domingo, 27 de xullo de 2008

Bergkamp e Cech

E. Galeano (Ginzo da Limia)

tirada 10: Ordem e Progresso 2 - 0 Tuzaros de Reiquiabic

Começaram mui forte os locais atacando a baliza dos de Beckham. Assim aos dez minutos um remate de cabeça de Sand, a saque de canto de Grosso, produze um barulho na raia da meta, do que Bergkamp tira proveito anotando o primeiro golo da partida. De aí em diante, domínio tímido dos locais e boas defensas dos 'fashion victims'. Mas antes do descanso, numha contra, Malbranque soma-se ao remate dentro da área e recebe umha assistência de Bergkamp ao pé; quando tinha todo a favor sofreu umha sachada por detrás de Seedorf, que é sancionado com cartom vermelho. O Neerlandês Bergkamp aproveitou para anotar o penal correspondente.

Os 'glamurosos', apesar de estar em inferioridade, acabaram dominando no tramo final, mas sem resultado. Este segundo periodo veu-se eclipsado por coincidir coa juntança da assembleia da WIFA para discutir regulamentos, da que darei conta mais logo.

tirada 12: Ordem e Progresso 0 - 0 Asaltacunas Hispalis

O que se viu no primeiro tempo no estádio Arraiano poderia ser qualificado como milagre polos siareiros limiãos (se nom fosse polo ateísmo que caracteriza a esta torcida). Houve inúmeras ocasions para os dianteiros visitantes, as mais delas nas botas de Torres que nom teve sorte no mão a mão fronte a um acertadissimo Cech que justificou o que cobra. Os de grana nom passavam do meio campo, sem conseguir ligar apenas dous passes. Os hispanos asobalharom quanto quiser mais sem materializar.

A segunda parte foi, e tinha de ser por força, mais equilibrada, já que os locais conseguíam chegar à contra. Estava claro que o que marcara marcharia cos três pontos. Mas o checo do capacete estava decidido a nom permiti-lo, foi o melhor do encontro. Na outra baliza os dianteiros do OeP tinham as luzes apagadas, ainda aturdidos polo banho que estavam a receber. Portanto, resultado final sem goles que permite aos dous clubes entrar no selecto grupo dos elegidos que conseguíram aguentar noventa minutos sem anotar.

39 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaia, agora non teño tempo de comentar todo o acontecido, así que abrevio: Kahn non aparece no SUACI. Moi ben polo de colocar os últimos resultados á dereita. Un dos mellores acertos da historia do Xornal. Parabéns a Tuzaros pola vitoria, a Swazi pola xeira e a Ordem polas crónicas e os rublos.

Anónimo dixo...

Boas vindas ao lendário Getulio Venus, lider umha semaninha mais, e sem jogar!

Anónimo dixo...

Gracias pero me llamo Victoria o Vicky, no vitoria.
Por cierto ¿qué va a ser de Gudjohnsen en el próximo draft? Por lo que veo no está jugando mucho, y los Túzaros podríamos estar interesados en una opción de compra.

Anónimo dixo...

Tomamos nota do de Kahn

Rapajk dixo...

Parabéns ó eterno rival polos resultados e as crónicas.

Rapajk dixo...

Por certo, Sr Getxo o venres falamos de modificar unha norma dos drafts, que contou coa aprobación dos seis asistentes:

- Cando se tire ó río un xogador, os rublos que recibe o equipo son o ((valor dese xogador)-1); ou ben ValorDeseXogador--;, que é o mesmo. Habería excepcións nos casos de xogadores que custen 1 ou 2 rublos, polos que o equipo recibiría eses 1 ou 2 rublos que custan.

Anónimo dixo...

Creo que entendo o atractivo da idea, pero a min paréceme mal porque:

1) Desde o meu punto de vista, a maioría das normas deben xorder como resposta a un problema, e non vexo que aquí sexa o caso

2) Máis importante que o anterior é que unha nova norma non cree un problema inexistente (ou non agrave un existente). E creo que isto tampouco se cumpre aquí, xa que sería unha norma de claro perxuízo para os "pobres". É dicir, poñamos que un equipo ten que baixar 10 rublos. O xeito en que se facía até o de agora era con moitos trocos de xogadores, buscando os máis eficientes dentro dos novos prezos que podes asumir; isto é, unha reestruturación. Con esta norma, alguén en -10 ten dúas vías: chimpar a un de 12 e coller a un de 1, que non adoita ser o que se fai e obviamente é unha grave merma do equipo, ou trocar 5 xogadores para facer unha baixada máis amortiguada. Pero se bota 5 xogadores xa non está en -10, senón en -15. Evidentemente pódese parchear a norma para evitar que resulte un puteo para os empobrecidos, pero creo que introducir unha norma parcheada que non é imprescindible non é o desexable.

