mércores, 10 de decembro de 2008

¡Triple!

O MAG consegue o traspaso de Sevchenko e Larsson, apenas unhas horas antes do peche do draft invernal.
Laudrup irá ó Babudos, e Makaay ó Pollo.
Bierhoff colga as botas, pero seguirá vinculado o clube coma "adestrador de dianteiros".


Enviado Especial (Monte Alto)

A rolda de prensa no local de Asociación de Veciños foi toda unha morea de emocións.
Por unha banda, a despedida de Bierhoff, que decide retirarse nun bo momento de forma "antes de fodela". Di estar moi ilusionado co posto ofrecido por Pituco e non descarta voltar os terreos de xogo no futuro. A sala convertiuse nun enorme aplauso o dianteiro, moi querido polos siareiros. O rostro imperterrito de "Herr Kommandant" mostrou unha feble roxez.
Deste xeito, Bierhoff convertiuse no descarte de inverno dos Gunners, pero o mellor estaba por vir.

A presenza de Laudrup e Makaay parecía unha mera mostra de apoio a Olivier, pero nada mais lonxe da realidade.
Despois de uns minutos o presidente da AVAMA soltou a bomba. Nunha doble operación con Babudos e Pollo, os Gunners chegaron a sendos acordos para a contratación de Sevchenko e Larsson, respectivamente.
As condicións do contrato especifican que Sevchi será intercambiado por Laudrup e o Pollo recibirá a Makaay e mais dous rublos.

Os dous xogadores mostraronse satisfeitos ca decisión. Laudrup mostrouse contento por ir a un clube que "xoga cunha táctica na que creo encaixar á perfección", Makaay pola sua banda dixo estar "Con moitas ganas. Vou para quedar."

Non oubo para mais na asamblea (e menos mal)... con respecto a cal será a fichaxe de inverno do MAG no draft o silencio foi sublime.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Enhorabuena a los premiados. Puede fichar a Okocha si quiere, nos deshacemos de él.

Sir Nigel dixo...

Y ya puestos, blindamos a Carew hasta 9.

MAG dixo...

Uuuuy hubo miedo eeh... :-P

Sir Nigel dixo...

Sí, estamos cagados.

Anónimo dixo...

Vaia cos altomontaraces, antes negromontaraces e antes negrinos. Shevchenko, Larsson e o que falta. Apostando polos descoñecidos, eh? Arriscando en xogadores de dubidoso rendemento, eh?

Anónimo dixo...

Por certo, moi hábil, o de blindar a Carew. Aparentemente era iso ou facerlle as maletas. Eu pagaría 9 rublos só para que non o tiveras.

Rapajk dixo...

Mi madriña traspaso a 3 bandas. Vaia plans ten a xente por aquí.

Sir Nigel dixo...

Llevo semanas diciendo que voy a blindar a Carew y la gente aun se sorprende? Que creían, que lo decía para hacerles caer en una astuta trampa?

Anónimo dixo...

Home, a min sorprenderíame o contrario.

Pois realmente esta vai camiño de ser a operación máis espectacular da historia da WIFA. Trincar dunha soa vez a Shevchenko e Larsson (que darán de si no mesmo equipo? Demasiado semellantes? Totalmente letais?) e ameazando aínda con outra fichaxe de 8 ou 9... Se o MAG segue a medrar en xogo, as incorporacións darán moito que falar na segunda metade da tempada. Bonita dianteira. Claro que ao final será Deisler quen meta os goles...