luns, 1 de decembro de 2008

RESULTADOS DISPARES

Ramón - Sierra Maestra


Logo de ter xogados xa 10 partidos nesta primeira volta, e a piques de remataren a mesma, é bo momento pra facer un balanzo da actuación dos Babudos desque comezou a troula.

Sen dúbida, o mal dato de 6 derrotas non resulta moi alentador pra os seareiros do equipo, ainda que pra non faltar á verdade, é menester dicir que das 6 derrotas, 4 se produciron por soamente un gol e en partidos nos que o xogo do equipo foi realmente bo malia o mal resultado final.

A destacar as 2 victorias (perante oa Túzaros de Reikiavic e o Análisis), ambas moi traballadas e, ao igual que nas 4 derrotas antes mencionadas, tamén conseguidas pola mínima (0-1 aos de Vicky e 2-1 fronte aos analístas)

E importantísima tamén pra a moral do equipo a victoria fronte aos Fillos do RIF na Kopa do Pollo. Ese 1-0 foi, sen dúbida, o partido máis espectacular que xogaron os Babudos ate o de agora na presente tempada.

Logo dos 90 minutos, que remataron con 0-0 no marcador. Logo dunha boa primeira parte e de pasar apuros na segunda. Logo dunha primeira parte da prórroga que non mudou o resultado no electrónico. Ao comezo do segundo tempo da prórroga, cando todo parecía indicar que serían necesarios os penaltys, o Bican, dende o banco local, levou a cabo un troco. Deu entrada a unha das mais grandes e persoaxes deste clube. Un dos mais queridos pola afección. Chegou él. Chegou o definidor. Chegou a tanqueta reumática belga. LUIGI PIERONI.

Queceu os músculos durante a primeira parte da prórroga pola banda. Co seu andar pseudo gorileiro. Con ese brazos longos que ten.....coa sua forma de andar sempre coma se a cousa non fora con él.

Entrou. O rival sacou de centro. O equipo presionou a saida do balón. Sheva curtou. Tocou atrás, cara a Seedorf. Este avanzou coa bola, e cedeu en longo a Luigi. E Luigi fixo máxia. Controlou. Entrou na área. Driblou ao defensa. Orientouse. Xirou o corpo. Chutou. Marcou........a parroquia toda saltaba de ledicia. O estadio case cae cos berros....e logo tocou sofrir de novo ate o final fronte a un RIF moi ben plantado, que ese día perdeu un partido pero gañou un cliente :) jejejeje

7 comentarios:

jebeWalrus dixo...

Moi bo resumo, incrible a fazaña de Luigi Pieroni, que xa debería ter unha estrela no Salón da Fama da LPU, e tamén xenial foto do Sócrates.

MAG dixo...

Felicidades a los Babudos por su clasificación y a Pieroni por su actuación. Esperamos con ganas el enfrentamiento en Sierra Maestra.

Anónimo dixo...

Excelente. Apenas dou creto a tan fabulosa historia.

Parabéns tamén ao Rif pola súa consistencia ligueira e por conseguir un trunfo de calidade ante un dos favoritos. O Gloria está moi forte -o Asalta tamén- pero aínda hai liga. A ver se os da zona wefa conseguimos achegarnos un pouco antes da fin da 1ª volta para lle dar auténtica emoción a isto. Espabila, Torpe! Que parece que perdes á mantenta. O campión segue a pasar algo desapercibido entre as brumas clasificatorias pero podería ir moi arriba cunha boa xeira. De Pollo e Análisis pouco se pode dicir máis que que están tolos. O MAG aínda pode sumarse ao carro con tanto partido de atraso. Ben polos Babudos, se manteñen a traxectoria igual vémolos por fin medrar. Os Tuzaros non o poden facer peor, o que é para eles unha boa noticia. Ah, e o Ordem. Non me esquecín, só estiven considerando imitar ao Sir dada a xeografía da súa única vitoria. Como dixo o Presidente, para gañarlle a un só, non lle gañes a ningún. É o máis xusto.

Ánimo Vicky!

Bueno, vou poñer unhas cousiñas e volvo ao meu.

Anónimo dixo...

Momento similar ao de consecución deste grande gol por parte de Luigi Pieroni

http://es.youtube.com/watch?v=px91vF928b4

Anónimo dixo...

De frikis está o mundo cheo, pero a pesares diso, a todo hai quen gañe, eh?

Ollade a apresentación preparada por un fan de Luigi e colgada no youtube, mesmo aparecen corazonciños

Anónimo dixo...

http://es.youtube.com/watch?v=X4L4Tm08fKg


Vale, vale, non pegara o link. Agora si. Desculpade

Anónimo dixo...

PROTESTOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

A FICHA DE LUIGI É UNHA FALACIA.....AS ESTATÍSTICAS SON DE MENTIRA.........SON BURDAS MENTIRAS.....E TEÑO PROBAS.......OLLADE, OLLADE O SEGUINTE VIDEO E XA VEREDES COMO LUIGI TEN MAIS POTENCIA DE DISPARO, MAIS REMATE DE CABEZA, MAIS RESPOSTA...MAIS DE TODO, E NON ESA MERDA DE 70 E TRUÑOS VARIOS QUE LLE PUXERON

http://es.youtube.com/watch?v=0sAZe9rsZtM

LUIIIIIIIIIIIGIIIIIIII
LUIIIIIIIIGIIIIIIIII
LUIIIIIIIIIIGIIIIIIII