Á marxe disto, como parece que estabades todos en prol, debe ser que lle viades as vantaxes moito máis claras do que eu, así que a seguir votando. Eu, de primeiras, estou en contra. Para amortiguar o crecemento dos ricos xa hai outras medidas e esta ven sendo unha especie de imposto indirecto que, ao afectar a todos por igual, o que vai facer obviamente é perxudicar aos pobres.

Anónimo dixo...

Grazias á señora de Beckham pola precisión ortográfica. Por certo, sabe o David que anda a buscar loiro novo?

Anónimo dixo...

Ah! Parabéns aos Túzaros pola súa Vicky!

Anónimo dixo...

La norma no la pensamos para joder a los ricos (ni a los pobres), sino para incentivar las negociaciones "amistosas" entre equipos, que son casi inexistentes (en vez de tirarlo al río te lo vendo a ti por su valor normal).
Otra utilidad de la norma sería crear equipos más estables y representativos, reduciendo la tendencia de cambiar el equipo entero de una temporada para otra.
De todos modos tu segunda razón es bastante potente y creo que esta norma podría joderlo todo. O pasamos de ella o la parcheamos (por ejemplo solo puedes tirar al río jugadores por el valor de tu "deuda" de quipo. A partir de ahí, todo lo que tires da -1 rublo).

Anónimo dixo...

Gudjohnsen provavelmente fique livre depois desta temporada. Mesmo se a senhora quer contar com ele antes de rematar esta campanha estou disposto a troca-lo por um meiocampista ainda que perda um rublo. Por certo que o Islandês está valorado em 8 rublos.

Anónimo dixo...

Eu estou co Getxo, e así o dioxen xa o outro día na sede da WIFA.
Non creo que sexa unha solución.
E de feito, a posibilidade das negociacións está ahí (coma está desde o primeiro) e non creo que por causa da posibilidade dos roubos existan menos negociacións que en tempadas anteriores.
Eu voto que non.
Ainda que podedes dicir que non son moi obxetivo posto que teño unha débeda de -11 rublos, así que non sei se debería ter dereito a voto.
Pero en caso afirmativo, o meu voto é NON

Anónimo dixo...

Pero en caso afirmativo, o meu voto é NON.
O "comandante paradoxo" dixit.

Eu o outro dia estava contento coa norma, mas já lhe advertim ao sr. Rapajk que nom havia que andar às presas coas normas, porque se as reflexionas um pouco atopas os detalhes.
E, efectivamente, mentres lhe explicava a norma ao comandante fum-me dando conta de que já nom era tam boa.
Nom há que esquecer os principios de simplicidade e de estabilidade das normas.

Anónimo dixo...

Yo también voto NO, por los posibles descalabros económicos, a no ser que a alguien se le ocurra un parche que no sea complicado y sí efectivo.
En lo que no estoy de acuerdo es en que las negociaciones ya están ahí. No sé como era en el pasado, pero hoy por hoy negociar por un jugador es una absoluta gilipollez salvo casos muy excepcionales y siempre dentro de la temporada. En época de draft no sirve para nada, no aporta ninguna ventaja y no hay ninguna razón objetiva para hacerlo.
O robas o compras jugadores libres ¿Para qué negociar si lo que vas a obtener es o el mismo precio que si robaras (probablemente todavía peor, pues te cargas el factor sorpresa)? A no ser que el vendedor sea memo y prefiera vendertelo por menos que tirarlo al río...

Anónimo dixo...

No tengo centrocampistas a la venta. Como mucho si te interesa Veron (8 rublos), que puede jugar de mediapunta, centro o CCD.

Anónimo dixo...

Outro dos assuntos no debate do outro dia, foi o do 19º jogador.
O representante túçaro reparou em que fazer-se cum jogador a maiores dos 18 permitidos pagando 4 rublos é um pouco caro.
Vamos, que pode ser mais interessante fichar um 'jogador-monstro' antes que aumentar o elenco cum 'jogador'.
É certo que contar com mais jogadores por acima dos 18 é umha vantagem, mais até que ponto?
As propostas que saíram iam encaminhadas a fazer o aumento mais acessível, por exemplo 3 rublos, ou umha percentagem do valor do jogador que se adquire...

