xoves, 25 de decembro de 2008

Torpedeando: O Míster fala da segunda volta

(Redacción)

Hoxe á tardiña puidemos falar co adestrador do Torpedo, Zbigniew Boniek, da segunda volta, a Kopa, os rublos e moitas máis cousas.

Boas tardes, Míster, como vai a cousa?
Boas. Pois regular, que quere que lle diga. Podiamos estar peor, mais no ecuador da liga vía ó conxunto moito mellor que agora mesmo.

Pódese falar dunha segunda volta para esquecer?
Non. O que esquece nunca aprende. O que hai que facer é buscar quen tivo a culpa e tomar represalias. Os malos resultados son un ataque directo ó Pobo. O Partido saberá que facer, estou certo diso.

E como van as pescudas? Pódenos adiantar algo?
Bueno...Teño unha lista aquí con tódolos xogadores, e vou tachando ós inocentes. A ver... Zhirkov non foi... Banks tampouco... Nin Dalglish, nin Van Bommel, nin Stankovic, nin Kalazde... Nin Olic, claro. Non é doado.

Vostede está na lista?
Como?

Se vostede está na lista...
Mmm, si, eiquí estou, con dorsal 7. E aínda non estou tachado. Oficialmente, son sospeitoso de xogo frouxo. Non é moi xusto, porque deixei os pulmóns no campo, mais que se lle vai facer. Non foi o meu mellor ano.

Que opina da situación rública do clube?
Mire, nós, en Zagreb empregamos o troco e as cartiñas de racións. Éme moi difícil comprender o concepto de 'diñeiro', un concepto capitalista decadente, como para ter unha opinión sobre ese tema.

Os nosos corresponsais no estranxeiro dinnos que a situación agora mesmo, para entendernos, é coma se vostede debera unhas cartiña de racións... Deber, matizo, é coma quen di que vostede ten un saco de patacas e aínda non entregou a cartiña.
Iso é imposible! Para ter o saco primeiro tes que entregar a cartiña! Non se deixe contaminar, camarada xornalista; sen dúbida queren confundilo.

Falemos da Kopa...
Falemos.

Que agarda deste torneo?
Bueno, a verdade é que imos xogar con bastante tino. Nestes intres hai equipos bastante mellores que nós... asi que mira: imos turrar, e o que veña, benvido sexa.

Dragan non dixo nada en todo o ano, e a súa actuación deixou que desexar, que acontece con el?
Pasou un ano sen xogar, considero que non está na mellor forma física do mundo. O ano que vén ha de dar o seu verdadeiro nivel. De calquera xeito, non fala porque o rapaz anda un pouco esfameado. Hai ben tempo que está sen callos, dende a primeira volta. Bastante lle custa respirar.

Un prato. Sen callos, claro.



Unha aperta e sorte na Kopa.
Graciñas e acougade. O Estado vela por todos nós.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Muy bueno. Yo creo que tienes que echar a Boniek.
Por otro lado ¿qué ha sido de Bakero?
Lo estuve buscando por el SUACI y no lo veo.
¿Se le eliminó por algo o es recuperable? Si se puede volver a meter es muy probable que me interese para el próximo draft (si mantiene el precio, que creo recordar eran 9 rublos)

Anónimo dixo...

Si! Boniek fóra!

E, xa que estamos, quen vai ir hoxe? Porque:

1) Non hai castelo
2) Eu teño unha plei pero non sei se está correctamente referenciada
3) Vou poñer unha noticia

Rapajk dixo...

E recuperable, déixame botar un ollo que debe estar da tempada anterior.