xoves, 21 de febreiro de 2008

Shevchenko: "Voume"

(Marko Czalic - Montreal)
Todo idilio ten a súa fin. Andriy Mikoláiovich Shevchenko, máximo goleador histórico da WIFA con 68 tantos, máximo goleador da T1, T2, T3, K1, K2, K3, premio Shevsebio -compartido con Eusebio- da LPU1, premio Atacante Total -compartido con Jan Koller- da T2, líder histórico do AT con 80 puntos, actualmente segundo clasificado do Shevsebio da LPU4, campión da LPU3, da K2, da K3, autor de 4 goles en finais de Kopa e xogador máis laureado da historia da WIFA -así se presenta cando lle preguntan o nome- anunciou en exclusiva para Marko Czalic este serán o que era xa un falso segredo: deixará o Shakhtar tan pronto como sexa posible. O entrañable dianteiro ucraíno confirma na seguinte -e breve, dado o emotivo da situación- entrevista esta información, ademais da súa timidez e sinxeleza de carácter.
MC: Que tal, Andriy?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Farto.
MC: É certo logo?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Si.
MC: Por que?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Pois verá. O último foi o do OIL.
MC: Si, resulta curioso o axiña que esquece a xente?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Esquecer? Como carallo van esquecer se non paro de chuzar...! Foi á mantenta. Agora que a culpa é do clube, é dicir, dos outros xogadores do Shakhtar. Non incidiron o suficiente durante o período de votacións no feito de que son o mellor. Foi unha vergoña, unha vergoña para a WIFA, para o Shakhtar, para Canadá e para o conxunto dos seres vivos. E logo dicían os xudeus... que proben a ser eu.
MC: Pero o Shevsebio, o AT do ano, foi Jan Koller...
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Conque Jan Koller. Jan Koller o xogador de hockey, Jan Koller o recollepelotas, Jan Koller o armario sen cerebro, Jan "Porta Baleira Tras Xogada de Andriy" Koller. Reparou vostede nos seus goles??? Non, claro. Os rexeitamentos só contan como algo indigno as 2 ou 3 veces que eu pesco un ao longo da tempada. Cando o fai Koller, todo é moi gracioso. A min móntanme a AVS. A el dinlle "OOOOHHH!!, moi ben, Janciño". Manda carallo. E sabe como lle suman as asistencias? Cando me da o balón, apúntanlle unha.
MC: Pero vai marchar así, sen máis?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Pois non, claro. Agora terei que esperar a que veña algún ç+`+´ññ+""@@ (irreproducible) cunha oferta. A asemblea decidiu que era probable que se desfixesen de min por 9 rublos. Xa sei que é unha ganga, pero o mercado está mal e nós queremos liquidar isto. (E engade sardonicamente) Claro que como non estou no OIL igual e pedir moito, non cre?
MC: Non contemplan un intercambio?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Si, esa é a mellor opción. Se ofrecen algún dianteiro interesante, capaz de suplirme e compatible con Koller (un deus futbolista que faga todo o traballo) abaratarían o conxunto da operación. Pero vai estar jodido. Claro que tamén lle digo que a estes lles vale calquera cousa.
MC: Que pensa facer co seu pinball xigante?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Levalo comigo ou abrir un centro comercial.
MC: Algún destino preferido?
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: Mentres estea aquí prefiro non dicir nada por respeto aos siareiros. G&H e Pollo serían opcións factibles de prestárense a intercambio. Máis non descarto ningún equipo. Calquera cousa antes que isto.
MC: Gracias, Andriy! Até pronto!
AMSMGHW68MGT1-3K1-3SE1AT2ATH80CLPU3K2K3: De nada. Até nunca, espero.

49 comentarios:

Anónimo dixo...

Vende-lho ao Torpedo que creio que anda ansiosso por fichar.
Ademais daria-lhe muito carisma já que é do Leste e mais é diantiero.
Que conho passa hoje, andades sem drogas ou?

Anónimo dixo...

