(Redacción)
Non sabemos que pasa dende hai un par de tempadas, mais o noso clube non é quen de pasar de primeira rolda nos torneos do K.O. Lembremos que foi un grande da Kopa, aínda sen gañar ningún título os seus números facían tremer ós seus inimigos.
Imos centrarnos no encontro de ida, onde comezou a debacle torpedil. Un encontro moi desputado, onde os visitantes se fixeron co dominio do mediocampo ben cedo. E o Torpedo? E o líder daquela xornada da LPU? Onde anda?. Pois anda fozando, cousa que non fai mal, mais iso non é dabondo cando un conxunto quere ter opcións serias de facer algo grande.
Quizáis o máis estrano é que os dous goles canadianos chegaron en dous erros de Banks. Mais tamén hai que dicir que os "muchachos" nunca fixeron nada para merece-la vitoria, como moito o empate, e graciñas.
Individualmente, habería que falar do 'amigo do Canadá' Shastkikh. O seu desperdicio de ocasións fronte o Shakhtar vaise converter en lenda. Semellaba que o da liga xa lle chegara, mais este rapaz nunca ten d'abondo.
No encontro de volta houbo serias opcións de remontada, mais á contra o inimigo fíxose valer e rematou levándose por diante ós de Boniek. Eso si, agardaremos a crónica deste encontro do Sr. Czalic.
2 comentarios:
Moi bo, o do 'amigo do Canadá'. Ten un colega exipcio, polo que parece se se atende ao que di o presidente. Ah! E graciñas por me espertar. Realmente non lembraba que tiña traballo pendente. O titular é axeitado, tamén. Non adoito dicilo pero bo rapaz, este bolseiro. Non será croata, non? Os xornalistas croatas sonlle os mellores.
Ay mi querido rapaij
Recuerda que el Asaltacunas fue durante muchos años una mera comparsa en la Kopa, pero todo era una táctica subliminal para no gastar fuerzas y conseguir la liga (y nos dio resultado tres años)
Así que, aprovecha el descanso que te genera esa pronta eliminación para tundar en liga
Publicar un comentario