Secretaría da WIFA
Velaquí unha idea que a secretaría rumiara hai algún tempo e á que Sir Nigel, traballando independentemente, vén de dar un pulo fundamental como derradeira, polo de agora, aportación á WIFA. Non foron poucas as ocasións nas que no seo da WIFA se criticou o forte vencellamento entre os bos resultados e os ingresos dos clubes. A Kiniwifa viría dar unha fonte de ingresos e perdas alternativa e complementaria coas preexistentes. Acerta e gaña!
Cada equipo recibiría ao principio de tempada un cupón no que debería encher os seus prognósticos para os partidos (só da LPU) da primeira volta, excluídos os propios. No ecuador recibiría o gañado (ou perdido) até entón, e enchería o cupón (só de partidos LPU) da segunda volta. Aínda que falta por dimensionar economicamente o sistema, parece unha excelente idea. Non se priven de opinar sobre ela e engadan se prefiren que estes rublos tendan a ser +, - ou os mesmos que se poñen en xogo nos partidos.
.
6 comentarios:
E dalle. A min gustaríame saber que ten de malo o sistema actual. Este do que falades non chega ó nivel de estupidez do de dar rublos por clasificación histórica, mais tamén lle chega.
O sistema actual funciona moi ben. Que siga así. Amáis de que no de agora ten vantaxes coma que cando non te xogas nada en puntos, nos encontros da casa polo menos te xogas os rublos.
Penso tamen q se desenvolvemos este "sistema" non deberia ser un Sistema e non debería dar rublos q para iso estase a intentar parchear o outro con tanto tino. As regras dunha tempada solapanse coas novas da seguinte. E xa meter una quiniela e coma unha bomba d reloxeria. ¿Haberia millonarios? Penso q se podería facir una sistema SWAZI Porras, pero á marxe. Todo esto como critica constructiva sempre.
Vale, pois ao carallo.
Pois a mín molame a idea.
É un xeito mais de darlle un certo aliciente aos partidos. Non so que che interesen os teus partidos, porque os xogas e te xogas cousas neles, senón que tamén teñas interese por o resto de partidos da Liga porque podes gañar (ou perder) rublos con eles.
A mín non me parece unha idea descabellada.
Con respecto do que di Rapajk, ben certo é que cando non te xogas nada, nos partidos da casa te xogas rublos,pero non entendo que ten que ver iso co feito de poder gañar ou perder rublos doutra forma (teña en conta que non sería en base aos seus partidos, senón que sería en base aos dos demais participantes).
Pido desculpas porque non tiven en conta a frase 'A Kiniwifa viría dar unha fonte de ingresos e perdas alternativa e complementaria coas preexistentes.'. É dicir, entendín que este sistema viña a substituír ó actual, cando xa vexo que non é así.
De calquera xeito, se queredes implantar a quiniela eu a daría coma algo opcional (que xogue quen queira) e na que se poidan gañar/perder moi poucos rublos, algo así coma un máximo de +3/-3 por tempada.
Xa que hai disensións serias propoño esquecer isto, polo de agora, se mañá comeza realmente a tempada. Pódese falar para a seguinte. Se non comeza xa é outro cantar, pero como eu non vou ir tampouco farei campaña. Céntrese no draft agora, Comandante.
Publicar un comentario