(Redacción)
O noso clube ven de xogar no sempre complicadísimo campo do Shakthar, onde conseguiu un valioso empate que, ainda que fai xustiza ó visto no terreo de xogo, manten ós rapaces de Boniek un pouco afastados do primeiro posto.
Nun encontro moi estrano, onde só se xogou por rachas, o Equipo do Pobo golpeou primeiro cun disparo de Vladic que Niemi non foi quen de deter, a rematou por entrar chorando na porta dos canadianos. Logo diso, o Torpedo atrasou as liñas, tenando conter os ataques do rival. Pouco durou a festa, xa que un inimigo non identificado consegue bater a Banks e poñer o empate a un non marcador.
Xa no segundo tempo, e tras varias ocasións desaproveitadas por ámbolos dous conxuntos, nunha contra, Vladic de novo anota para os de Zagreb. Boa xogada individual do canteirán que cun forte disparo ó segundo pao batiu por segunda vez a Niemi que desta volta si que non puido facer nada.
De novo os locais estaban a remolque no encontro, mais un pequeno erro de Tudor fixo que Nihat culminara a porta baleira unha rápida internada pola banda doutro inimigo non identificado. O servizo de contraespionaxe falou de que pode ser que se trate de Tuncay, mais o Comité Xeral do Partido aínda non fixo seu este comentario.
Mais o mellor aínda estaba por chegar, xa no desconto, dúas ocasións clarísimas, unha para cada bando puideron desnivela-lo resultado final. Primeiro un remate de Koller, que gañou un balón centrado á área e que o mandou fóra canda estaba en situación de vantaxe para marcar. E na contra posterior unha gran internada e un centro perfecto de 'Franic' deixa totalmente só a Ivan Vladic. Este remata cun magnífico testarazo, máis aí Niemi fixo a parada do encontro, salvando ó seu equipo dunha derrota.
As calificacións:
Banks: 7. Ben en liñas xerais. Nos goles non puido facer nada.
Tudor: 6. Traballou a reo, mais cubrir a Koller non é doado.
R. Kovac: 8. Moi seguro, sempre vai ó corte con moito sentidiño.
Schneider: 6. Cumpliu, sen chegar a destacar.
Kalazde: 8. Moi ben. Un muro atrás e ben nas subidas pola banda.
Galásek: 6. Sobrio. Un día duro.
Van Bommel: 6. Apareceu menos do que é habitual nel.
Franic: 7. Moi ben creando xogo, e perigoso pola banda.
Shastkih(Ata min 57): 4. Moi desafortunado no remate. Traballou.
Boniek: 7. Moi ben nas axudas defensivas, un pouco espeso en ataque.
Vladic: 9. O mellor.Letal.
Olic(min 57): 5. Moi acelerado. Frea un pouco, ho!
6 comentarios:
O inimigo nom identificado é o mesmo nos dous goles no passe e na jogada individual. Trata-se do Bielorrusso Hleb.
aviso importante!!
partisano clash no se presentara este viernes a la lucha por vacaciones. si los responsables del calendario pudieran donar cierta informacion seria posible hacer un "apañito". esta tarde partisano se va a las 7, asi que desde las 4 o asi estaria disponible para jugar. tambien el sabado, no por la noche, seria posible la disputa de algun encuentro. la imformacion de que dispone partisano es:
2ª vuelta
jornada 1: swazilandia
jornada 2: asalta (ya disputado)
jornada 3: ? se ruega informacion
jornada 4: ? se ruega informacion
copa: injugable ya que debe esperar al duelo shaktar-torpedo
asi que esta anuncio pide:
desvelar sus rivales de la jornada 3 y de la 4.
que esos x rivales y swazi contesten respecto a su disponibilidad en los horarios alternativos propuestos por p. clash
saludos y disculpas
pd: peace? war!!!
Jornada 12: P.Clash vs. Pollo
Jornada 13: Torpedo vs. P.Clash
Moi boa crónica do partido, non tanto dos sucesos pontuais. Identificar inimigos resulta útil, a longo prazo. O primeiro gol do Shakhtar foi o de Nihat, tras internada de Bonhof. O segundo foi un testarazo de Hleb nun córner botado por Nihat. A ocasión marrada polo Shakhtar está moi ben descrita, como o resto do partido.
Pisáronme a crónica...
En fin, traballo que aforro. De momento seguen a estar cubertos os partidos do Shakhtar na casa.
Pedímoslle disculpas a Marko Czaliz por pisarlle a crónica. Como foi das poucas veces que o noso clube só xogou un encontro nin paramos a pensar que as crónicas as fai o corresponsal do equipo de casa.
Publicar un comentario