sábado, 24 de xaneiro de 2009

O Rif aniquila mentres o Torpedo afunde

(Marko Czalic - Montreal)

Problemas técnicos derivados dunha glaciación furacanada en Montreal provocaron o retraso na publicación das seguintes informacións.

Dificultades serias para os tradicionais favoritos neste axitado comezo da T9. Como Marko prognosticara coa súa grandeza habitual hai ben pouco, no Rif atopamos un claro candidato a campión. Cinco vitorias consecutivas, nada menos, acumulan os Rifantes da Ganlla para se sobrepoñer ao varapau inicial. Un equipo impresionante e que optimiza o seu rendemento con vitorias de moito mérito nos últimos minutos de partido. E iso é signo de equipo que vai en serio. MAG e Pollo, con partidos atrasados, son as principais ameazas neste tramo de competición para o liderado dos de Selassie. A longo prazo, moito hai aínda por ver. Por exemplo, se os Tuzaros de Reiquiabic (Londres) son quen de manter o tren do seu positivo comezo. Coa contundencia dos seus homes punta, o bo xogo dos vitorianos é un argumento maximizado. Asalta e Shakhtar, pola súa banda, acusan unha certa irregulariedade neste primeiro tramo que pode rematar por desconcertalos. Todos sabemos xa, a estas alturas, que desligarse manifestamente do vagón de cabeza ao principio concede moi exiguas opcións cara adiante e adoita facer que os resultados de teóricos candidatos en mala xeira empeoren (ver "Pollo T8", como exemplo máis recente). Mentres os ducais entoan o ser-ou-non-ser amarrados á caaveira de Bilardo, os campións manteñen un bo nivel de xogo que, de momento, serve só para lograr a metade dos puntos e dar lucimento aos trunfos dos rivais. Torpedo e Rif gañaron ao Shakhtar bonitos partidos nos últimos instantes. E mentres agardamos por Análisis, a posible recuperación de Ordem ou a importante estrea de P. Clash, quédannos por comentar as actuacións dos equipos adscritos á Internacional Socialista dos que participaron onte: Babudos e Torpedo.

Os camaradas patronais de Sierra Maestra seguen a se estrelar de xeito dramático contra o incrible. Unha vitoria e unha derrota máis ou menos xustas, foron aderezadas en medio coa actuación do grupo "Buffon e a banda dos grandes paus", que prolongou logo Cech aínda que de xeito algo menos esaxerado.

O do Torpedo é absurdo. Temos o mellor once da liga, non hai dúbida sobre iso. Onte, o único éxito foi lograr por fin o trunfo sobre o Shakhtar; curiosamente, nos peores momentos do equipo. Non erguemos cabeza e o problema segue a estar, insisto, na dirección técnica. Hai que dar co home axeitado e moi poucos damos o perfil. Queremos a LPU. E esta, se pode ser. Depende do C.P.O.N.D.A. (Comité Para O Nomeamento De Adestrador).

En individuais, Klinsmann, Messi, Vialli e Zlatan acumulan 5 goles con moi diferente número de encontros xogados, mentres que Eto'o e Kalusha suman 4 e levan 3 Hleb, Miccoli e un inspiradísimo Romario. O dominio no Dzajic é polo momeno para Mostovoi, con 4, por 2 de Eto'o, Nedved e Seedorf. AT para Eto'o. de momento, con 8, por 7 Messi e 5 un feixe de xogadores. Claro que é preciso apuntar que os gañadores de todos estes premios individuais na T8 non debutaron aínda. Referímonos aos búlgaros, si. O Given está polo momento igualado entre os de cabeza, o que demostra onde está, cada vez máis, o segredo para loitar polos títulos. Buffon e Júlio César encaixan só 0,5 por partido. Tremendo.

Por último, subliñar que Friedrich e D'alessandro se atopan apercibidos de sanción.

X1. Tuzaros 1-2 Shakhtar

Os vitorianos dan a cara con 10


Hleb (Mostovoi); Hleb (Mostovoi); Van Persie (Eto'o)

Amarelos:
Vermellos: Petit
Lesións:
Canteiráns: Glamour, Jerkovic

----------------------------------

X2. Torpedo 1-3 Babudos

Un grande Seedorf prolonga a crise torpedil


Rosicky (Seedorf); Ashley Cole (Seedorf); Sócrates; Bystrov

Amarelos:
Vermellos:
Lesións: Stankovic
Canteiráns:

----------------------------------

X2. Asalta 0-2 Rif

A efectividade de Romario e os paus mostran as credenciais dos rifantes


Romario; Romario

Amarelos: Friedrich
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Hugo, Ganja Man

----------------------------------

Inciso: MAG mamón

----------------------------------

X4. Torpedo 3-2 Shakhtar

O Shakhtar domina pero o Torpedo pon fin a unha xeira excesiva


Iaquinta; Vialli (Hleb); Iaquinta; Vialli (Mutu); 92' Boniek (Chivu)

Amarelos: Mostovoi
Vermellos:
Lesións: Van Bommel
Canteiráns: Jerkovic

----------------------------------

X5. Tuzaros 1-0 Asalta

Anelka confirma aos Tuzaros e reafirma a Bilardo


Anelka

Amarelos:
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Glamour, Hugo

----------------------------------

X6. Asalta 2-2 Shakhtar

O Shakhtar reacciona tras dominar 160 minutos


Zanetti (D'alessandro); Messi (Caniggia); Hleb (Park); 88' Vialli (Mostovoi)

Amarelos: R. Carvalho, G. Milito, Heinze, D'alessandro
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Hugo, Jerkovic

----------------------------------

X7. Babudos 1-3 Rif

Uns excelentes Babudos chocan co paranormal e Buffon


Romario; Sócrates; Kalusha (Silva); Ferdinand (PP)

Amarelos: M. Diarra
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Ganja Man

----------------------------------

X8. Asalta 3-0 Torpedo

Messi noquea a un Torpedo afundido


Messi; D. Milito (Messi); Messi

Amarelos: Chivu, Messi
Vermellos: Zhirkov
Lesións: Caniggia
Canteiráns: Hugo

----------------------------------

X9. Shakhtar 1-2 Rif

O líder consegue unha fermosa vitoria ante o campión


Carew (Kalusha); Vialli (Mostovoi); 86' Kalusha

Amarelos: Friedrich
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Ganja Man, Jerkovic

----------------------------------

X10. Babudos 1-3 Tuzaros

Prolónganse dúas xeiras


Anelka (Eto'o); Basturk; Milla (M. Laudrup); Eto'o

Amarelos:
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Glamour

----------------------------------

X11. Torpedo 0-1 Rif

Diarra premia o esforzo dun líder sólido


90' M. Diarra

Amarelos:
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Ganja Man

----------------------------------

X11. Shakhtar 3-0 Babudos

O Shakhtar colleita tres puntos importantes nun frouxo encontro babudo


Mutu (Azutkin); Vialli; Mutu

Amarelos:
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Jerkovic

----------------------------------

.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Maldito Rif.

Haile Selassie dixo...

Dende os nosos pacificos montes, respecto da clasificacion a estas alturas, non temos nada moi salientable que dicir. Respecto do actual campion e os seus comentarios infantiles, dó unha cousa que dicir:
"Arrieiros somos e no camiño xa nos apotamos".

Anónimo dixo...

Maldito Rif.

Anónimo dixo...

Maldito Buffon
Malditos paus

MAG dixo...

Moi bos os comentarios.