(Marko Czalic - Montreal)
Sentida homenaxe de afición e compañeiros no ateigado Stade Durruti para despedir a 3 dos xogadores máis emblemáticos do clube, senón mesmamente os 3 máis emblemáticos. Andriy Shevchenko e Franco Baresi marchan para axudar ao despertador da Besta. Jan Koller estará máis preto da súa casa. É o bastante grande para cubrir o eterno oco do glorioso Torpedo. O Shakhtar queda orfo dos seus estandartes e da súa máxica e poderosa dianteira. Nunha noite emotiva, houbo ovacións para todos e mesmo Andriy foi despedido con enormes louvanzas deixando como recordo un último hat-trick salvador ante Asaltacunas. O coro da asociaciíon Nenos de Montreal dedicoulle uns cantos de corte épico. Koller non puido evitar as bágoas despois de fundirse nunha aperta con Shevchenko, quizais algo teatral, no centro do campo. Baresi foi aclamado como heroe por prestarse a contribuir á marcha de Andriy polo ben da convivencia do vestiario. Nesta, Kanoute e Batistuta, impresionados pola grandilocuencia de clube e bancada e polas magníficas postais que ambos producen, quedaron polo de agora nun discreto segundo plano, aínda que o público non se esqueceu deles: escoitouse a palabra "Ñordo" sen que puidese darse coa dirección exacta de tal louvanza e outros berros relacionados co alto listón que estes rapaces deben superar. Unha histórica noite de lembranzas que concluiu cun vídeo de 17 horas que recollía todos os goles do Bidente Destrutor (107).
5 comentarios:
que formoso! nif, nif...
P.S.: Lúcio sufriu un pequeno coma etílico do que evoluciona favorablemente, como é habitual. Para Bocazas: a ver se ao final van invalidar o tránsfer de Koller, listo. Cagüen...
Segundo puido saber este cronista en referenza aos planos do Shakhtar, o único case seguro é que preparan un retorno. Non é moita noticia, tratándose do Shakhtar. Pero é máis que nada. Toma, Bocazas!
Cómo convertir la especulación en teatro. Si jugador se va del G&H no montamos este cristo. Cuando acaba los entrenamientos se le dice que salga por la puerta de servicio y ya está.
Se todos facemos as cousas ao seu estilo, Sir, deixa vostede de ter estilo. E sería unha mágoa. Non hai tantos grandes homes por metro cadrado.
Ah! E, para quen o entenda, me cago en "(opcional)"!
O pollo nom esta dando a altura pollil. Em 5 partidos 14 goles, 6 a favor e 8 em contra. Que raro em ele!
Publicar un comentario