Camilo Cienfuegos (Sierra Maestra)
A chegada de Sheva e Baresi ao Che Marx ve de supor unha grande nova para todos os seus seguidores.
Sen dúbida, a presenza dun dos mellores atacantes de toda a historia da LPU non deixa indiferentes aos babudos, que desexan que a sua nova fichaxe siga a acadar unhas cifras estremecedoras de goles ao final da tempada.
Sheva ven de declarar, en rolda de prensa tralo entrenamento desta mañá, que se sinte moi honrado de pertencer a este equipo. Que tanto él coma todos os seus compañeiros van facer o maior dos esforzos por acadar unha mellora no rendemento do equipo ao final da tempada.
"Sabemos que a cousa está complicada" dixo, "Sabemos que estamos últimos no taboleiro e que levamos 0 puntos, mais podolles asegurar que faremos todo o que estea na nosa mán para virar este rumbo erratico e cambiar a situación no casilleiro de puntos".
Pola sua banda, a outra incorporación, Franco baresi, dixo que estaba "moi contento deste traspaso", que sen dúbida "viña de facer unha das mellores cousas da sua vida profesional. As instalacións do equipo son xeniais. Todo o mundo está sendo moi amable e penso que tanto Andrey coma mín nos adaptaremos fácilmente ao esquema táctico que o mister decida adoptar".
Non queremos despedir esta crónica sen deixar de dar as grazas aos xogadores que marcharon do Che Marx. Sén dúbida que Batistuta e Nesta han de colleitar moitos trunfos co seu novo equipo o Shakhtar de Montreal. Para eles, moita sorte na sua nova andanza futbolística.
Sigue los principales acontecimientos deportivos en directo. MSN Motor
3 comentarios:
Tes moita máis clase ca min.
bueno, vanse aclarando as cousas
pero ainda lle falta o outro dianteiro
Publicar un comentario