Me temo que no podrá ser. El G&H no tiene rublos. Somos pobres, ya sabe. Se nos ha ido todo en sobornos a los vampiros de la WIFA para cambiar el reglamento. Estaríamos dispuestos, eso sí, a un intercambio por Carew si además nos dan rublos.

Anónimo dixo...

Hemos llegado al récord de votaciones en la encuesta. Bien por los gremlims!

Anónimo dixo...

por canto o vendes? Só por curiosidade

Anónimo dixo...

nada, xa o vin. 9 rublos. Aínda é. Digo eu Interesache Kanouté ou algún outro?

Anónimo dixo...

'E sabe como lle suman as asistencias? Cando me da o balón, apúntanlle unha' .


hehehehehe esto é moi bo e moi certo.

Anónimo dixo...

Hum...Sheva? Libre? O intercambiable?...hum........seica podemos falar nalgún momento deste tema.......

Anónimo dixo...

mr guevara, semella que getxo se fai de rogar

Anónimo dixo...

A verdade e que eu penso que esto non é mais que un "globo sonda" coma ese que lanza o governo ás veces para ver si a xente acepta ou non determinadas cousas non moi populares.
Pero en fín......hai que estar atentos por se xorde a oportunidade de poder fichar a un xogador coma Shevchenko, evidentemente, senón non estariamos facendo ben o noso traballo, non? jejeje.

Pero vamos, que non me creo nada ate que non o vexa.

Anónimo dixo...

o que non entendo é que no caso de que todo isto fora certo quen vai xogar en vez de Shevchenko no Shakhtar.

Anónimo dixo...

E sobre todo por que o vende? Que pasa, non lle cunde!?

Anónimo dixo...

Sí que le cunde, pero es un sobrao que se cree especial. Supongo que ahora su reto será ganarnos con un delantero de la 2ª división belga. Ponga a quien ponga, le voy a dar tal cantidad de patadas que lo van a tener que usar para recaudar fondos dando pena en cenas benéficas.

Anónimo dixo...

A ver, por partes. A min non me vende nin dios. Son eu o que quere marchar. E marcho porque estou até os juevos deles, do clube, da súa filosofía e da súa Kollerfilia. E porque eles están até os juevos tamén de min. Vale, se queren ir a 2ª, por min ben. Cando marche vanlles ter que facer unha división especial para discapacitados. O prezo acordado xa o puxen, 9 rublos. Pero un xogador que participara no intercambio abarataría a operación. Nin ten por que ser dianteiro, pero ten que ser bo, claro. É probable que por un xogador de 6 que convenza + 1-2 rublos dependendo do caso haxa trato. Ou mesmo un de 3-4 que cunda apoiado en 4-3 rublos. Kanoute en concreto non vale, se é un dianteiro, parece ser que esixen velocidade. Parece que pensan que todo o que eu facía era correr, estes merdáns.

Anónimo dixo...

Non se preocupe, Sir. A soberbia non está entre os nosos pecados preferidos, sendo certo que agás Quidi e Ronaldinho todos os cometemos con asiduidade. Teño 21 xogadores no plantel, polo que recorrer á 2ª belga sería quizais algo precipitado. Veremos que se nos ofrece e decidiremos en base a iso.

Anónimo dixo...

Sen querer coartar a liberdade de ninguén, nos intercambios priorizaría dianteiros ou segundos dianteiros veloces, extraordinarios CCDs (terían que mellorar claramente a Gilberto Silva) ou mediapuntas moi bos. Que sexan clásicos ou non é secundario; poderiámolo apañar.

Anónimo dixo...

Mitea é segundo dianteiro e moi veloz

Anónimo dixo...

Que boa idea! Mitea e 9 rublos viríannos moi ben.

Anónimo dixo...

E que opinam os siareiros do Sakhtar?
Vam fazer umha manifestaçom polas ruas de Montreal para pedir que fique?

Anónimo dixo...

A estes anarquistas non hai quen os entenda, piden un SD dianteiro veloz, ofrécesllo e aínda por riba 'protestan'.

Anónimo dixo...

Non protestamos, foi un malentendiodo. Pensamos que Mitea viña de regalo. Era o máis lóxico.

