mércores, 27 de febreiro de 2008

Koller ó Torpedo!

(Redacción)

Segundo nos informa o inefable Bocazas, adiantándose unha vez máis ó Marko Czalic, xa é definitivo, Koller fichará polo Torpedo Zagreb, tendo que marchar o gran dianteiro africano Kanouté. Este xogador declarou hoxe á mañá: "É unha magoa, mais cando viñen aquí xa mo advertiran: Os dianteiros neste equipo nunca duran moito. De calquera xeito, voume satisfeito co meu traballo."

Pola sua banda, Koller, o xigante checo, afirma: "É unha honra para min fichar polo Torpedo", "Cando me decatei de que non lle caio ben a Shevchenko púxenme de moi mal rollo e preferín abandoar Montreal","Non, non sei por qué, pregunteillo e o que fixo é poñerse a rosmar". Á pregunta de que se pensa durar moito, dixo que "Si, penso que o equipo xa rematou a sua busca, vou ficar ata que me retire".

Non faltaron, por suposto, as declaracións de Mitea ó respecto da fichaxe: "Agora si que imos tundar".

20 comentarios:

Anónimo dixo...

Espero que los del Torpedo dejen así de llorar sobre lo grandes que son los jugadores rivales.

Pobre Koller, otra víctima más de la política de fichajes del Torpedo. Por cierto, muy bien eso de deshacerse del único delantero que le cunde en mucho tiempo para fichar a otro que a saber.

Anónimo dixo...

Por certo, se o Swazi non aproveita para fichalo, el verá...Negro, africano e moi bó. Eso si, antes de nada hai que modificarlle a ficha, que ninguén se esqueza.

Anónimo dixo...

agora si que ides tundar

Anónimo dixo...

O de Kanouté é unha mágoa, pero tiña que desfacerme dun xogador, e se ficho un dianteiro, tereime que desfacer doutro. O canteirán non conta, xa que non vale os rublos que me pedían.

De calquera xeito, no futuro, se está libre, non descarto volve-lo repescar coma dianteiro suplente.

Anónimo dixo...

Sí, me suena a cuando Baldrik decía lo de "Teño un plan arteiro, milord".

Anónimo dixo...

Koller ao Torpedo? Eso está confirmado?
Hummm...e cal será o plan maestro do Shakthar...desfacéndose, como todo parece indicar, dos seus dous dianteiros titulares.....hum....como dicia o outro....MIEDO, TENGO MIEDO.....

Anónimo dixo...

¿Al final se van a cambiar fichas?
Lo pregunto porque si es así, hay una que hay que cambiar también, el de un tal Cesc Fabragas, más que nada porque es un jugador tan fichable como Kanoute (entre otros por mi) y su ficha sólo hay que verla para darse cuenta de que es una mentira como un templo.

Anónimo dixo...

A Policía política vela por todos nós. Seguindo as directrices do Partido,a ficha de Cesc xa foi modificada hai un par de semanas.

Anónimo dixo...

Pódense trocar as dos xogadores que NON estean en ningún equipo e en xeral esteamos dacordo en que o xogador real non aparece ben reflexado.

Por certo á de Baptista tamén haille que botar un ollo.

Anónimo dixo...

Si, o que trama o Shakthar da bastante medo.

Anónimo dixo...

Hoy se jugó el Partisano-Che con un resultado final de 2-1. El Che comenzó ganando pero no pudo aguantar el resultado.

Anónimo dixo...

Teremos que pensar algo para estar á altura da expectativa creada. Aquí tes un cristo no vestiario e todo o mundo empeza a pensar mal. Se pensaramos mal cada vez que o Torpedo toma unha decisión absurda respecto da súa dianteira, teriámolo que botar da liga.

Anónimo dixo...

Parece que hai dúbidas sobre a lexitimidade do traspaso de Koller por Kanoute. En particular referidas á cantidade aportada polo propio Koller para o traspaso: 1 rublo que puxo do seu propio peto para voltar a un clube con clara vocación por xogadores do leste europeo. Agradeceríase un pronunciamento da asemblea da WIFA en prol ou en contra desta práctica, amparada en principio no epígrafe sobre o Torpedo no Proxecto Inxustiza que lle permite abaratar o pago de xogadores do leste. Agradeceríase tamén un pronunciamento rápido ao respecto polo ben da planificación de ambos clubes.

