domingo, 18 de xaneiro de 2009

Torpedeando: Misterio en Zagreb

(Redacción)

As augas baixaban revoltas este verán en Zagreb, ante a posible marcha do adestrador no noso clube, Boniek 'O Roxo'. Finalmente así foi, decidiu unilateralmente deixar o banco dos comunistas ortodoxos e, coma el mesmo dixo, 'adicarme a loitar polo pobo só dentro dos terreos de xogo, correndo e fozando'. Un posto nada doado de ocupar, ó que ben cedo se lle atopou un candidato, o mago Favalli, que era daquela o segundo adestrador. Favalli prometeu novas fichaxes, novas tácticas e gañar un título.

Mais xusto antes do comezo da liga, O Sr. Favalli desapareceu. Segundo nos relataba Kalazde: 'Estabamos non vestiario. Falabamos das tácticas que iamos empregar este ano. O míster dixo 'Entón agora empregaremos está táctica, ti vaste colocar aí, ti nestoutra banda, tí máis adiante... Perfecto, agora vouvos explicar o que hai que facer para gañar tódolos encontros'. E de súpeto a habitación encheuse de fume e desapareceu!!. Comezamos a buscalo, e nada, logo chamamos ó exercito do pobo, que comezou a rastrexa-la zona...'
E efectivamente, o exército segue á sua procura facendo batidas en toda a cidade e nas leiras derredor dela. Mais nada, nin pistas, nin cadáver, absolutamente nada.


Única imaxe que temos de Favalli: É o de dentro do sombreiro, non o das luvas brancas.


Con estas trazas e sen técnico, comezaron as discusións no plantel sobre como debían xogar. Ó final optaron por conserva-la táctica que deixara o Sr. Favalli, mais sen saber moi ben como había que facer para gañar. O resultado: unha vitoria e dúas derrotas. Agora mesmo está reunido o Comité Para Buscar Adestrador (C.P.B.A.), mais non temos, nestes intres ningunha novidade que anunciar.

Bocazas, que ultimamente andaba ser dar un pao, confesaba non ter nin idea, e de moi malos modos dicía 'Preguntádelle ó Czalic ese, eu que saberei!'.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Si, iso. Máis chollo para Marko, total...

Para anunciar que é de día todos andamos moi espelidos. Pero cando hai que averiguar algo serio, entón si, entón lembrámonos dos mestres, non é? Pois nada, nada. Resolvede vós mesmos o embrollo, que eu teño frío.

Anónimo dixo...

joer pero isto non era futbol derrepente parece quien sabe donde.a iso si poraqui non o vin se che vale de algo veña que por aqui se andas moito pola calle che caen as orellas meno mal que estou o quente