martes, 1 de xullo de 2008

Burocracia: A Secretaría dixo:

(Redacción)
O Sr. Staatsekretär e o Sr. Getxo indicannos o seguinte:

Resumo de decisións tomadas (pendentes de ratificación total en base a que non había quórum) na derradeira sesión -até a data- da Asemblea da WIFA:

1) Os roubos que poderá sufrir un equipo serán de até 2 por tempada (máximo). As tempadas comezan e rematan oficialmente no instante inmediatamente anterior ao "draft inicial".

2) O prezo dos roubos será como se describe: para xogadores que teñan por prezo 8 ou menos rublos no instante do roubo, prezo máis 1 rublo. O xogador pasará a estar blindado pola cantidade pagada (valor2 = valor1 + 1 rublo) e o roubado recibirá só o valor1.
Para xogadores de 9 ou máis rublos o prezo do roubo será o do xogador + 2 rublos. O novo valor do xogador será como antes (valor1 + 1) e o roubado recibirá o mesmo que antes (valor1). O rublo sobrante disiparase do sistema, indo ao peto do xogador roubado a xeito de suborno por traizoar as súas cores.

3) Será obrigatorio poñer un mínimo de 45 minutos aos canteiráns para que lles conte a suba, non existindo a posibilidade de poñelos 20 minutos para que experimenten 1/2 de mellora. Esta posibilidade queda aberta para vindeiras tempadas. A base da negativa maioritaria dos presentes asentábase en que a decisión de sacar canteirán tomouse sen coñecerse este dato, con posible perxuízo para aqueles que non o sacaron, de aplicarse agora. O representante do Shakhtar mostrou aberto e excelentemente argumentado desacordo con esta decisión.

4) Abriuse de novo a cuestión dos cartóns amarelos, propoñéndose que pasen a ser sancionados os xogadores que reciban 2 e non 3 ou, en caso contrario, que se retiren. Lembrouse aos asistentes que esta votación xa fora efectuada en presencia de quórum, polo que de momento mantéñense os 3 cartóns até novo aviso.

Os puntos 1) e 2), por corresponder con decisións que, derivadas do troco de sistema, é imprescindible tomar nun sentido ou outro, aprobaranse de contar con maioría simple. Os puntos 3) e 4), por corresponder con variacións regulamentarias, deberán ser refrendados por 8 representantes de equipos membros, de tal xeito que o punto 3), por ter xa 3 votos en contra, queda automaticamente desbotado, mentres o 4) podería sufrir modificación xa que, polo momento, conta con 3 votos en prol do trco e 2 en contra.

1 de xullo de 2008 16:59

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Que profesionalidade -e que excesiva profesionalidade! Todo por triplicado, como corresponde aos burócratas de ben. No 'debe' do responsable da publicación apunto que o señor Getxo -menos aínda o señor Gexto- non ten nada que ver coa redacción e publicación do devandito documento, xa que o señor Getxo -menos aínda o señor Gexto- carece da burocrática alma necesaria para emprender semellante tarefa.

No demais, o señor Getxo -supoño que tamén o señor Gexto- agradece a publicación da nova pola importancia do seu contido e a marcada e comprensible tendenza de moitos lectores de prestar maior atención ás novas do que aos comentarios.

Anónimo dixo...

A redacçom do jornal comete co sr. Galeano o mesmo erro que co senhor Getxo ('Gexto' segundo a moda).
Nom duvido da boa fe do redactor, mas nom deveria confundir ao senhor subsecretário (staatsekretär) co correspondente do jornal em Ginzo (Galeano) nem co porta-voz da Assembleia do OeP (Handicap, 'h' segundo a moda).
Atentamente: Handicap.

Anónimo dixo...

Decididamente, aqui hay problema de personalidades múltiples. Y ahora aun encima os las prestais unos a otros. O las robais, como ocurrió con Demagogo. Propongo ser un poco más claros y limitar los seudónimos a menos de dos. Por si no queda claro, propongo uno (1) por presidente.

Anónimo dixo...

Si, eu entendera menos de dous, aínda que iso deixa tamén a opción de non facer acto de presenza. Verá vostede, en realidade é moi simple. Eu son un seareiro do Shakhtar e controlo de todo; unha especie de Ramoncín da WIFA. O Shakhtar adoita facer os comunicados por medio do xogador encargado, que rota semanalmente, ou ben a través do xornalista Marko Czalic, correspondente en Montreal, se dá en enterarse do que acontece con anterioridade ao comunicado oficial do clube. Confundir estes personaxes co secretario da WiFA é un claro erro, por canto este é imparcial e non está vencellado a ningún clube en particular. O caso do Ordem xa foi explicado por h.

É dicir, nada de personalidades múltiples: aquí o que hai son varias persoas, ben diferenciadas.

Anónimo dixo...

Por certo, para "pregúntalle a Marko": quen é o peor futbolista do mundo?

Anónimo dixo...

O peor xogador do mundo é o centrocampista togolés Langueh, atendendo ao método SUACI, que suma 1511 puntos. Nunha liga de players destacaría polo seu tremendo patetismo. Viva Langueh!

O peor porteiro, moito mellor que o tal Langueh, así e todo, e o seu compañeiro da selección togolesa Pedomev. Viva Togo!