luns, 7 de xullo de 2008

E xa, na T6...

(Marko Czalic - Montreal)
Aínda que xa comezara cuns poucos partidos adiantados, esta fin de semana vimos de asistir ao auténtico comezo da guerra pola LPU6 e podemos dicir que non defraudou en absoluto. Igualdade, bo xogo, excelencias tácticas, erros, moitos empates, emoción e varias sorpresas adornaron o primeiro tercio da que é, polo de agora, a tempada máis aberta da historia da WIFA. E comezou con moi boas novas: o Equipo do Pobo é líder!! Louvanza ao heroe! O Torpedo xa liderara a LPU nalgún momento puntual, pero con 7 partidos desputados pola maioría dos equipos, pódese dicir que estamos ante un líder de certa significación. É certo que o Shakhtar pode acadalos no liderado (dificilmente superalos por goles) e tamén que, aínda máis facilmente, o P. Clash podería adiantalos. Pero, polo de agora, toca desfrutar en Zagreb. Desfrutar e comer callos.
Unha tempada que, polo demais, amosou a un Pollo imbatible -tamén o Clash- e tamén unha certa tendenza dos clubes a incrementar o seu patrimonio. Só Montreal, Ginzo (onde desfrutan da magnífica miscibilidade de Bergkamp e Sand e das aportacións de Malbranque e Gudjohnsen) e Reykjavík (os Tuzaros están a asinar un moi digno comezo, con Beckham e todo) pasan por leves (até a data) problemas financeiros.
Os non-canadianos, malia estar en zona de aspirantes (gracias a que teñen un partido menos, un derbi que promete espléndidas emocións) están a deixar na casa, e por moi pouco -lembremos que xa caeran pola mínima ante os trols-, grande parte do que logran fóra -cartos aparte. Vexamos como lles vai a cousa aos rusos:
X4. Shakhtar de Montreal - Swazilandia MN. Leccións de cortesía.
O primeiro tempo foi de completa incomodidade para os locais, que non eran quen de desenvolver o seu xogo, detidos pola traballada defensa negrina. Unha combinación pola esquerda proveu ao Shakhtar da súa primeira chegada, entrando Azutkin polo lateral da área. O seu pésimo centro, doado para Tressore, foi empurrado por este ás redes nun detalle que o honra -e coa habilidade que o caracteriza. A xogada non pasou desapercibida para Aleksandr Hleb, un home que é todo deportividade. Despois de ver como os negrinos facían méritos para moito máis que o empate, logo de dous remates á trabe na mesma xogada, Hleb non puido aguantar a inxustiza e autogoleou aos seus cun testarazo inapelable á saída dun córner (1-1). Así chegouse ao descanso, no que os adestradores incidiron na importancia de atinar coa porta correcta como algo fundamental mesmo por riba de amosar elegancia no campo. Os locais saíron máis conectados nun loitado segundo tempo e Hleb, que consideraba que agora si o merecían, enxergou a Park na área. O remate de calcaño do coreano (2-1) decidiu o partido en prol do Shakhtar ante un dos rivais con menos sorte da competición até o momento.
X6. Shakhtar de Montreal - Pollo FC. "Un bombardeo de fotóns".
Un bo gol de Rosenberg (0-1) no primeiro tempo, en xogada moi ben levada con pase final de Ljungberg, permitiu a uns extrañamente sólidos suecos adiantarse no marcador. O primeiro tempo foi igualado, pero no segundo, o dominio foi claro do Shakhtar, que se sabía ante un rival importante e nun momento fundamental para se despegar dos rivais. As causas de que non chegaran nin a acadar o empate pódense intuir nas declaracións dos protagonistas. Titov: "Non sei, non... estou algo confuso... chegabamos ben á frontal da área e de súpeto recibía o balón e raios marelos sulcaban o ar, sentíame mareado e logo... vía que seguía co balón e despois viña unha segunda quenda e eu xa non lembraba quen era". Xabier Clemente: "Desde fóra viuse moi claro: foi un bombardeo de fotóns". Alan Moore ten outra visión: "Unha fermosa danza do amor entre polos e homes, cos primeiros como posuídores, baixo a intensa luz verdeazulada dun crepúsculo vermello iluminado con luz artificial. Era difícil non chegar ao clímax. Paso un período moi sexual, sabe?"
En fin, todo dá a razón á WIFA. Os canteiráns son máis ñordos (abofé!) e os empates moi numerosos. Tocante ao espectáculo, un servidor considera que está a haber máis, pero iso xa é cuestión de criterio e de gustos.