Anónimo dixo...

Umh, segundo parece Verón nom atrai muito neste momento, mas Zoff nom quer deixar essa porta fechada.

Anónimo dixo...

Sei que parece paradoxal que eu diga isto agora, mas as negociaçons, nom tenhem porque ser necessárias.

Anónimo dixo...

No, no tienen que ser necesarias. Lo único que digo es que salvo para hacer un cambio durante temporada, a efectos prácticos no tiene razón de ser.
No tengo ninguna idea, pero lo que sí sería interesante es que se pudiese hacer algún sistema de negociación que fuera una alternativa real al robo (como existen en la realidad, es mejor negociar con un club que pagar la clausula de recisión por tus pelotas).
De todos modos no tiene que ser para ahora, y de hecho no sé como se podría hacer sin complicarlo todo

Anónimo dixo...

¿Alguien me puede decir si lo de Edu es un error o no? Puede que importe durante el draft.

Anónimo dixo...

Si, Edu, vale 5, como ti indicabas (acabo de lelo). É un erro que eu puxera 4. Debíase ao coñecido "efecto CLT" (se te fixas, restándolle 10 puntos, vale 4). Escapoume cando repasei a lista na busca deste problema, como me acontecera tamén con Galasek. De todos os xeitos, por sorte, non varía a clasif. econ., cando menos en quen son os 3 últimos, aínda que obviamente o teu equipo é agora un rublo + caro.

Anónimo dixo...

Non me parece mal que o 19º xogador custe 3 rublos, era a outra cifra que manexaba cando propuxen 4. Se vos parece mellor, adiante. Non sei se falastes o mesmo para clásicos ou non. O da porcentaxe non me parece ben, porque podes fichar un 19º xogador de 1 rublo (polo que pagas 1,00001 rublos) e logo, no draft, o trocas por un de 13 rublos polo que non pagaches a parte proporcional. Decidiramos poñer unha cantidade fixa porque se trata dun dereito cuase-permanente que adquire o equipo, pero non é inherente ao xogador.

Anónimo dixo...

Sobre a famosa norma, cada vez máis complexa, o Sir tivo algunha idea boa para o seu parcheamento, aínda que a min segue sen me parecer necesaria ou máis útil que os problemas que provoca. Como parece que cada un lle ve unha vantaxe distinta, fago un resumo:

1) Se queredes (e é unha pregunta; eu nin quero nin deixo de querer) incentivar as negociacións, penso que hai outras vías: por exemplo, suprimir o mini-draft invernal. Deste xeito, o comezo dunha tempada practicamente pecha (non sendo que alguén xunte os cartos para mercar un xogador "a pelo") o mercado. É dicir, durante a tempada, o mercado redúcese aos xogadores que hai na liga. Unha tempada é bastante longa, pero media é moi curta. E claro, ante a perspectiva dun draft que é sempre seudo-inminente tampouco paga a pena comer a olla con xogadores que igual non están en venta, se os hai parecidos e libres. Pero se quitamos o draft de inverno e alguén quere facer trocos, terá que escoller do que hai na liga. Insisto en que é unha idea por se queredes aumentar as negociacións.

2) Para o obxectivo de frear a suba escalonada dos equipos, insisto en que para min non é un problema. É lóxico que os equipos que gañan rublos melloren. O problema é que os máis caros sexan os que máis melloran, e iso xa leva, coa normativa actual, un forte amortiguador. Limitar o crecemento de todos por igual (con esta norma en particular, cando menos) significa por unha banda que os equipos con menos valor en rublos tardarán moito máis tempo en abandonar o fondo da clasificación económica. E, por outro, segundo o falado, que haxa algúns equipos que facilmente poden verse na obriga, sen pretendelo, de manter o mesmo plantel 3 tempadas seguidas. E este non sería un problema de ricos, senón de pobres/medios-pobres. Paréceme que como restrición é esaxerada contraposto ao que nos ofrece a norma. Claro que eu non vexo o que nos ofrece. Porque insisto en que a min me parece que só paga a pena limitar as subas dos ricos.

Bueno, aos que estabades alí, perdón por repetirme coa miña brevidade habitual.

Anónimo dixo...

