venres, 2 de xaneiro de 2009

Czalic volve á carga

(Marko Czalic - Montreal)

Tras da última publicación da sección "Pregúntalle a Marko", unha auténtica avalancha de retos estatísticos chegou ao escritorio do magnífico cronista. 'Marko, é posible determinar cal é a marca de roupa interior máis usada polas esposas/os ou compañeiras/os sentimentais dos familiares dos xogadores da WIFA ao longo da historia?'. A resposta é: non, amigos; non é posible. Sei que non parece demasiado complicado, a priori, pero é preciso coñecer as bases de datos desde dentro para decatarse da complexidade do tema. Sirva esta pequena mostra como exemplo, pero desde agora lles digo que nos chegaron preguntas que eran, esas si, realmente absurdas. Sen querer coartar a creatividade -infinita, polo que parece- dos nosos lectores, gostaríame indicarlles que non é habitual, por exemplo, levar conta de cada alineación/troco que se produce nos partidos. Tamén é interesante sinalar que, durante as primeiras tempadas, os responsables das bases de datos wíficas só consignaban os nomes daqueles xogadores que lograban un gol, un pase ou eran expulsados. Continuando coa xeira de exemplos, Lev Yashin, sen ir máis lonxe, non apareceu nas listas até que fichou polo Gloria y Honor, xa nun período en que todas as fichaxes quedaban reflectidas. Así que que dicir de xogadores como Édison Méndez, Jefferson Farfán ou Park Chu Yeoung, por nomear só uns poucos. Salvo un futuro e pantagruélico traballo de investigación, o paso de homes desta caste pola LPU ficará no esquecemento, para non dicir xa do seu tempo de permanencia e clubes de estadía. Cómpre tamén indicar, xa que logo, que tampouco nos dedicamos á taumaturxia.

Hoxe respondemos daquela maneira a dous requerimentos dos nosos lectores, coa fin, principalmente, de que as súas consultas non caian non baleiro absoluto. Porque somos así. A hostia.

Hola Marco, son fan teu dende que teño internet telefónico e tamen de Fernán Gómez. Para o meu almanaque gostaríame coñecer unha lista dos mais celebres xogadores que pasaran unha tempada enteira en plantilla sen xogar nin un minuto ou de non habelos, os que xogasen moi moi pouco, coma no caso de Manduca, que participou en 2, ou Simr a tempada pasada con outros 2, ou algunha outra celebridade maior. Gustaríame tamen saber a nacionalidade predominante no histórico de cada clube. Pode ser que o Swazi fose Iugoslavo ou os Quebecos Rusos, quen sabe.
Estimado amigo, o asunto das nacionalidades é tan complexo que non paga moito a pena explicalo. Basicamente sería necesario un compromiso colectivo consistente en que os representantes dos clubes completasen a lista de xogadores históricos dos seus equipos, adxuntando as nacionalidades dos mesmos. O volume de traballo total é inabarcable; individualizado, porén, ten visos de éxito. Como a redacción se encargou durante ben tempo (desde a T4) de poñer ao día os planteis, non sería difícil que ti, por exemplo, como fan de Análisis Matemático, buscases documentación manuscrita sobre os drafts primixenios e a completases despois na hemeroteca coas novas sobre planteis. Así e todo, a túa pregunta non quedaría respondida. É dicir, ademais de saber que xogadores pasaron por un clube, sería tamén preciso coñecerlles o tempo de permanencia. Imaxinemos por exemplo o noso Torpedo. É posible que teñan pasado polas súas ringleiras máis italianos, alemáns ou dianteiros centros que croatas. Pero todos sabemos que o tempo de permanencia de croatas no clube é, polo xeral, superior ao resto. A pregunta ten, xa que logo, o seu aquel. Non si?
Respecto do que preguntas dos minutos por xogador, podo remitirme á introdución deste mesmo artigo. Iso si, velaquí unha lista con xogadores do corte que buscas. Todos pertenecen ás épocas máis recentes da WIFA (tempadas 3/4 en adiante) ou, máis ben, quedan excluídos os das épocas totalmente remotas:

Al Habsi
Allback
Balde
Cáceres
Grygera
Gusiev
Jarosik
Kalac
Kalou
Kilbane
Kuszczak
Lastuvka
Legrottaglie
Linderoth
Manduca
Ñordsson
Ooijer
P. Cannavaro
Palacio
Pogatetz
Recoba
Simr
Traore
Vucinic
Zauri
Baptista
Bowyer
Cisse
Saha
Bruno Conti
Zigic

Gostariamos de poder completar a información con comentarios individualizados para cada un dos xogadores que se mencionan. Porén, por razóns de espazo, a cousa queda polo momento en mera enumeración. Iso si, como coñecemos ben a susceptibilidade dos fans de todo o mundo, manifestamos desde xa a nosa predisposición a retirar da lista a xogadores que sexan, por un ou outro motivo, iconas dos seus ex-clubes. O seu carácter inspirador pareceríanos abondo para retiralos desta categoría.