Respecto dos siareiros, eles están co equipo e a súa idea. O pobo de Montreal xa amosara a súa disconformidade co carácter de Andriy máis dunha vez. Non vou negar a utilidade dos seus goles, pero o seu compromiso co equipo e coa idea é nulo. Seguirá xogando mentres siga aquí, malia todo. Non é malo no seu traballo.

Por certo, para "pregúntalle a Marko", quen é o xogador con máis títulos?

Anónimo dixo...

Je. Boa pregunta, Vladimir. Que é, por putear a Andriy? Pois a iso préstome encantado. Aínda que teño moitas dúbidas ao respecto. Que eu saiba, o xogador con máis títulos é Rafael van der Vaart, con 4. Gañou as 3 Kopas e a última LPU.

E o xogador con máis LPUs... creo que é William Sagnol. Pero, como che digo, é difícil dar unha resposta segura.

Anónimo dixo...

Tendo en conta a calidade do noso ariete Ivan Vladic, descartamos a fichaxe de Shevchenko. A fin de contas, para telo no banco mellor que non veña.

Anónimo dixo...

Tengo que mirar los rublos que tengo. Creo que ganando un par de partidos más me podría llegar para pagar esa cantidad.

Me meto en la puja.

Anónimo dixo...

Yo tambien podría meter a Odonkor en el lote.

Anónimo dixo...

Pois tocoume esta semana de representante "comercial" do Shakhtar. Isto non é bo para ninguén, pero resulta que non había voluntarios e era o meu turno. En fin, como a cousa parece un chisco enleada até o punto de que semella que certos clubes poderían mesmo estar pensando que Shevchenko vai ficar; e como resulta tamén que a bancada o outro día ovacionou ao rapaz tras salvarnos o cu no derbi dos campións, vou tentar estabelecer unhas condicións concretas para cada interesado, se é que os hai, co obxectivo de acelerar o proceso. Se o traspaso non se realiza antes do ecuador LPU4, o xogador sairá momentaneamente da listaxe de transferibles.

ASALTACUNAS: En fin. Desfacérmonos de Andriy é unha prioridade pero, tanto? Se o Asaltacunas entra na poxa deberá poñer antes do mini-draft un xogador (válenos calquera)
e unha cantidade de rublos que, engadida, chegue a 10. Pero claro, se algún outro equipo fai oferta, levará vantaxe sobre este clube.

OEP: Dada a situación clasificatoria deste equipo o caso é cuase análogo ao anterior. Mesmas condicións, pero 9 rublos e prioridade para estes.

POLLO: Aquí hai múltiplas opcións. Podería ser Shevchenko por Rooney ou Shevchenko por C. Ronaldo ou Shevchenko e Koller (polo visto, Jan estaría encantado de marchar con Andriy) por Rooney e Zlatan. Ou outras opcións que se deixan á creatividade do presidente.

P. CLASH: Shevchenko por Kaka.

G&H: Shevchenko e Baresi (prestouse voluntariamente para este tipo de operacións) por Eusebio e Stam.
Tamén Shevchenko por Vieira.

SWAZI: Shevchenko por Essien.

CHE MARX: Shevchenko e Baresi por Batistuta e Nesta (proponse o formato troco duplo porque ningún dos dous temos os cartos para pagar a incorporación de 5º clásico).

TORPEDO: o Torpedo xa amosou a súa falta de interese, así que non hai proposta concreta. Pareceunos, porén, acertado abrir este apartado para facer constar a desagradable sorpresa que nos supuxo (polo que ten de impropio dos criterios usuais dos representantes do Torpedo até a data) observar como comparecían na xuntanza con regras, calibres, básculas, espátulas, alcoholímetros, barómetros e outros tipos de instrumentos de medición. Despois de medir coidadosamente a Andriy con eles decidiron que "tampouco era para tanto". Non esperabamos semellante grao de stalinismo por parte do Torpedo, máxime considerando que se lles estaba a ofrecer un dianteiro centro, do leste e, ademais Shevchenko. Shevchenko non é unha suma de nºs, cabaleiros. Shevchenko é Shevchenko, para ben e para mal. Propoño á WIFA que reste ao Torpedo 5 de carisma.