Hay a quien le gusta escucharse a sí mismo...

Anónimo dixo...

Si quereis una alternativa para que haya más negociaciones, propongo lo siguiente:

1) Las cesiones no contarán para el máximo número de jugadores del equipo.

2) El extra por compras (no robos) por encima de 18 jugadores que se hagan a otros clubes costarán uno menos. (Ver punto siguiente)

3) No se guardarán más los derechos de tener un jugador por encima de 18. Cuando se compre un jugador por encima de 18, se pagará el extra SIEMPRE.

4) Coste de jugadores por encima de 18:
Valor del jugador (Coste Extra)
1-5 (+1)
6-9 (+2)
10-13 (+3)
14 ó + (+4)

Anónimo dixo...

Si quereis, además se puede hacer que los canteranos suban un poco (poco) más si están cedidos en otro equipo. Eso potenciaría la creación de canteranos, las cesiones (pagando para que se lo lleven y lo hagan jugar, claro), y puede que incluso las ventas (si te encaprichas del canterano que estás subiendo).

Rapajk dixo...

Varias cousas:

Por unha banda, unha cousa que dixo onte o Sr. Getxo é moi certa: Evitar a escalada 5-7-9 etc parte dunha premisa da que eu non me decatara, e é que así é como se melloran/empeoran (no caso da inversa 9-7...) os equipos. Os da LPU coma calquera outros de calquera deporte. Polo tanto xa partindo deso creo que non ten moito sentido facer unha norma que modifique iso.

O que comenta o Sir, eu estou dacordo co punto 1, mais non entendo o por qué de pagares sempre o do xogador 19. Xa é bastante difícil que alguén o pague tal e como están as cousas agora, para qué subilo máis?

Rapajk dixo...

E o das cesións de canteiráns é bastante interesante. Un equipo que xa non se xogue nada pode obter un lixeiro beneficio por 'entrenarlle' o canteirán a outro.

Anónimo dixo...

El motivo para pagar siempre por el jugador 19 es para poder jugar con eso a la hora de hacer negocios. Para que no sea tan costoso se establecen precios diferentes (en realidad, más bajos, por lo general) dependiendo del precio del jugador. Y esto permite además coger jugadores suplentes más fácilmente. Es decir, que los equipos tenderán a coger jugadores más baratos no sólo por el precio, sino porque el precio de compra por jugador extra también es menor.

Anónimo dixo...

A uns gústanos ouvirnos (e, como finalidade secundaria, informar a xente que participaba na conversa pero que estivera ausente en parte dela) e a outros disparar normas con ametralladora sen pararse a mirar se fai falta algunha. Creo que esta tempada pasou moi rápido e non nos deu tempo a montar un cristo reulamentario con base sólida. E claro, agora nótanse as presas. Eu que sei, facede o que vos pareza, porque eu non entendo nada: nin de que problema parten as iniciativas, nin que vantaxe efectiva (non teórica) reportan, nin de se se están a considerar os efectos secundarios. Eu penso que suprimindo o dereito cuase-permanente ao xogador 19, o que se consegue é que ninguén o fiche ou ben que, quen o fiche, acabe por caer na conta de que cometeu un grave erro.

Tocante ao tema das cesións de canteiráns, non sei se haberá alguén disposto a hipotecar a súa tempada por un par de rublos se o xogador vai marchar; eu desde logo, non. De todas formas igual é interesante se se dimensiona ben, pero habería que andar con ollo (é dicir, para que o propietario do canteirán puidese dar a pasta suficente para que a outro equipo lle cundise cargar cun lastre do calibre dos canteiráns, as súas perspectivas de mellora terían que ser moito máis altas que agora, o que pode significar unha dificultade respecto dos cálculos realizados para o nivel final dos canteiráns). Se eu cedo un canteirán non vou pagarlle a outro para que me suba 3 puntos por partido no canto de 2. Págolle se así consigo que a súa probabilidade de suba alta sexa dun 50%, no canto de ser dun 25%. E iso é moito, porque os cálculo están feitos para o 25. Corremos o risco de recuncar aos canteiráns monstro.

