINTES NADA.........PORQUE NON SABES NIN DO QUE FALAS.

Anónimo dixo...

Por certo, o do Volígrafo, quen é?

Anónimo dixo...

Desde estas alturas donde os encontramos instalados queremos proporcionar todo nuestro appoyo a Sir Nigel en la lucha contra esta afrenta que ante su persona se viene desarrollando con el devenir de los acontecimientos.
Fdo:
Sir Legin

Anónimo dixo...

El uso abusivo de las mayúsculas y los puntos ya nos lo indica. Lo único bueno que puedo decir de él es que creo que el caso es tratable.

Anónimo dixo...

Señor Sir Legin, todos sabemos que usted no tiene absolutamente nada que ver con esa escritora de ciencia ficción forofa del Chactar. Aunque deje de usar mayúsculas y puntos sabemos quien es. Ahórrese los esfuerzos.

Anónimo dixo...

(Non querendo interferir nesta loita entre sires, escribo con parénteses para dar unha pista aos que aínda non saben quen é duplo A. E a pista é: cantas monarquías plataneiras coñecedes?)

Anónimo dixo...

En defensa da verdadeira información, solicito cabezallos mais claros.

"INFORME "DUPLO A""??

A xente de ben, das noticias, só lemos os cabezallos e as dúas primeiras liñas de ser interesante.
Portanto recoméndolle ao autor desta desinformación que aprenda de Sir Nigel

Tanto o G&H como os seus dirixentes si que saben conectar coa xente normal.

Anónimo dixo...

Si usted fuera gente de bien no escribiría en esa jerga incomprensible y hablaría bien el español. No se haga pasar por lo que no es.

Anónimo dixo...

A señora Leguin, ardente siareira do Shakhtar, desexa facer constar que:
1) Efectivamente, ela non é Sir Legin.
2) Escríbese Shakhtar, non Shaktar, nin Xaktar, nin Chactar (que, por certo, levaría til no primeiro 'a'), nin tampouco é 'canadiense' (nin ela nin a palabra; o equipo si).

Anónimo dixo...

No vendrá usted a enseñarme la lengua de Cervantes, señor Jecho. Si no lleva tilde es porque no es una palabra española.

Anónimo dixo...

Por cierto, parece que el señor Fernán Gómez también era admirador del Chaktar. Lo enterraron con su bandera.

Anónimo dixo...

Estou ao corrente. Fódete, que non podes tomar represalias contra el. Agora xa é tarde. Mantivo ben o 'segredo' baixo o seu carácter uraño que, segundo parece, era a súa principal característica e mérito nesta vida.

Anónimo dixo...

A LA MIERDA.
VAYASE A LA MIERDA.
NO ME ADMIRE

In Memoriam
R.I.P.

Anónimo dixo...

ffp se cree otro gracioso. ¿Porqué no prueba usted a leer un libro? O al menos intente que le extirpen la parte de su cerebro que ya está podrida para que el resto pueda comenzar a recuperarse.