(Marko Czalic - Montreal)
Hai xa ben tempo (na T2!) que o Xornal do Pobo abriu a sección 'Pregúntalle a Marko', destinada a facerlle ao grande Czalic preguntas sobre diferentes apartados estatísticos da historia Wífica. O magnetismo do personaxe é tal que moitas destas preguntas ficaron soterradas baixo moreas de declaracións de amor chegadas desde todos os puntos do cosmos. Así e todo, algunhas destas cuestións foron rescatadas con dificultade pola ex-estrela do Soviet Supremo de Kiev e megaestrela (frustrada polo favoritismo pro-serbio instaurado no seo da federación) da selección iugoslava. Velaquí un breve compendio de respostas para os fans. Quedamos abertos a calquera nova consideración que queiran facer os nosos lectores.
Aforramos as louvanzas que acompañan aos textos e imos directamente coas preguntas.
Que xogador anotou máis goles nun partido oficial de clubes da WIFA?
Esta cuestión, unha das primeiras cronoloxicamente, é tamén das máis complicadas. Ningún xogador, dacordo co que atopamos na documentación, logrou nunca 5 goles nun encontro. Francesco Totti, xogando para o Pollo FC, foi o primeiro autor dun tetra-brick. Non podemos afirmalo con certeza, mais cremos que Eusébio, xogando coa única camisola que coñeceu, a de Gloria y Honor, igualou ao italiano algún tempo despois. Esta tempada 8, curiosamente, malia ser a máis baixa en media goleadora, sumou até tres novos nomes á lista: Kaka e Villa acadaron tamén cadanseus 4 goles nun mesmo encontro, xogando ambos para o caótico Análisis Matemático e tamén outro Pollo, o grande Freddie Ljungberg, segundo a oportuna achega do noso Statsekretär. Curioso tamén é o feito de que dos 5 futbolisas nomeados, 4 non son goleadores particularmente habituais, non sendo tampouco mentira que Villa vén de debutar (e xa pasou por 2 clubes!). En calquera caso, solicítase colaboración cidadá para completar posibles erros ou omisións na presente información.
Cantas eliminatorias kopeiras se resolveron nos penaltis?
Pois 4, e as 4 esta tempada. E as 4, na Kopa do Pollo, polo que a Kopa é virxe aínda neste eido. Son poucas, despois de 107 duelos e 12 competicións kopeiras que se acumulan xa na historia. A primeira desputárona P. Clash e Análisis, con 5-3 para os escoceses tras remataren o encontro con 1 a 1. Curiosamente foi despois cando o Monte Alto Gunners se sumou a esta historia de xeito espectacular sumando un trunfo por 4-2 fornte a Tuzaros (0-0) nos dezaseisavos e, xusto a continuación, un 5 a 4 ante Ordem (2-2), nos oitavos. Lémbranos o Duque que na quenda de semifinais, Gloria derrotou precisamente ao seu equipo por 4-1 nesta sorte tras finalizar con 1 a 1 o tempo de xogo. Once competicións kopeiras sen unha soa tanda de penaltis e chegamos a ver 4 en só 11 partidos da KP8.
A malleira máis gorda.
Shakhtar 7-0 Pollo, na T5. Iso si, o Pollo rematou 4º e os quebequenses, 6ºs. Así é a LPU.
O mellor colista.
Aquí temos boas novas. O mellor colista fora desde sempre o Swazilandia BP -agora MAG- da T1, con 14 puntos en 18 partidos. Pase o que pase no que resta, a T8 verá caer un dos récords máis antigos da WIFA. Pollo ou Tuzaros serán os afortunados.
A maior xeira de vitorias consecutivas na LPU.
A pregunta máis recente e tamén un récord que vén de caer -que foi, precisamente, o que motivou a pregunta-. Efectivamente, as 8 vitorias que o Shakhtar acumula nesta segunda volta da LPU8 consitúen o novo récord. Veremos se se detén ou se amplía. Até o de agora o Gloria y Honor da T4, subcampión ese ano, e o brutal Partisano Clash da pasada T7 ostentaban a mellor marca, con 6 trunfos seguidos.
Canto leva sen perder fóra da casa o Partisano Clash?