Anónimo dixo...

Comprendo o seu enfado polo menospreço mas:
Que o Torpedo por non atope dianteiro, mesmo quando o tem diante (ou as vezes mesmo dentro do plantel) deveria-lhe dar carisma.
E restar-lhe carisma ao Torpedo por ser Stalinista, pois outro tanto do mesmo.

Anónimo dixo...

como Porta-voz da Assembleia do OeP e depois dumha nova lea entre o tandem técnico estou autorizado a ler o seguinte comunicado:
Shevchenko é possivelmente o mais grande jogador da história da WIFA mas Zoff insiste em fichar um Central.
Temos rublos e alguns jogadores transferíveis e devido à radical transformaçom dos resultados após a chegada do treinador azzurro, estamos dispostos a dar-lhe o capricho.
Se há algum clube que queira por-lhe preço a um central estamos dispostos a negociar (olho, tem que sentar no banco a Materazzi!).
Neste sentido devido a dificuldade de que se nos ofereça outra vez a Maldini ou alguem similar e coincidindo co iminente draft invernal, os técnicos do OeP já estam em conversas com um par de jogadores.

Anónimo dixo...

Pois non comprendeu vostede. O enfado non é polo menosprezo. Se acaso, por parte de Shevchenko. Nós, precisamente, tentamos desfacernos del. Nen sequera hai tal enfado. O problema é, por unha banda, que por moito que venda unha ideoloxía, o comportamento real do Torpedo de cara a fichar dianteiros nunca se distinguiu por medir demasiado, se non máis ben polo feito de coller-desbotar sen solución de continuidade. Klasnic, Klose, Kanoute, Pele, Puskas, Jarni?, Toni, Caracciolo?, Makaay e outros tantos, ou máis, que esquezo. E, de súpeto, varía por completo de filosofía. Empreguei o termo 'stalinismo' con inxustificada amplitude, mais sendo consciente diso. O trato dado a Shevchenko ten máis que ver coa euxenesia. Pero cunha euxenesia absurda. O Torpedo colle calquera dianteiro centro. Calquera. E, desde logo, sen mirarlle tanto aos dentes. E non é que os colla malos, cólleos bos e malos. E logo, independentemente de que cundan ou non, desfaise deles e busca outros. Ese conxunto de operacións dalle carisma. Neste caso mudou radicalmente cada un dos pasos. O que vostede propón sería como darlle carisma a Asaltacunas por pasar con Gullit, xa que está relacionado con non pasar con Gullit que é parte do seu carisma.

Anónimo dixo...

Lamentablemente, nestes momentos non temos centrais que ofrecer.

Anónimo dixo...

Tem voce razom e talvez o que acontece é que Sevchenko encaixa à perfecçom co objectivo da sua procura, e se o ficha, esta remataria, ficando assim o torpedo desorientado e confuso para sempre.

Anónimo dixo...

Obrigado pola resposta tam pronta.

Anónimo dixo...

Mitea, o cazatalentos do clube, afirma:

'Tras un par de centros de Dzajic puidemos comprobar que o individuo en cuestión é un anano que non sabe rematar de cabeza, non coma Puskás por poñer un exemplo.

Por unha cantidade menor podería interesar pero por 9 rublos "ni-de-coña".'

Anónimo dixo...

Devolve-me a Maldini!

Anónimo dixo...

Si, por 5 kopecs é un xogador "interesante".

Anónimo dixo...

non por 5 kopecs, mais si por 5-6 rublos por exemplo.

Anónimo dixo...

De calquera xeito, non creo que teña que xustificarme por non querer fichar a Shevchenko por 9 rublos. A quen lle pareza ben, pois ben e se non, xa saben.

Anónimo dixo...

Shh! (Del Horno está durmindo aínda. Claro que non te tes que xustificar. Penso que te estaba vacilando, pero non me fagas moito caso que eu son negro).

Anónimo dixo...

Pois segundo parece eu gañei máis LPUs que ninguén. Nada, era por se non o sabiades. É un feito. Eu, William Sagnol e non outros xogadores que non son eu. JAJAJA
VIVA SAGNOL!!

