(Marko Czalic - Montreal)
E con toda a cerimonia, xa saben: intoxicacións etílicas, caos nas rúas e xente pegañenta de suor que tenta facerte partícipe da súa ledicia. Como pode suar esta xente a -6ºC? O caso é que o Shakhtar de Montreal, nunha meteórica e inprognosticable segunda volta conseguiu o seu terceiro título da LPU ao vencer por 1-2 en Buenos Aires a Asaltacunas FC. Adrian Mutu pechou cunha falta directa a consecución do campionato, un camiño que el mesmo abrira -e polo mesmo procedemento- ante o MAG, na xornada 1. Ademais, os rusistas acadaron o título que os leva ao máis alto do palmarés no medio dunha xornada de violencia rública. A xeito de homenaxe aos gañadores, ninguén foi quen de vencer na casa en liga e só o Clash -precisamente o Clash, saqueador profesional- o fixo na Kopa, na que eliminou na resemifinal aos Tuzaros, finalmente colistas tras evitar esa posición o Pollo, que venceu ao Gloria. Os do Sir, pola súa banda, bateron nada menos que a Clash e Asalta e de momento son segundos. O máis probable é que non baixen da terceira praza.
A tempada fica pois próxima ao seu fin. A resolución da Kopa -que, como todos saben, puido ser a dos Tuzaros-, na que é o Clash o que agarda rival na final e os partidos pendentes de liga, con rublos e postos de honra en xogo, levarannos ao remate da tempada máis longa da WIFA, unha apaixoante T8, na que o longuísimo sprint do Shakhtar disipou a emoción só no último tramo. Até 6 equipos se viron en algún momento, coa competición xa avanzada, ben colocados para asaltar o título. O Shakhtar acumula 9 vitorias seguidas e pelexará ante Rif e Clash pola enorme honra de derrotar a todos os seus rivais consecutivamente. Os do Quebec foron desde o principio de tempada un grande equipo, de fútbol alegre e ofensivo. Foron medrando en solidez co paso das xornadas e á par dos resultados, e contaron coa sorte en pontuais momentos decisivos. A xenialidade de Mutu, a calidade de todo o once e, quizais, por riba de todo, a profundidade do banco, con Arshavin á cabeza, foron chaves no éxito.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
| CLASIFICACIÓN LPU8 | X | G | E | P | F | C | P | D |
| 1 | Shakhtar de Montreal | 20 | 14 | 3 | 3 | 47 | 20 | 45 | 27 |
| 2 | Gloria y Honor | 22 | 11 | 5 | 6 | 33 | 19 | 38 | 14 |
| 3 | Partisano Clash | 20 | 10 | 6 | 4 | 31 | 22 | 36 | 9 |
| 4 | Torpedo Zagreb | 22 | 10 | 4 | 8 | 30 | 25 | 34 | 5 |
| 5 | Asaltacunas FC | 20 | 9 | 5 | 6 | 29 | 24 | 32 | 5 |
| 6 | CG Fillos do Rif | 19 | 9 | 4 | 6 | 24 | 21 | 31 | 3 |
| 7 | Monte Alto Gunners | 21 | 8 | 4 | 9 | 30 | 30 | 28 | 0 |
| 8 | Análisis Matemático | 22 | 7 | 3 | 12 | 37 | 38 | 24 | -1 |
| 9 | Pollo FC | 22 | 5 | 8 | 9 | 29 | 44 | 23 | -15 |
| 10 | Babudos FC | 22 | 6 | 4 | 12 | 18 | 35 | 22 | -17 |
| 11 | Ordem e Progresso | 22 | 6 | 3 | 13 | 22 | 36 | 21 | -14 |
| 12 | Túzaros de Reiquiabic | 22 | 6 | 3 | 13 | 25 | 41 | 21 | -16 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Caixa | Cx. Fin. |
| Rif | 3,5 | 3,5 |
| Shakhtar | 7,5 | 3,0 |
| Clash | 3,0 | 3,0 |
| Ordem | -6,5 | 0,0 |
| Análisis | -7,0 | 0,0 |
| Pollo | -8,0 | 0,0 |
| Asalta | -1,0 | -1,0 |
| MAG | -2,0 | -2,0 |
| Gloria | -4,0 | -4,0 |
| Torpedo | -4,0 | -4,0 |
| Tuzaros | -4,0 | -4,0 |
| Babudos | -6,0 | -6,0 |
|
|
|
4 comentarios:
Parabéns ó campión. O do Fútbol Irreal xa está amañado, agora xa teñen extensión torrent. É descarga-lo arquivo e abrilo cun programa que baixe torrents.
Si, OK, e o que entendía eu. E graciñas.
Todo queda na casa outro ano mais. Congratulacions.
Cenquiu.
Publicar un comentario