martes, 2 de decembro de 2008

División semanal

Secretaría da WIFA

Esta semana é moi interesante, porque hai que xogar uns partidos moi concretiños para chegar ao remate da primeira volta. Ser, é imposible de organizar, pero a secretaría é a hostia. Mentres a secretaría se batía co imposible, en igualado duelo, apareceu o Swazi para decidir na nosa contra. En fin. Isto queda así e, de momento, igual aínda serve para algo malia o intento de sabotaxe:

Castelo

Gloria
Torpedo
Asalta
Rif
MAG

Pazo

Pollo
Clash
Shakhtar

Nómadas

Ordem
Babudos
Tuzaros

A idea é que os nómadas se despracen en primeira instancia ao pazo presidencial, xoguen un partido cada un e marchen logo cara o castelo para resolver as restantes cuestións.

Por outra banda, se hai máis baixas, a cuestión toda queda no ar.

Baixas

Análisis

Fabulosos, os de Tron. Liquidaron a súa primeira volta, a súa participación na Kopa da Liga e quítanse do medio cando non fan falta. Gracias pola súa profesionalidade. Un saúdo.

18 comentarios:

MAG dixo...

Eun non poderei chegar ata a unha, asi que o tema nomadismo e un problema.
Quizais poida arranxar algun encontro pola semana.
¿Como o ven a secretaria e os sedistas?

MAG dixo...

Ademási por este mesmo motivo (vou andar polo centro, sen coche) esta vez teño preferencia por xogar no castelo.
Por outra banda, ainda que o sistema de nomadismo pareceme moi currado, creo que e un erro andar a correr... non vexo a prisa por rematala liga... se non se pode non se pode. Cruzar toda a cidade para despois chegar o centro e tentar aparcar ¡un venres a unha da mañá!, non me parece viable...

Anónimo dixo...

Non é andar a correr nin é présa por rematar a liga. É evitar que os que máis van teñan que agardar 3 semanas para que se xoguen 4 partidos, e eles xogar 1. Se non podes/queres ir é unha cousa, non vas e xa está, pero organizalo é necesario. Trátase de que cando se vaia se poida xogar así que, como non é posible comezar a segunda volta sen rematar a primeira e a Kopa do Pollo, pois hai que rematar a primeira. A opción que propós ti é: imos onde nos cadre. Igual podemos xogar algún partido e igual non. Se sae que non, igual o implicado prefire quedar na casa, xa que o puxemos nun sitio onde non pode xogar os seus partidos (seguro que lle encanta oílo). E así, se hai sorte, mandamos a 2 ou 3 á casa e o resto nos xuntamos comodamente nun sitio a xogar un par de partidos. Repetimos o proceso durante un mes a ver se coincide que se vaia xuntando por casualidade a xente á que lle toca xogar. Análisis, que xa rematou todo, ou Rif, a quen lle queda un partido, ou outros en semellantes circunstancias agardan pacientemente; se tal xa os avisaremos cando nos sexan útiles.

Creo que hai un problema de concepto, baseado en que a ti (e só a ti) che quedan 4 partidos de liga e toda a Kopa do Pollo. Non hai présa por rematar, é que a xente XA REMATOU. Falta liquidar o residuo. E, se non nos organizamos para iso, non se resolve so.

Velaquí a miña proposta: no canto de chegar á unha ao castelo, chegas ás 4 ao cumpreanos desta semana e así non distorsionas os plans.

Bueno, agora en serio: O partido que tiñas que xogar no pazo presidencial era co Clash, pero dubido ben que te poidas reunir con el con anterioridade ao venres, e non sei se o mesmo venres. Tamén sería útil que xogaras o da Kopa do Pollo contra Che, sobre todo se quedas eliminado.

MAG dixo...

Pois non che sei, a min ir desde monte alto a os castros, aparcar xogar un partido, esperar 4, ir hasta zalaeta e dar voltas 1 hora para aparcar, pois non che me apetece nada de nada.
E iso sen ter en conta que non podo ir ata a unha.
Por outra banda, e a primeira vez que non vou en moito tempo asi que menos foda co de que esta tascado por min...
Eu o que digo e que hay que intentar xogar os mais de partidos, pero sen tanta movida...
Se en vez de catro partidos por sede se poden xogar dous, pois se xogan dous e un mundial...

Anónimo dixo...

Creo que me estou a volver tolo, porque cada ano que pasa teño máis conversas nas que se me malinterpreta ou eu creo que se me malinterpreta. E non unha persoa, moitas. A vantaxe da conversa escrita, a única, é que está aí.

"Se non podes/queres ir é unha cousa, non vas e xa está, pero organizalo é necesario."