RESULTADOS LPU6

AC

CM

GH

OP

PC

PF

TR

SM

SW

TZ

Asaltacunas FC

3,3

2,2

4,0

2,2

Che Marx Ltd.

0,3

2,0

Gloria y Honor

3,2

2,1

1,1

Ordem e Progresso

2,2

1,2

2,1

1,3

Partisano Clash

3,1

2,1

Pollo FC

3,2

1,1

1,1

2,2

Tuzaros de Reiquiabic

1,1

0,3

1,1

Shakhtar de Montreal

1,2

0,1

2,1

Swazilandia MN

2,2

2,2

0,0

Torpedo Zagreb

3,1

3,1

1,2

3,1

CLASIFICACIÓN LPU6

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Torpedo Zagreb

7

4

1

2

16

10

13

6

2

Pollo FC

7

3

4

0

12

9

13

3

3

Gloria y Honor

7

3

3

1

12

11

12

1

4

Shakhtar de Montreal

6

3

1

2

10

7

10

3

5

Asaltacunas FC

7

2

3

2

17

13

9

4

6

Partisano Clash

4

2

2

0

6

3

8

3

7

Ordem e Progresso

6

1

3

2

10

12

6

-2

8

Che Marx Ltd.

6

1

2

3

9

15

5

-6

9

Swazilandia MN

7

0

4

3

8

12

4

-4

10

Tuzaros de Reiquiabic

7

0

3

4

4

15

3

-11

11 comentarios:

Anónimo dixo...

O Czalic esqueceu lembrar que Nihat, con molestias, forzou a súa presenza ante o Pollo e, finalmente, perderá o próximo partido do seu equipo.

Anónimo dixo...

Sanción cada 2 amarillas ¡basta de patadas!

Anónimo dixo...

Hay que proteger a los que crean en el campo. No a los criminales.

Anónimo dixo...

Me paran a patadas. Y la WIFA no hace nada. Menuda vergüenza.

Anónimo dixo...

Bueno, basta.

Votouse -outra vez-, e punto. Se queredes, volvémolo falar a próxima tempada.

Señor Sir, deixe de empregar o bombardeo por saturación como técnica para todo. Satura.

Que conste que, vendo o reparto de cartóns, é obvio que non o pide porque lle conveña. Pero aínda así, eu que lle vou facer. Está decidido.

Anónimo dixo...

Perdón. No sabía que se había votado otra vez. ¿Cuando fue eso?

Anónimo dixo...

Pregunta a los SUACI METOD.

Acabo de meterme y he intentado hacer una búsqueda de jugadores que sólo tengan siete o más en condición y no me hace la búsqueda. Me pone todo el listado de jugadores.

¿Soy un inutil o es un fallo?

Por cierto, robo grande, me quieren hacer pagar doce rublos por Zamora, robo de los gordos, me roban ARJJJJ

Anónimo dixo...

Non, perdoe vostede, que pensei que o sabía e estaba a facer das súas. Como sabe e está rexistrado neste xornal, o troco de nº de cartóns causantes de sanción levaba 3 votos en prol e 2 en contra. Ao ser un troco de regulamento, abondaba con 3 votos en contra para que a cousa quedara en 3 cartóns. Segundo dixo publicamente o statsekretar o outro día -cando menos eu entereime dese xeito- o representante do P. Clash votou tamén en contra o que, unido aos xa coñecidos votos de Ordem e Shakhtar, serviu para impedir o troco sen necesidade de acabar de votar todos.

Anónimo dixo...

Ah, el Conciliábulo del Mal. Buena jugada, señor Getxo. Tendré que buscar otra forma de conseguir mis objetivos. Peor para todos.

Anónimo dixo...

Señor Duque, deje de llorar y robe a alguien.

Rapajk dixo...

Pois o da condición é un erro do programa, vou avisar ó Rubén.