Anónimo dixo...

Logo de ver a proposta de duplo intercambio feita por del horno, desde o Che Marx Ltd. simplesmente indicar que estamos dispostos a facer dito intercambio sempre que os catro xogadores pasen as probas físicas correspondentes.
A tal efecto, comentarlle aos representantes do Shakhtar de Montreal que nesta semana procederase a realizar uma proba a Shevchenko e Baresi da que recibirán cumprida información.
Pola sua banda, sempre poden proceder a realizar as probas que consideren necesarias a Batistuta e Nesta para ver se realmente poden ser integrados dentro do intercambio.

Saudos

Anónimo dixo...

Oaaaahh...! Bo día. Home, vendelo por 5 rublos sería ridículo quedando como queda un partido para o draft, non é? Mesmo por 6 sería ridículo tamén. Evidentemente, un xogador de 6 e rendemento tan alto vale máis de 6 (eu que sei, se un está disposto a pagar 6 por outros xogadores de 6, quero dicir). Pero bueno, cada un é moi seu e eu aí non me meto. Simplemente tentaba contrarrestar o efecto pretendidamente devaluativo do seu comentario "por 9 rublos ni-de-coña" cando o xogador xa non lle estaba sendo ofrecido.

Anónimo dixo...

Ah, señor Bican. É un pracer tratar con profesionais de TANTA experiencia. Procedamos logo coas probas.

Anónimo dixo...

e a mim ninguem me oferece um central?
eu também quero ser popular!

Anónimo dixo...

Por certo, si pensa levar a cabo as probas, tal vez poderiamos relizalas conxuntamente (amos, que si vais a burlar aviseis, que el otro día me quedé con las ganas de jugar un poco más, jejejejeje)

Anónimo dixo...

Las condiciones no son aceptables.

¿Y después decíais que el Shakthar-Asaltacunas no sería un buen derbi? Una vez más ha quedado demostrada el odio que el equipo canadiense siente hacia este nuestro club, intentando timarnos exigiéndonos un precio más alto que a cualquier otro equipo.

Aunque bien mirado, entiendo la postura del Shaktar, evidentemente no trataran de potenciar a un rival que en esta T4 les está pasando por encima.

También como rival generoso, recordar que Sheva ha sido el que con su hat trick evitó la derrota de su equipo ante el Asalta (Buffon todavía tiene pesadillas con el)

Anónimo dixo...

Mientras no vea dentro que diez dias el traspaso hecho, no me lo creeré.
Koller y Sheva fuera?
Más se perdió en Cuba

Anónimo dixo...

Pode-lo crer, meu, é certo.
Para fomentar a harmonia vou recuperar umha das perlas do Sir:

"Sí que le cunde (Shevchenko), pero es un sobrao que se cree especial. Supongo que ahora su reto será ganarnos con un delantero de la 2ª división belga. Ponga a quien ponga, le voy a dar tal cantidad de patadas que lo van a tener que usar para recaudar fondos dando pena en cenas benéficas."

Assim que já sabe o que tem que fazer o duque.

Anónimo dixo...

Este é un mensaje para el camarada Duque.
Simplemente desil-le que en Cuba no se ha peldido nada papito.
Que glasias a todos los pedófilos que seguís viniendo a ehta nuehtra isla siempre tendremos un buen pedaso de calne que llevalnos a la boca mi amol.

Anónimo dixo...

Ya veo que el traspaso se ha hecho oficial, con lo cual no me queda otra que creermelo.
Felicidades por hacer el mayor traspaso en la historia de la LPU. Lo de Gasol a los Lakers se queda en ná con lo vuestro.

Aunque eso implique volver tener que jugar contra Sheva otra vez el partido que me queda de la primera vuelta. Joder que pesao el ucraniano.

Voy a tener que comprar otra vez las pastillas para Buffon

Anónimo dixo...

Jeje. Ostrás, diso non me dera conta. Bueno, por outra banda eludiche a Batistuta. Todo ten vantaxes.

Si, o traspaso é grande, pero xa ves, sen rublos de por medio. Troco puro e duro.