Creo que nesta frase se evidencia a ausencia total de acusacións persoais ou xuízos de valor sobre a túa ausencia en particular, esta fin de semana, ou cando sexa. O que eu che discuto, creo que está claro, non é que vaias ou non vaias (con iso só fixen unha broma sobre o cumpreanos), é o de que "se se pode se pode e se non, non". E, sobre todo, no matiz. Xa sei que o dos coches pode ser un coñazo, pero non o é menos quedar nos Castros SEN COCHE que, se te fixas na distribución, era o que me tocaba a min, en principio.

En fin, que o que eu digo é precisamente o contrario do que ti me acusas de dicir. Resumindo:

Se non vas ou chegas tarde, pois non vas ou chegas tarde. Pero non por iso é menos necesario organizar a cousa. Non polo feito de que ti vaias cear ou esteas ocupado deixa de existir o resto da xente da liga. Existen igual mesmo os días que non vas en absoluto. Eu tento que a división e/ou as ausencias lles afecten o menos posible aos seus tempos de espera e ao seu divertimento. E punto.

Anónimo dixo...

E ademais, que carallo: queres unhas hostias?

MAG dixo...

Tes razón...
"Creo que hai un problema de concepto, baseado en que a ti (e só a ti) che quedan 4 partidos de liga e toda a Kopa do Pollo. Non hai présa por rematar, é que a xente XA REMATOU. Falta liquidar o residuo. E, se non nos organizamos para iso, non se resolve so."

Se me volves chamar residuo TI RIVIENTO... ¿MINTIENDES?

MAG dixo...

ai o tes, outro exemplo de que esa distrubición non vale... mira que mandarte a ti mesmo a 6 kilometros da casa sen medio de transporte....... eu creo que imos ter que facer o SUACI Distributor... se non isto e un caos e ti has acabar fatal da cabeza........

Anónimo dixo...

Ah! Moi ben! Colliches o do residuo... mira que estaba a piques xa de te chamar imbécil, en vista de que non reaccionabas...

Por min non te prives, pero sospeito que o SUACI Distributor ha dar os mesmos problemas ca min, a saber, optimizará o número de partidos xogables -con máis eficiencia e en menos tempo, claro- e logo terá que escoitar "yo es que...". E entón mandaravos a todos á merda e gobernará o Universo. Coma min.

Anónimo dixo...

Perdoa, pero o texto que citas, aparte de por chamarte residuo, non vexo que interese ten. Por se é outro problema de interpretación, o que eu dicía nel viña sendo: "claro, como a ti che quedan 5 ou 6 ou mesmo 9 partidos, paréceche que a primeira volta aínda ten corda, que présa hai? Pero á maioría da xente lle restan 0 ou 1 ou 2 mentres non rematemos o resto, e vaise aburrir segundo canto tardemos en poñelos a andar", e non "como faltaches imos morrer todos e ti estás en pecado mortal", interpretación tan divertida como baseada en absolutamente nada ou nun exacerbado sentimento de culpabilidade que probablemente creceu en ti ao te veres atrapado na neve das montañas, tan cerca de Deus.

Anónimo dixo...

E, por acabar de afinar:

Se non podemos avanzar porque falta peña, pois haberá que foderse.

Se non podemos avanzar porque somos idiotas e non nos organizamos aínda que a xente vaia, pois entón somos idiotas. Máis claro, auga.

jebeWalrus dixo...

Pensastes nun taxi nomada? Non ha ser moi caro. Teletaxi 981287777

Sir Nigel dixo...

EANPCETaAPEP.

Menos mal que lo único que me he leido de todo esto son las primeras letras de cada comentario, que es donde perdía el interés. Las reproduzco aqui porque no dejan de tener su encanto.

Anónimo dixo...

Confirmo asistencia

Anónimo dixo...

Eu tamén confirmo asistencia. POr certo, ao final como vai ser a cousa? Que facemos os nómadas?

Haile Selassie dixo...

ahí vamos!

Anónimo dixo...

Pois os nómadas nomadeades, como pon no manual de prostitucións. Gustaríame saber se é posible engancharse ao carro nómada -ou babudomóbil- e a que hora -o máis pronto posible, precisamente polo asunto do nomadismo-. Se non é posible, probarei co coñecido método 'bus'.

Noutra orde de cousas, sería bo que o Selassie, se o pode permitir, achegase a súa plei, xa que é moi probable que se xunten no castelo até 9 tipos segundo vaia avanzando a noite -isto se non media recklamación por parte do Sir-. Graciñas.

MAG dixo...

Aviso que llegare pasadas la 1... aproximandose peligrosamente a las 2.