Sobre as negociacións, de novo engado que eu non dixen que quixera potencialas; e ademais eu creo que no actual sistema pode habelas. Pero sigo crendo que o mellor sistema dos propostos, se é que tedes por obxectivo aumentar as negociacións, sería suprimir o draft de inverno. Se na sétima xornada estou en +6, é moi probable que me poña a fichar antes que perder os cartos. Tamén é moi probable que atope un equipo en -3 disposto a venderme un xogador con tal de enxugar a débeda. Eu pásolle un de 6 e os 6 rublos e el dame un de 9. Eu mellorei o equipo dentro das posibilidades que había e el subsanou a débeda malia empeorar o equipo.

O rollo é que o venres non podo ir ao Grande Debate, así que xa me comentaredes. Pero eu tocaría o menos posible. O que creo que sería bo tocar xa o dixen hai tempo. Unha das cousas parece que foi rexeitada malia que alenta prácticas mesquiñas e ademais seguindo una filosofía contraria á habitual, que foi "non creo que ninguén o faga, por tanto non o regulemos". A outra, a de que non se poida roubar aos de abaixo da clasificación, nin sequera sei que foi dela. Parece que anda por aí latente, pero non se definiu resposta. Para o resto de propostas, quitando quizais a de cesión de canteiráns -aínda coas dificultades que lle vexo-, non estou certo de saber cal é a base nin comprendo as melloras, ou simplemente estou en desacordo co que pretenden. O de suprimir o minidraft propóñoo só porque hai xente que quere avivar as negociacións entre equipos (Diego, creo), o cal podería ter gracia, pero non me parece prioritario.

Anónimo dixo...

Oiga, en cuanto a lo de disparar normas:

a) Las normas anteriores no eran mias.

b) Se han pedido otras ideas (lea los comentarios anteriores)

c) Que a usted le importe un comino lo que los demás opinen o sus preocupaciones no obliga a los demás a hacerle caso alguno, en todo caso al contrario.

d) Que las normas no hagan falta o no lo juzgarán los demás, no usted. Por si no lo recuerda, usted mismo incluyó una NORMA, con mayúsculas, la de los canteranos, que no hacía falta alguna y que aun nos da dolores de cabeza. Por capricho, además.

Anónimo dixo...

Paso de batallas manipuladas e infrutosas. Como dixen, facede o que vos pareza, que eu non vou estar. Xa votarei despois.

É obvio que todo o que me achacas é trola, pero como dubido de que ninguén estea interesado en ler outra regueifa do carallo, paso de me xustificar; non hai motivo.

Anónimo dixo...

Ah, sí, la norma de no robar a los equipos que están por debajo. Esa regla parece que SÍ hace falta. Supongo que porque es SUYA. Porque nadie había reparado en un tal agujero en las normas.La megalomanía que padece es grave. Medíquese.

Anónimo dixo...

No sea cobarde y luche.

Anónimo dixo...

Hehehe

Se cre que é a primeira vez que me acusan de megalómano, trabúcase máis que coa súa visión da normativa. Non vou loitar. Paz, irmán.

Hehehe

Hehehe

Rapajk dixo...

A miña opinión sobre o que comentades:

-A cesión de canteirás paréceme moi ben. Xa digo, se a falta de por exemplo 5 partidos un equipo non se xoga nada pode interesarlle adestrar a un canteirán doutro clube a cambio dalgún rublo. Eso si, penso que a mellora debería ser a mesma que se xogara no clube de orixe, polo tema de que non se disparen.

-De boas a primeiras eu non suprimiría o draft invernal, sobre todo polos equipos que van peor clasificados ou teñen negativos. É a mellor opción de trocar algo se non teñen posibilidade de negociar, ben sexa porque non lles chegan ofertas, ou as que lles chegan non lles amañan nada.

-No de pagar sempre o xogador 19, teño unha dúbida. Por exemplo, eu teño 18 xogadores e ficho a Ambrosini que é un crack da reostia e creo que vale 2. Pago 2 + a cantidade que corresponda e teño 19. Logo chega o draft e boto a Olic para fichar a Rapaic. Esta fichaxe conta coma xogador 19?

Rapajk dixo...

A norma de que non se lle poida roubar a equipos que estean por debaixo penso que habería que mirala un pouco. Pregunto, aplicaríase nos dous drafts?

Anónimo dixo...

En su duda sobre Olic, sí, contaría como jugador 19 y habría que pagar el extra. En el caso de Rapajk supongo que sería 1.

Rapajk dixo...

Nese caso a ver que opina a xente pero de boas a primeiras penso que o que vai facer esa norma é que ninguén colla un xogador 19, ou só colla un nun momento puntual e logo quede con 18.