¿Existe alguna posibilidad de hacer algun cuadro, tabla o lo que se asemeje en donde cada equipo pueda ver su trayectoria historica (victorias, empates y derrotas) en liga con el resto de los equipos?
Tivemos que curtar un pouco esta pregunta dun amigo arxentino, dado que procedía dun amigo arxentino. Si, o traballo está feito. O certo é que soamente se reflicten nel os resultados dos partidos da LPU, pero o documento recolle estes na súa totalidade. O problema é saber que quererías que publicase. O cadro enteiro é vastísimo. Non esquezamos que estamos a falar de 66 enfrontamentos directos, cada un deles coa súa historia propia. Podemos comezar por clasificar aos equipos en función dos enfrontamentos directos que gañan, empatan e perden. Así:

1 Gloria y Honor 10, 0, 1
1 Partisano Clash 10, 0, 1
3 Shakhtar de Montreal 9, 1, 1
4 Torpedo Zagreb 7, 0, 4
5 CG Fillos do Rif 6, 2, 3
6 Asaltacunas FC 6, 0, 5
7 Análisis Matemático 5, 0, 6
8 Pollo FC 4, 0, 7
9 Tuzaros de Reiquiabic 3, 0, 8
10 Monte Alto Gunners 2, 1, 8
11 Ordem e Progresso 2, 0, 9
12 Babudos FC 0, 0, 11

Desta clasificación derivan algúns datos pontuais curiosos. En primeiro lugar hai que indicar que os datos do Rif, no que aos enfrontamentos directos respecta, son apenas representativos. A maioría de duelos directos contan cunha historia de até 16 enfrontamentos. As de Tuzaros e Análisis andan por 6 e 8, respectivamente. Os do Rif, nalgúns casos, redúcense a un único partido, xa que nin sequera rematou a súa tempada de debut. De aí que, por exemplo, é o equipo que acumula a totalidade dos empates 'globais'. Por outra banda, a situación dos 3 primeiros é que o Gloria se impón ao P. Clash, o P. Clash se impón ao Shakhtar e o Shakhtar se impón ao Gloria, todos por marxes bastante curtas. Realmente impresionantes son os números dos dous líderes desta clasificación, habitualmente á sombra de Asalta e Shakhtar noutras como o palmarés. Os de Montreal poden avanzar ou retroceder nesta clasificación en función do seu resultado no partido pendente contra o Rif. En xeral, as marxes nos duelos entre os de arriba son moi estreitas. O Torpedo é outro caso curioso. Agás con Gloria e Pollo, cos que ten unha rivalidade relativamente igualada, é moi doado saber que equipos se lle dan ben e cales mal. Sirva de exemplo sorprendentemente negativo o seu enfrontamento co Shakhtar, ao que nunca logrou vencer en liga, se os datos cos que se conta son correctos. De Asaltacunas, 6º clasificado, hai que dicir que a sorte o traizoa, no sentido de colocarse nun lugar máis alto nesta clasificación. Gaña 6 enfrontamentos con enorme comodidade e cae en 5 por exigua marxe (ás veces, simplemente, por diferenza de goles). Así que pode revertir ben pronto a situación para mellor. Bo rendemento o dos Tuzaros nos 'tête a tête', mellor do que no clasificatorio. Por último hai que sinalar que se ben os Babudos non gañan ningún enfrontamento particular, están en empate técnico cos Tuzaros, por exemplo, xa que os de Vicky os avantaxan por un único gol, con 3 trunfos por bando.

