(Marko Czalic - Montreal)
A T8 ofrece agora mesmo unha bagaxe económica negativa de rublo e medio, se ben considerando que 18 rublos e medio non se baixarán a final de tempada e outros 4 e medio non serán subidos, o balanzo real, agora mesmo, sería de +12,5: un rublo por equipo, como media.
Berbatov lidera o Shevsébio con 16 (12 en 6 partidos da segunda volta); o segundo leva 15 (Vialli). Berbatov é tamén o goleador da tempada, con 20 tantos.
Stoichkov, o Dzajic con 10; o segundo leva 5 (Boniek, Deisler, Petrov). Stoichkov acumula 14 pases no total da tempada.
No Primitivo, Carragher toma a dianteira con 14; o segundo, 12 (Ramos, Ferdinand).
No AT, Stoichkov 26, Berbatov 24 e un feixe andan por 18-20 (Mutu, Carew, Vialli, Milito).
No Given, dura pugna entre até 5 candidatos, liderada por Yashin (0,95 encaixados por partido). Tamén optan Niemi, Fillol, Toldo e Zoff, con entre 1 e 1,12 recibidos por encontro.
E unha noticia de alcance mundial:
Rio Ferdinand supera a Kolo Toure no primitivo histórico. Toure é ao primitivismo o que Shevchenko aos goles. O ego puido con el. Sentiuse figura e esqueceu o valor do traballo en equipo converténdose nun feirante sen domicilio fixo que resulta máis un capricho excesivamente caro do que unha estrela de lei. A constancia non exenta de xenialidade de Ferdinand levou por fin ao cumio ao magnífico central inglés, con 44,5 puntos contra 43 do esgotado marfileño.
Outras cuestións
O Partisano Clash está xa en semifinais da Kopa, nas que se une a Ordem. O rival dos escoceses sairá do agardado Torpedo-Tuzaros, mentres o dos arraianos virá do enfrontamento entre o líder da LPU, Shakhtar, e a sorpresa da tempada, o Rif.
Na liga, o campión acadou a segunda posición por diferenza de goles e iguala as súas opcións coas do Asaltacunas na loita por derrubar ao imparable líder quebequense que, nun encontro difícil e emocionante en Tron prolongou a súa xeira a 8 trunfos consecutivos en liga grazas a que o poste repeleu o derradeiro remate de David Villa.
Publicación completa de estatísticas, mañá, se hai sorte.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario