sábado, 31 de xaneiro de 2009

Clasificación

Secretaría da WIFA

X

G

E

P

F

C

P

D

1

CG Fillos do Rif

8

6

0

2

14

6

18

8

2

Pollo FC

7

5

0

2

17

14

15

3

3

Monte Alto Gunners

8

4

1

3

10

9

13

1

4

Túzaros de Reiquiabic

8

3

2

3

11

10

11

1

5

Asaltacunas FC

8

3

1

4

11

15

10

-4

6

Torpedo Zagreb

9

3

1

5

10

15

10

-5

7

Análisis Matemático

7

2

3

2

12

10

9

2

8

Shakhtar de Montreal

5

2

1

2

10

8

7

2

9

Babudos FC

8

2

1

5

8

14

7

-6

10

Partisano Clash

0

0

0

0

0

0

0

0

11

Ordem e Progresso

2

0

0

2

0

2

0

-2

Caixa

Cx. Fin.

Clash

3,0

3,0

MAG

2,0

2,0

Pollo

1,5

1,5

Tuzaros

1,5

1,5

Shakhtar

0,5

0,5

Asalta

0,0

0,0

Rif

0,0

0,0

Análisis

-1,0

-1,0

Ordem

-1,5

-1,5

Torpedo

-1,5

-1,5

Babudos

-3,0

-3,0

martes, 27 de xaneiro de 2009

O Torpedo xa ten adestradores. O tándem Dzajic-Czalic dirixirá ó noso clube.

(Redacción)

Podémolo confirmar de xeito oficial, dous estremos esquerdos faranse cargo do Torpedo. O Comité, amais de da-los seus nomes tamén engadíu: 'Está claro que ideoloxicamente esta posición é a mellor para o Pobo'. Posteriormente, xa en rolda de prensa, os dous elixidos, Dragan Dzajic e Marko Czalic, contestaron ás preguntas dos medios.

Sr. Dzajic, outra vez no Torpedo?
Si. Non ten nada de estrano. É a miña casa. Cando non me precisan marcho a seguir co meu libro e despois volvo outra vez.

Sr. Czalic, que supón para vostede este nomeamento?

Ben, en realidade non é máis que medio nomeamento, así que resulta medio satisfactorio e estou medio orgulloso. Falando máis en serio estoulle moi contento. Fun un grande xornalista, seguramente o mellor. Pero xa era o momento de voltar á acción, e onde mellor que na casa.

Sorprendeuno, Sr. Czalic?
Si, en certa medida. Debo recoñecer que non agardaba unha noticia tan boa, cando menos non tan cedo. Pero é certo tamén que xa saíran en prensa certas insinuacións por parte de xornalistas de grande prestixio sobre que esta sería a decisión máis axeitada.

Sr. Czalic, que supón para vostede compartir o cargo con Dragan Dzajic, o xogador co que desputou e perdeu a titularidade na selección iugoslava de hai unhas décadas? Síntese de novo o seu suplente?
É vostede moi incisivo, si señor. Realmente dá gusto tratar con xornalistas, xa esquecera o que era isto. Como xa expliquei máis dunha vez, a titularidade perpetua de Dragan dentro daquel equipo tivo máis que ver co favoritismo pro-serbio instaurado na federación que cunha cuestión de calidade. É certo que Dragan é un futbolista sensacional, pero eu tiña máis gol. E logo houbo outras cuestións bastante feas... os xornalistas da época aproveitaban que eu xogaba fóra, no Soviet Supremo de Kiev, para difamarme. Dicíase que na URSS o comunismo era algo "frívolo" e que mesmo, nalgunha ocasión, chegaramos a cobrar por pousar para un calendario. Barbaridades, xa ve. Cousas de xornalistas. O tema da suplencia pertence ao pasado; o presente veu poñer á fin as cousas no rego. Dzajic e máis eu levaremos unha relación fluída sempre e cando el acerte nos seus puntos de vista.

Sr. Dragan, Que opina do seu compañeiro no cargo?
Eu sempre me levei ben con el, mais penso que el comingo non tanto. Sempre tivo a teoría de que na selección eu xogaba por ser serbio. Xa non se lembra das cheas que collía antes dos encontros. Mais todo iso é o pasado, agora o único que importa é o Torpedo

Por que marchou este verán, quere falar do tema?
Cuestións tácticas. A miña limitación como futbolista é que só sei xogar de estremo. Se o adestrador opta por non empregar esta posición no debuxo táctico fai que a miña presenza non sexa necesaria.

Sr. Czalic, quen o substituirá a vostede na correspondencia en Montreal?
Elle unha cuestión que descoñezo e secundaria, ademais. Bastante tempo se me malgastou alí morto de frío; para min é unha cuestión que poden encargar a calquera bolseiro, ou que busquen ex-xogadores do Shakhtar. A miña prioridade agora é voltar ao Pobo para servir ao Pobo e sacar ao equipo do foxo onde se meteu por algunhas decisións, digamos, ehem, desafortunadas. Desafortunadas no sentido de que houbo mala sorte con elas, claro; o traballo dos comités é sempre excelente, o de todos os comités. Non hai máis que ver a decisión que veñen de tomar.

Pero é certo que, en Montreal e todo, é dicir, enviado ao cú do mundo, a súa megalomanía non lle impediu facerse cargo de grande parte da cobertura global da LPU para o Xornal. Que asumirá agora a tarefa?
É certo que me encanta a música. Polo demais, procurarei co meu traballo que o Torpedo estea no centro de todas as conversas até tal punto que falar do Torpedo e falar da LPU sexa o mesmo. E problema resolto.

Sr. Dragan, quen será o capitán do equipo?
Aínda temos que falar cos xogadores. Boniek sería a primeira opción, aínda que está un pouco canso de ser o centro de atención mediático do clube. Senón, Banks é un excelente candidato. De calquera xeito, quizáis o mellor é que os xogadores escollan quen os quere representar.

Sr. Czalic, contento de voltar á terriña, daquela?
Home...! En Montreal vese fútbol aceptable e de prognóstico incerto, pero o Torpedo só vai unha vez ao ano. Polo demais fai un frío demencial e o concepto que teñen alí da "esquerda" é algo laxo. Non nego que algunha vez eu mesmo me deixei levar por ese espírito. Pero rematou o tempo da embriaguez continua. Para min e para o Torpedo, chegou o tempo dos callos.

Sr. Dragan, pensa en voltar ós terreos coma xogador? Entra vostede nos planes do equipo que adestra?
Esta pregunta parece feita para Mitea. No comment.

Sr. Czalic, para a revista especializada "Papeles de fútbol cúbico". Expláiese: Proxecto deportivo e plans tácticos.
Ben, o meu proxecto de futuro -é dicir, cun draft que me permitise reconfigurar o plantel- para o Torpedo sería, máis ou menos, este: Van Bommel e Stankovic fóra. Novo medio do campo. Isto ten que ver máis co desgaste e os "vicios adquiridos" na sala de máquinas que con calquera outra consideración. O Torpedo, pola súa idiosincrasia, debe sacar toda idea táctica como consecuencia do que decida facer no medio. E o seu plan táctico actual sería este: 4-4-2. Banks, dous laterais ofensivos o esquerdo podería ser o propio Zhirkov e o dereito quizais Salihamidzic. Dous centrais de moito nivel (Chivu, Kaladze, Campbell, calquera parella deles), recuperar a Emerson para o CCD e xogar, ben con outro CCD, ben cun CC completo e de categoría, a poder ser grande e carismático, con dotes artísticas, que xogaría un chisco máis adiantado e lixeiramente caído á esquerda. Un CLT dereito, veloz e incisivo. Gústame Poborski, pero válenme outros. Un mediapunta, Boniek. Penso que Boniek é bo abondo como para que no canto de xogar o equipo para el, xogue el para/por todo o equipo. Un estremo esquerdo, claro, posición fundamental nisto do fútbol e que hai que ter sempre ben cuberta, que en principio debería ser Dragan Dzajic, dado que Marko Czalic está retirado. E un dianteiro centro. Non teño preferencias neste apartado, mais vexo con bos ollos a Iaquinta. O esencial dos dianteiros do teu equipo non é a súa calidade, senón coñecelos ben. Saber exactamente que podes agardar deles, en que son fiables, porque iso che facilita moito as cousas ante a grande pregunta: que tipo de balóns nos interesa facerlles chegar aos nosos dianteiros? E a resposta é clara: aqueles para os que teñan as características óptimas para garantir que lles darán boa saída. Ah, e outra cousa. Considero imprescindible a Luka Modric, como suplente de calquera dos postos ofensivos do mediocampo pola súa capacidade para dar circulación á bola. Un último detalle: creo que o Torpedo NECESITA unha defensa adiantada. O balón ten que ser sempre, todo o partido, do Torpedo. Pero isto non é máis que un pequeno esbozo. Polo momento non quero dar nomes nin pormenorizar conceptos para non poñer nerviosa á xente. De momento traballaremos co que hai e, se as cousas non van ben, seguro que os comités todos verían con bos ollos algunha que outra purga.

Sr. Dragan, comparte esta visión?
No esencial si, mais non por exemplo no que di de Emerson. van Bommel está a xogar moi ben, e ter fichar a Emerson para telo de suplente non ter sentido. Sobre o CC grande con dotes artísticas... A verdade é que a curto prazo véxoo difícil. No ataque, Marko fala moi ben de Iaquinta, mais eu non me vou prounciar aínda sobre o asunto do dianteiro. Estamos a agardar que a canteira volva dar un 'quiller' coma Vladic.

E logo Zedric?
Non me acaba de convencer. Terá as súas oportunidades, mais non o vexo no equipo de aquí a un par de anos. De calquera xeito aínda é moi novo, e pode progresar. A ver onde chega.

Obxectivos?
Vitoria suma. Títulos. Xa non temos gana de rir máis.

luns, 26 de xaneiro de 2009

Torpedeando: Algo estase a cocer no clube, e non son callos

(Redacción)

Hoxe á tardiña o mesmo Bocazas chamaba á Redacción moi alterado, falando dos posibles adestradores do noso clube, entre eles un nome que non le agrada moito, por dicilo dalgún xeito. O Comité Para Buscar Un Novo Adestrador (C.P.B.U.N.A.) fixo un desmentido oficial, negando rotundamente que un periodista e ex-estremo esquerdo e un estremo esquerdo aínda en activo vaian se-los novos encargados de reflotar ó Torpedo. Mais que nada porque ocuparían a mesma demarcación.

Nós tentamos contactar con tódolos posibles candidatos que cumpren este perfil, mais unha forte treboada ten as comunicacións do Xornal en estado precario, polo que non podemos facer outra cousa que verificar o contido do comunicado. Por outra banda, que pensan, que llle iamos levar a contraria ó Comité?.

Xuntanza semanal

Secretaría da WIFA

Moi ben, esta semana imos ao chollo a fume de carozo. A mansión ducal está de novo dispoñible, con horario de apertura derredor das 19:00 horas para os máis madrugadores e horario de peche de entre 2:00 e 2:30, xa que o anfitrión ten pensado madrugar o sábado para dar un 'toque de atención' ao servizo por erros como traer tarde o xantar, perderse no temporal ou non ser quen de manter acesas as candeas; por isto último é posible que a reprimenda non sexa tan forte.

SEDE

Mansión Ducal, 19:30 (aprox) - 2:15 (aprox)

PLEIS

- Comunal, con saída ás 21:00
- Presidencial, con saída ás 20:00, en principio

ALTAS

Asalta
MAG 23:00
Torpedo 20:45
Babudos 21:00
Rif 22:00
- Tuzaros
Pollo 20:00
- Análisis

NOTA: Para meter á xente nos coches é preciso coñecer a hora de saída e número destes. Os equipos antecedidos por un guión (-) están asignados a un vehículo en concreto, pero poden optar por outro, avisando. Babudos e Pollo poderían falar para compartir vehículo se lles interesa e lles coinciden as horas de saída. O mesmo para Rif e MAG. Dous coches, sen contar o do Torpedo, abondan. E polo de agora contabilízanse 4.

BAIXAS

Shakhtar
P. Clash
Ordem
.

domingo, 25 de xaneiro de 2009

VERDADES Y MENTIRAS EN EL FUTBOL (2ª "PARTE)"

Nuevamente publicamos recorte de la columna de Bilardo en el periódico "El Sol" ayer sábado tras la jornada liguera del viernes.

"La lógica en el fútbol nos indica que aquellos jugadores que, una vez alcanzado su declive profesional, deciden dar el paso a la cautivadora pero sufrida profesión de entrenador, suelen mantener y perseverar en aquellas características que un día les hizo famosos. Nadie puede obviar que los Cruif, Guardiola o Camacho siguen a rajatabla aquellas virtudes que un día los hicieron grandes. Los dos primeros, obsesos del futbol de ataque y de las posesiones interminables de balón. El tercero antepone siempre a sus jugadores la indispensable virtud de la testiculina a la calidad de sus botas. No voy a entrar en polémicas sobre si sus fondos futbolísticos son, a mi parecer, los mejores. Sólo desde estas líneas aplaudir y respetar su criterio y sus convicciones.