Como a carta vén da Arxentina, diremos que o rival máis propicio de Asaltacunas son historicamente os Babudos, aos que venceron en 12 ocasións, con 3 empates e unha derrota; 35 goles para os sudamericanos e 9 para os seus 'veciños' do norte. Os rivais máis desfavorables de Asalta son os Fillos do Rif, que os bateron por 1-0 no único enfrontamento rexistrado. Como é ben claro que isto non é moi fiable, polo momento, diremos que a auténtica besta negra -que non o é tanto- dos do Duque é o imprevisible Análisis Matemático, o primeiro campión da LPU. Os de Tron suman 3 trunfos, 3 empates e 2 derrotas, con 16 goles a prol e 12 na contra.

Indo ao xeral, os duelos máis igualados (os que contan con empate a puntos actualmente) son:

Asalta-Gloria
Asalta-Shakhtar
Babudos-Tuzaros
Gloria-Tuzaros
Gloria-Análisis
Shakhtar-Rif (1 só partido)
MAG-Rif (2 partidos)
Tuzaros-Rif (2 partidos)

Os duelos máis goleadores son o Babudos-Shakhtar, con 75 tantos, e o Asalta-Shakhtar, con 73 e un partido menos. Os duelos menos goleadores son o MAG-Tuzaros e o Babudos-Tuzaros, con 2,17 por partido. Excluíndo desta lista ao Rif, claro, xa que os de Selassie teñen hoxe por hoxe máis dun enfrontamento con media goleadora de 1,00. Non é moi de estrañar, ao entraren na competición na tempada menos goleadora da historia e sendo dos equipos que rexistra menos goles por partido en conxunto.

Ademais, os enfrontamentos Asalta-Gloria, Babudos-Pollo e Babudos-MAG acumulan cadanseus 7 empates, unha cifra nada desprezable.

Hai xeito de coñecer que xogador de todos os que pasaron pola WIFA é o que estivo en maior número de equipos? E, en caso afirmativo, quen sería este xogador e en que equipos estivo?
Por outra banda, gostaríame saber tamén os goleadores e pasadores historicos dos Babudos F.C. (antes Che Marx, Ltd) si é que é posibel.
Lamentablemente non hai xeito de coñecer eses datos. Velaquí os ten, en todo caso:

Makaay (5) -> Torpedo, Ordem, Asalta, Tuzaros, MAG
Eto'o (5) -> MAG, Shakhtar, Babudos, Análisis, Tuzaros

Henry anotou 42 goles coa camisola babuda. E Bican deu 13 pases de gol mentres xogou para os cubanos.

Se non tiveron abondo e aínda queren saber máis, vostedes mesmos.
.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Boas a todos e feliz ano.
Unha cuestión, hoxe supoño que non hai troula, verdade?
A WIFA está de parón polo Nadal, non si?
En caso de que vaidaes quedar avisade, que eu poderíame apuntar.

Anónimo dixo...

Ube, também quer jogar, a plei te-na o Sir no Castelo, eu ainda nom sei o que vou fazer. Seguiremos informando.

Anónimo dixo...

E felicidades para todos também, ho!

Anónimo dixo...

Ah, si, o Helassie, nom pode quedar hoje, e o Duque tampouco.

Anónimo dixo...

O Getxo o Pollo e mais eu também nos animamos a jogar.

Anónimo dixo...

Vale, pois onde quedamos? Necesitamos unha sede e mais unha play.
Supoño que o Presidente pode poñer a súa e eu ofrezome voluntario pra ir buscar a comunitaria a casa de Dani. O que non sei é onde poderiamos quedar a xogar. Eu diriavos de vir á miña casa, mais a pobre Susi non durmiu case nada estes días e penso que habíamoslle facer unha putada se vimos xogar aquí. De todos xeitos, se non houbera outra opción, avisademe e vemos o que podemos facer.

jebeWalrus dixo...

Eu vou viciar ainda q sexa un mundialito de quecemento. Onde imos?

Anónimo dixo...

na minha casa a partir das 21:00 h.

Anónimo dixo...

A no ser que vaya el CLASH (que por lo que he oido no va a ir) yo hoy no voy.

Anónimo dixo...

en esta temporada, en el asalta no han jugado un solo minuto ni navarro ni solari

Anónimo dixo...

gran trabajo Czalic.

lo que si me acabas de dejar de piedra con lo del asaltacunas. 6 en los enfrentamientos directos. Hay cinco equipos que tienen mejor gol average particular (aunque sea por poco) que el. Y sin embargo(a expensas de lo que se decida en esta temporada) lider en títulos.

Somos la ostia. Vaya forma de rentabilzar las estadísticas.