luns, 7 de xullo de 2008

Novas de Zagreb : 'Loor ós Heroes'

(Redacción)

Previously, on Heroes...

O noso clube ven de asinar o seu mellor comezo de liga da sua historia. A man de ferro de Boniek (Hail Polska/Poland!) está a da-los seus froitos, e semella que desta volta as árbores veñen cargadiñas. Unha vez confirmado o 3º posto na LPU da T5 (Récord para o Equipo do Pobo), presentan a sua candidatura á LPU da T6.

O propio Boniek manifestou en rolda de prensa hoxe á mañanciña 'Si señor, estamos tundando ó capitalismo onde máis lle doe' e tamén dixo que 'Ración dobre de callos para todos!. E isto non remata eiquí!' e 'O mellor xogador polo momento? O bloque, se dúbida'. E algunha frase que invitá á reflexión: 'Non haberá piedade. Imos marcar un cento de goles.'

O Estadio do Pobo a día de hoxe é un fervedoiro. O Comité do Pobo para Vitorias Futbolísticas (C.P.V.F.) ven de aprobar por unanimidade unha ampliación das bancadas para que os trunfos dos "muchachos" poidan ser vistos pola maior cantidade siareiros posible.

Houbo tamén comentarios sobre futuras fichaxes no draft de decembro. 'Si, na axenda do Torpedo hai algún vello coñecido. Pero sobre todo andamos á procura de xente involucrada na nosa loita.'


Política local

Por outra banda, o Comité Antiroubos do Pobo (C.A.P.), ven de anunciar que porá gardaespaldas ós xogadores no noso clube. O camarada Favalli amosouse moi ledo por esta nova xa que, segundo as suas propias verbas: 'Temo pola miña liberdade. Menos mal que o Estado vela por todos nós.'


E moi pronto, no Xornal...O OIL!!!

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Shh! Non o digas, oh! Non ves que os que saíron na publicidade de principio de ano son os preferidos dos ladróns... Zeljko Kalac está moi amolado e tamén pasa medo.

Por certo, que ben lle acaen os comités ao entorno do Torpedo.

Vyatcheslav Azutkin expón unha dúbida: "Canto tempo de non-roubabilidade teñen os canteiráns?" comenta o entrañable Viachi, moi prometedor e de certo na mira de varios equipos. A verdade é que todo o mundo no vestiario comparte a impresión de que xa se falou, pero ninguén está certo de en que sentido. A priori parece lóxico que non sexan roubables (si vendibles) até a fin da súa fase formativa, pero isto non está claro, pois non se sabe como o verán as cúpulas dos restantes clubes. Unha razón obvia é que aqueles que non sacan canteirán teñen un xeito moi simple de especular, xa que sacalos custa 2 e roubalos, en principio, tamén 2. Co que, se hai algún rapaz prometedor á vista, pódeno fichar polo mesmo valor e sen correr o risco, ocasionando perdas aos 'valentes'.

Anónimo dixo...

Pues qué curioso que lo comente, porque eso mismo quería hacer yo. Mi plan era comprar a Fidel al acabar la primera temporada (cuando ya se hubieran gastado partidos con él y aun fuera muy barato) y luego dejarlo encerrado en un sótano los siguientes dos años. En fin, tendré que buscarme otro plan.

Anónimo dixo...

Sigan intentando anticiparse a mis movimientos. Me divierte.

Anónimo dixo...

Sir, acaso no es usted consciente de que F. Castro es un producto de la REVOLUCIÓN? Nunca jamás se irá a otra parte, y menos a un lugar donde existan otros dictadores y a él no le dejen hacer ese papel en la historia.

Anónimo dixo...

Ei, Sir, o de Castro dío en serio? É dicir, tiña un plan?

Anónimo dixo...

En realidad no. Los planes son para los perdedores, pero yo siempre digo que tengo uno para engañar. La cuestión no es tener plan alguno, sino tener herramientas que permitan enfrentarse a cualquier eventualidad y aprovechar cualquier ventaja. Herramientas y una mente tortuosa, claro.