Pregunta que chega directiña desde Caldback a Montreal, acompañada de ameazas de morte e acusacións de comunista, entre outras máis desagradables. Queridos camaradas de Caldback, comunista si, pero eu son do Torpedo. Así que amigos, OK? Pois nada menos que desde a X18 e derradeira da T5, cando os escoceses caeron fulminados por 1-0 en Sierra Maestra fronte aos Babudos (daquela Che Marx). Nin en Liga nin en Kopa voltaron nunca máis os de Caldback de baleiro. Na T6, 3 vitorias, 6 empates en liga e un trunfo 0-1 en Montreal no único encontro de Kopa desputado, en cuartos de final. Na T7, pleno total de vitorias na LPU (10!!) e un único empate (1-1) en Kopa, en oitavos e de novo en Sierra Maestra. Nesta T8 que remata, os escoceses deben facer aínda 4 viaxes máis. Pero, polo de agora, acumulan 5 trunfos fóra da casa e 3 empates en Liga e un empate (0-0 en Tron) e unha vitoria (1-4 en Sierra Maestra) en oitavos e cuartos da Kopa, respectivamente. Totalizan, xa que logo, a asombrosa cifra de 31 partidos e case tres tempadas completas sen caer fóra da casa, con 20 vitorias e 11 empates e unha cifra de saqueo superior aos 30 rublos.
Isto e todo polo momento. Agardamos colaboracións, felicitacións, agradecementos e mesmo novas preguntas. Sempre seu, o grande Czalic.
.
11 comentarios:
Ljumberg meteu 4 também contra o P. Clash na vitória dos pollos por 2 a 5 nesta T8.
la semifinal de la kopa del pollo entre gloria y asalta tambien se decidio en los penaltis para los del sir (4-2, creo) despues de acabar a unos el partido
a modo meramente ególatra, los del Asalta tenemos algún record, aparte claro está, del equipo con menos carisma de todos los tiempos
Gracias polas correccións. Claro que Asalta ten récords, como por exemplo o esencial: lidera o palmarés. Pero o que se pretende nesta sección é resaltar curiosidades estatísticas; dos apartados esenciais xa damos conta periodicamente. Así e todo, como digo, se hai algún apartado que estean particularmente interesados por coñecer, seguro que Czalic estará encantado de publicalo, se é quen de investigalo debidamente.
Hola Marco, son fan teu dende que teño internet telefónico e tamen de Fernán Gómez.
Para o meu almanaque gostaríame coñecer unha lista dos mais celebres xogadores que pasaran unha tempada enteira en plantilla sen xogar nin un minuto ou de non habelos, os que xogasen moi moi pouco, coma no caso de Manduca, que participou en 2, ou Simr a tempada pasada con outros 2, ou algunha outra celebridade maior.
Gustaríame tamen saber a nacionalidade predominante no histórico de cada clube. Pode ser que o Swazi fose Iugoslavo ou os Quebecos Rusos, quen sabe.
montrealinos, non quebecos. e o que ten coñecer duas cidades.
No OeP actual há 2 jogadores que ainda nem debutaram em jogo oficial, os carismáticos Bendtner e Janot. E já levam mais de 1 temporada completa...
Outra mais inmediata. Para cumprir o 20% que hai que convervar no banquiño contabilizan os valores das blindaxes ou descontanse?
ahi va mi propuesta estadistica para el señor czalic.
¿existe alguna posibilidad de hacer algun cuadro, tabla o lo que se asemeje en donde cada equipo pueda ver su trayectoria historica (victorias, empates y derrotas) en liga con el resto de los equipos? (ej. ya que me enfrento al shaktar, a modo de curiosidad que pudiera mirar esa tabla y saber cuantos partidos le gane empate o perdi de los 15 que ya hemos disputado en liga)
si esto no fuese pisible, bien por imposibilidades tecnicas o burocráticas, no sería mala idea recuperar aquella histórica estadística de duelos más desequilibrados de la historia así como de los más igualados, pudiendose hacer de forma global así commo individual.
en este ultimo caso,la individual, remarcando cual es el rival que mejor se te da, el que peor se te da y con cual existe un empate tecnico.
Si al final las estadisticas tipo TeUbeGa siempre triunfan... XDDD
Publicar un comentario