Lamentablemente no puedo incluir dentro de este apartado al actual entrenador del Asaltacunas F.C., el señor Simeone. Como jugador no puedo negar su posesión de determinada técnica, lejos, eso sí, de la de otros en su posición, como Redondo. Pero si algo caracterizaba al Cholo como jugador era sus ansias de ganar a cualquier precio, su casta y sus virtudes varoniles. Sin embargo la edad ha hecho mella en este gran ex jugador. Lo ha vuelto blando. Lo ha vuelto creativo. Ya no trata de ganar los partidos fuere como fuere. A diferencia de sus propios pensamientos diez años antes, ahora trata de inculcar a sus jugadores una filosofía Cruifiana del juego. No tanto en lo que se refiere a las largas posesiones, sí en lo que se refiere a la calidad. Al que ha sido carpintero toda su vida, no lo pongas a vender trajes de seda, porque seguramente no sabrá. Y el Cholo no sabe entrenar a jugar con calidad porque pocas veces lo ha hecho (cierto es que en parte por las propias órdenes que tenía de sus entrenadores en su época)

Cómo resultado de este cambio de filosofía observemos los partidos de ayer:
Contra el Rif dominan, tienen muchas ocasiones incluídos dos palos, pero pierden por 2 a 0.
Contra el túzaros, tres cuartos de lo mismo.
Por favor, desde Rif y desde Túzaros no alaben el juego de los argentinos. Han sido ustedes los que han jugado bien. Nosotros hemos jugado bonito pero ustedes lo han hecho bien. Pregunten a sus aficionados cual de las dos palabras prefieren, bonito o bien (excluyan de esta encuesta a Victoria).

Dicen que Dios es Argentino y lleva el numero 10 a la espalda. Realmente no se el número que lleva, pero de que es Argentino, seguro. Si no, no se entiende lo ocurrido contra el Shaktar. Sólo lamentar de ese partido los últimos 25 minutos de relajación. Mejor dicho, los últimos 25 minutos de estupidez. El cholo, en un ataque no se muy bien de que, parece ser que quiso pegar un puñetazo encima de la mesa después de las dos derrotas, intentando conseguir una abultada victoria contra los canadienses. Alguien debería indicarle que no hay golpe más fuerte que una victoria contra los actuales campeones. Ganar 1-0 y ganar 5-0 suman los mismos puntos. Hasta para eso no hace bien las cosas.

Del partido del Torpedo no hablo. En realidad porque no se vio un partido. Boniek se debió dejar los callos en Zagreb y sin callos, como bien se sabe, no hay Torpedo. Con lo cual, de pachangas no hablo.

Por lo tanto, nuevamente, remitirle al Cholo, y tras las consecuencias de la jornada de ayer, que por favor deje de intentar jugar bonito, que no sabe, y se dedique a jugar bien.


sábado, 24 de xaneiro de 2009

Clasificación

(Marko Czalic - Montreal)
 
Perdoade, mais Marko estivo sen internet. Que vida, esta.

 

X

G

E

P

F

C

P

D

1

CG Fillos do Rif

6

5

0

1

10

3

15

7

2

Monte Alto Gunners

4

3

1

0

5

2

10

3

3

Túzaros de Reiquiabic

6

3

1

2

8

6

10

2

4

Asaltacunas FC

7

3

1

3

11

12

10

-1

5

Shakhtar de Montreal

5

2

1

2

10

8

7

2

6

Pollo FC

3

2

0

1

8

6

6

2

7

Torpedo Zagreb

7

2

0

5

6

13

6

-7

8

Análisis Matemático

3

1

1

1

7

6

4

1

9

Babudos FC

7

1

1

5

6

13

4

-7

10

Partisano Clash

0

0

0

0

0

0

0

0

11

Ordem e Progresso

2

0

0

2

0

2

0

-2

Caixa

Cx. Fin.

Clash

3,0

3,0

MAG

2,0

2,0

Tuzaros

1,5

1,5

Shakhtar

0,5

0,5

Asalta

0,0

0,0

Rif

0,0

0,0

Análisis

-1,0

-1,0

Ordem

-1,5

-1,5

Pollo

-1,5

-1,5

Torpedo

-3,0

-3,0

Babudos

-4,5

-4,5