Tamén se fai constar que o primeiro modificador do Ordem no devandito proxecto foi substituido por un +1 cando incorpore xogadores de 2 rublos ou menos.

Respecto da inversión de rublos en canteiráns, aparte do acordado até a data, valídanse os rublos conquistados ou perdidos nas Kopas Kopec (irían, por tanto, á caixa A). Tocante a unha reclamación presentada por Sir Nigel en relación ao "blanqueo" de cartos da caixa B mediante o sistema: merco con eles un xogador e cando me desfago del no draft estes pasan á caixa A, atendeuse a lexitimidade da reclamación. Neste sentido, a proposta da secretaría é a seguinte: como actualmente a fichaxe dun xogador por case calquera equipo faríase a prezo duplo e como o máximo razonable de rublos de caixa B que se poden gañar nunha tempada é de 5-6 (e poucos equipos poden chegar tan lonxe por moita sorte que teñan); considerando tamén que as incorporacións de xogadores non se fan só con caixa B, nin sequera na maioría dos casos, a proposta da secretaría é, pois: que cando un se desfaga dun xogador por rublos, a metade vaian á caixa A, quedando limpos e utilizables, e a outra metade á B, quedando sen posibilidade de ser invertidos no canteirán. Deste xeito permítese aos equipos negociar en prol da súa canteira anulando o efecto blanqueo, a xuizo deste humilde secretario. Gracias.

Unha última cuestión é a referida ao Proxecto Inxusiza en si. Hai 2 opcións: comezar a contalo desde este instante ou facer unha análise retrospectiva da tempada, naqueles puntos comprobables, e de cousas que lembremos sen marxe de dúbida nos outros. En principio non parecería demasiada incorrecta ningunha, dada a natureza do proxecto en si. Este secretario inclínse pola segunda se ten que optar, pero queda á disposición de vostedes. As novas follas de tempada, que inclúen a contabilidade de carisma, están xa listas para substituir ás actuais.
Gracias.

Anónimo dixo...

Ala, já há polémica, e outra assembleia para votar cousas.

Anónimo dixo...

Non, para nada. Eu con 2 ou 3 que respaldedes isto, douno por bo. Son cuestiones menores. Con respostas como a súa, sr. Hándicap, eludindo o pronunciamento, si é probable que nos vexamos forzados á tal asemblea.

Anónimo dixo...

Non vos molestedes: SI A TODO.

O consello imperial de hoxe:
"Problemas de comunicación? Usa Firefox".

Anónimo dixo...

Home, o 'si a todo' está mui bem, mas que significa isso no caso de haver duas opçons como é o caso?
Em princípio valem-me as duas, mas como me pides que tome posiçom, pois opto pola segunda; contar todo aquelo que se poida contar desde principío de temporada e ter em conta todo aquelo do que nos lembremos, etc...
Enquanto ao de branquear rublos desde o momento em que temos umha caixa B nom há maior problema em dividir os rublos obtidos polos jogadores que se botam ao rio nos drafts tal e como dizes.
Enquanto ao novo critério de carisma para o Ordem é um motivo mais para continuar coa nossa filosofia de sempre (agás no draft de começo da T3 no que toleamos, nunca antes fôramos ricos).
Para celebra-lo, e dado que o mercado nom nos oferece nada que nos faga perder a cabeça, imos confirmar a chegada do carismático finlandês do Liverpool Hyypiä para manhá no draft.

Anónimo dixo...

O do carisma eu comezaría a empregalo a partires de XA, pero sin revisionismo histórico.

O dos rublos dos traspasos metade A, metade B paréceme ben

Anónimo dixo...

a mim valem-me as duas opçons, o do revisionismo tem os seus problemas, a verdade.
Era por nom lhe levar a contraria ao Secretário da WIFA e mais por que che ganhei o clássico...he he
Grande a Formiga Miccoli.

Anónimo dixo...

Dacordo. Quizais é máis sisudo empezar o do carisma desde agora. Propoño imprimir as follas novas e empezar a facelo nelas, que xa comprenden iso.