domingo, 14 de decembro de 2008

Torpedeando: Así anda a cousa

(Redacción)

Hoxe temos connosco ó home do momento no Estadio do Pobo: Kenny Dalglish, o goleador escocés que chegou ó noso clube no draft invernal, e que rapaz non para de chuzar. Ós seus tantos na Liga hai que sumarlle os dous que anotou na volta da Previa da Copa, que fixo que o Torpedo estea agora mesmo nos cuartos de final.

Boas noites, Mr. Dalglish, que tal?
Moi boas. Pois bastante ben, é unha honra para min estar por fin na LPU e sobre todo no Torpedo.

Parece que vostede chuza a miúdo, non é?
Si, a verdade é que meu avó dicía que teño un 'don'. Loitou contra os ingleses, sabe?

Pois non lle sabía nada, cando foi?
Cando era novo. Instalouse no alto dun outeiro e declarouse independente da Gran Bretaña. Viñeron os gardas e o prenderon. Logo fuxíu. E volvérono prender. E fuxíu, claro. Cando chegou ós 60 anos, cansouse e fíxose do Aberdeen.

E vostede que opina do asunto?
Eu estou con el. A pesares diso, sempre me considerou un 'traidor'. Non lle gustou que fichara polo Liverpool. 'E logo, non hai equipos aquí, ho?' dicía. Tentei explicarlle que aínda que estaba nun equipo inglés eu lles marcaba goles a outros equipos ingleses, causando terror na Inglaterra e favorecendo a nosa causa. Non lle hai que facer. Adoita a referise a min coma 'Lord Dalglish'. Menudo é.

Bueno, supoño que saberá do perigo que ten o posto que ocupa.
Puskás, Pelé, van Nistelroy, Kanouté, Luca Toni... todos duraron ben pouco.
Xa o sei. Mais a min gustaríame ser o herdeiro de Ivan Vladic.

Palabras maiores.
Seino, aquí en Zagreb todo o mundo o bota en falta. O outro día veu ó adestramento. Segue coxeando moito. Aínda asi, cabeceou un par de centros. Seica agora traballa de administrativo. As voltas que dá a vida.

Que tal se leva con Banks? É un Sir inglés...
Moi ben. Mais estaste a trabucar. El di que é galego. Ten unha casa en Malpica, segundo dixo, e vai moito pola de Pituco, o adestrador dos MAG. Non se perde a empanada de Carmiña por nada do mundo.

Nada, graciñas e sorte no que queda de tempada.
A vos. A liga queda un pouco lonxe. A ver que facemos na Copa, eu teño fé.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Boísima.

jebeWalrus dixo...

AAAAAAAhhh!!!! Le habeis quitado velocidad de conducción a Butragueño ademas de respuesta q era por lo que destacaba más!? Quitar dos puntos de velocidad vale, y caparle el tiro, porq no era demasiado goleador, y subir la precision de conducción bueno, llevaba el balon pegado aunq no se si tanto, pero por ejemplo no le habeis puesto hab. regate ( el uno-dos mitico de un pie a otro q hacia siempre, como rosicky zidane y laudrup). No soy fan pero me parece una aberración q no tenga eso.

http://es.youtube.com/watch?v=IEAGL-VsUZM

Lo de bajarle el ataque tampoco entiendo en base a qué, no defendía. Y pese a ser sd, podia jugar de dc.

Djalma me gusta más. Pero no creo necesarias las subidas de: tecnica(93->97), prec conducción(90->96), mentalidad, trabajo en equipo y cabezazo.

A Bebeto le pondría mas ataque, y 0 de acuerdo con la velocidad de conducción. Tenia mucha más. Tcnica de disparo tenia seguramente más porq tiraba hasta haciendo el pino.

Todo esto en mi humilde opinion.

Sir Nigel dixo...

A Butragueño da igual lo que lo bajaran, si total el único lo bastante inexcrupuloso como para pillarlo ahora lleva argentinos.

Anónimo dixo...

Yo me lo iba a coger porque queria hacerme un mazo de Avens... ah no eso es otro juego......

Rapajk dixo...

En calquera caso, podemos revisa-los trocos, concrete un pouco e propoña o que considera que debe modificarse, e en que valores.

Por certo, as Habilidades de regate xa hai un par de versión que deixaron de ser o 1-2 de Laudrup, etc etc, por iso non o ten. Segundo di o xogo non é regate de desborde, senón de manter o a posesión de balón cando lle presionan.

Sobre o de Djalminha, a suba da técnica é porque, penso que é un dos mellores do mundo nese apartado, non tendo nada que envexarlle a Ronaldinho por exemplo. Outra cousa é que non corra.

Remítome ó que dixen ó comezo, faga a súa proposta e xa esta.

jebeWalrus dixo...

Vale, ainda asi, o forte de Butragueño era precisamente o regate e a reacción. Pra aguantar o balon suponse un xogador poste, e non é deste tipo. Creo que os datos q aporto son casi autoexplicativos sen querer intencionadamente dar numeros, pero non hay inconvinte.

Butragueño: unha ou as duas de regate. Se é unha sola, hab regate, a menos q se considere o contrario. Eu lein q a de "regate" solo era pra que o computador tentase o regate con mais frecuencia. Quen sabe.
Non cambiar: ataque, resposta e vel conducción.

Djalma: por min non tocar tecnica, prec conducción, mentalidad, cabezazo e traballo en equipo.

Pois eu creo que Ibrahimovic é mais técnico que Djalminha porq intenta moitas cousas e todas(a maioria) lle saen. Djalma dexou detalles moi chulos. Pero era mais arriesgado/loco/imprudente q técnico ao meu modo de ver, o que non quita q fose un crack tecnicamente con un 93.

Bebeto: Moviendose arriba era do mellor que teño visto, sin corpo sempre encontraba o momento xusto pra entrar á portería. Por tanto debería ter en ataque un 95 aprox.
Vel. conducción 91 aprox.
Tec disparo 95 aprox.

Rapajk dixo...

Dígoche máis ou menos o que penso, mais mellor o falamos a modo o venres, porque discutir por aquí estas cousas é un pouco coñazo, e a fin de contas fan falta votos para face-los trocos.

Estou dacordo nalgunha cousa:

- A habilidade de regate Butragueño, e quizais a velocidade de condución. Non tanto na resposta, agora ten 88 e penso que ben lle chega.

- No de Djalma, a técnica refírese ó control de balón, por iso lle puxemos un valor tan alto. O do regate, en fin, non coñezo moita xente que leve o balón tan pegado ó pe. E o da mentalidade ten máis da que se pode pensar, cando o equipo estaba en problemas nunca se agachaba, todo o contrario. O que si é certo e que xogaba o día que lle petaba. Por iso lle baixamos a condición.

- E no de Bebeto estou dacordo en xeral co que dis. Como os que estabamos alí modificando somos todos fans de Bebeto eu tirei un pouquiño polo baixo nalgunha cousa.
O da velocidade de condución puxémolo así porque non se caracterizaba por ser un tipo de regate en carreira. Non era moi propio del levarse a dous ou tres xogadores en velocidade nin nada diso.

Haile Selassie dixo...

Bueno, pareceme a repanocha o que estou lendo.A ver, a butragueño, como se o tirades polo bater. pero....... a Feitossa, nin mentalo, podedes subirlle todo a 99 e ainda así quedariamonos escasos. Feitossa é o Deus supremo deste deporte, que clase de barbaridade é esa de que Zlatan ten mais tecnica que Djalma, sera no ollo do c.... con perdon. Preparadevos para o proximo draft, quero a Djalma e a Curro Romero. Idesvos tragar as vosas palabras.