xoves, 15 de xaneiro de 2009

FINAL DA T8. Resultados e crónica


From Montreal - Richard Bolelavsky


LIGA

O Rif acaba con tres anos de imbatibilidade do Clash a domicilio: 2-1. Romario deu a volta ao resultado con dous golos, para facer xustiza, tras un auténtico baño dos gangeiros no primeiro tempo.

Toxo logra sobre a bocina o empate para o Clash no derby de Montreal. 1-1. O derby anarkista deparou un empate en Montreal que impide aos partisanos acadar o subcampionato, en plena festa nas bancadas canadianas. Toxo mandou calar no desconto transformando o penalti do empate. Tras este partido, Berbatov acaba como máximo goleador da liga con 16 tantos. E Sergio Ramos como primitivo.

KOPA final match

Chegou unha vez máis a final da kopa vestida de vermello e preto. O Shakhtar deu primeiro, pero na súa propia porta 0-1. Aos dez minutos, Mutu desperdiciou un penalty enviandoo ás nubes. Bulgarian Connection puxo o 0-2. Ainda antes do descanso, os canadianos recurtaban distancias, mais no desconto da primeira boban a pase de brian poñía o 1-3. A segunda non tivo moita historia. Xa a vinte do final, os partisanos puxeron a rúbrica ao seu doblete kopeiro da mellor e máis xusta maneira posible: gol do capitán Barry Ferguson. 1-4. Stoichkov acada o atacante total.
Clash Campión!!!


Finalmente, hall of fame:

Liga

Campión: Shakhtar de Montreal. Consiguen o seu tercer título ligueiro e lideran o palmarés. Segunda volta de enmarcar dos anarkistas mestizados, que os levou a conseguir o título de maneira moi xusta e finalmente folgada.

Subcampión: Gloria&Honor. Novo subcampionato (só un máis, e aparecería o termo "auténtico esperpento") dos pretos que se afundiron na segunda volta, tras completar a primeira como líderes. A irregularidade impidiu que o gloria conquistara a súa primeira liga.

Terceiro: P. Clash. Demasiados pinchazos para aguantar o tirón do seu máximo rival, do que estivo un peldaño por debaixo.

Cuarto: Fillos do Rif. A auténtica revelación da tempada. Espectaculares números dos debutantes. Hai quen pensa que se dopan. Acaban a un punto do segundo. Ollo cos rifos no futuro.

Quinto: Asaltacunas. É un dos grandes e foi dos que ata preto do final puideron levar o título. Faltalles a chispa de outrora.

Non sei o resto da clasificación. Sintoo. Mais...
Resto: Os de zagreb fixeron unha boa tempada. Mais o seus siareiros seguen a espera de que "dunha puta vez" lancen o torpedo. MAG, co cambio de nome segue sendo un rival moi complicado e así demostrou, pero faltoulle o de sempre: mala hostia. Os pollos fixeron o polo. Decepcionante tempada dos granxeiros. Análise segue a espera de mellorar o seu equipo para voltar arriba. Amosou mellora respecto do ano anterior. Babudos cada ano da máis sorpresas. Un equipo que crece paseniño mais crece. Ordem, bate que bate. Safaron o colismo ao final con moita casta. A táctica é paradoxicamente, o que frea ao ordem. Ademáis por suposto da súa defensa. Túzaros acabaron colistas, máis con moitísimos puntos para esa posición. Outro equipo que vai de menos a máis.

Kopa do Pollo
Campión: P. Clash. Os partisanos recuperaron o que perderan na primeira edición do torneo.
Subcampión: Gloria. Outro título que ven levantar dende o céspede.

Kopa
Campión: P. Clash. Os anarkistas viscerais deron a ostia enriba da mesa e levaron aos seus eternos rivais por diante, conseguindo o doblete kopeiro e a súa segunda kopa.
Subcampión: Shakhtar de Montreal. A forza da liga non lles valeu para chegar ao título copeiro.


Mellor xogador da tempada: B. Ferguson.

Ata aquí a T8. Moita sorte na T9. E respecto do draft, pensen ben o que fan se o ano próximo non queren ler nas crónicas que se está a esperar máis deles para o futuro. Agora é o presente, e o teñen nas súas mans.


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi boa crónica, si señor. Moi certo o de B. Ferguson, na relación rendemento-prezo. Que malleira me deron na final da Kopa, mimadriña... Parabéns ao campión! Por 3º ano consecutivo, o campión da LPU anterior ergue as dúas Kopas. E xa é curioso.

Toxo e Azutkin suben a rexime baixo e o ruso remata así o seu período formativo. Moi pronto enviarase o estado actual das fichas destes xogadores aos responsables do SUACI.

Se non vos durmides, mañá podedes comezar a T9. Non é doado mais está nas vosas mans. E digo "podedes" porque eu dubido moito que poida acudir.

Os Rifantes da Ganlla ofreceron Chaoui para as desputas (inaugurais?) de mañá. Non sei que pasa co Arraiano finalmente, pero creo que non é posible.

Dous novos rapaces foron extraídos das canteiras do Clash e do Rif, respectivamente. O escocés é un talento discretamente prometedor. O rifante é unha mala besta como non vin na miña vida, unha cousa totalmente fóra de escala, unha abominación, un todocampista absoluto que, aínda como xuvenil, coñece xa todos os trucos do fútbol. Seguro que é grazas ás viaxes esirituais-sicotrópicas ás que os ganlleiros someten durante a adolescencia á súa rapazada. Ides alucinar con Ganllamán.

Velaquí as fichas dos derradeiros choques. Moi pronto, estatísticas finais da tempada:

X20. Rif 2-1 Clash

Boban (Stoichkov); Romario; Romario

Amarelos:
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Toxo

-----------------------------

Partido 200 do Shakhtar
X22. Shakhtar 1-1 Clash

Arshavin; Toxo (P)

Amarelos:
Vermellos:
Lesións: Vialli
Canteiráns: Azutkin e Toxo

-----------------------------

27º derbi anarkista
Kopa. Final. Shakhtar 1-4 Clash

Azutkin (pp); Berbatov (Stoichkov); Mutu; Boban (B. Laudrup); B. Ferguson

Amarelos: Luisao
Vermellos:
Lesións:
Canteiráns: Azutkin e Toxo

-----------------------------

Rapajk dixo...

Parabéns ó campión da Kopa. Mais vaime permitir non estar dacordo con vostede. O Torpedo é un equipo simpático e quere seguir así. Os títulos son decadentes, propios dos capitalismo e o anarquismo, e do seu amigo común, o anarcocapitalismo.

Rapajk dixo...

Por outra banda, chegaron rumores a Zagreb dun posible intercambio de canteiráns, que opinan diso no Clash?