luns, 26 de xaneiro de 2009

Torpedeando: Algo estase a cocer no clube, e non son callos

(Redacción)

Hoxe á tardiña o mesmo Bocazas chamaba á Redacción moi alterado, falando dos posibles adestradores do noso clube, entre eles un nome que non le agrada moito, por dicilo dalgún xeito. O Comité Para Buscar Un Novo Adestrador (C.P.B.U.N.A.) fixo un desmentido oficial, negando rotundamente que un periodista e ex-estremo esquerdo e un estremo esquerdo aínda en activo vaian se-los novos encargados de reflotar ó Torpedo. Mais que nada porque ocuparían a mesma demarcación.

Nós tentamos contactar con tódolos posibles candidatos que cumpren este perfil, mais unha forte treboada ten as comunicacións do Xornal en estado precario, polo que non podemos facer outra cousa que verificar o contido do comunicado. Por outra banda, que pensan, que llle iamos levar a contraria ó Comité?.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

ostia non sera mitea

jebeWalrus dixo...

Los futbolistas han demostrado su incompetencia; pon un jardinero a ver que tal. O nombra a la 2º mujer presidente de la historia de la WIFA.

http://www.elargentino.com/nota-25826-Los-Beckham-croatas.html

Anónimo dixo...

Queremos saber! Que hai tras este desmentido?