E. Galeano (Ginzo da Límia)
2ª tirada; Ordem e Progresso 2-1 Swazilandia MN
Partida durissima como todas as correspondentes a esta T6 que começa. O centro do campo era todo de Kalusha, o melhor do partido. Em ataque as duas equipas tiveram poucas ocasions mas bastante boas para marcar. A defensa do Ordem mostrou-se impotente ante o temível Ubembe, que nom teve sorte no remate. Os locais só criavam ocasions com tiros distantes ou ao contra-ataque com Grosso pola banda esquerda e com Bergkamp, mui só, pola direita.
Os golos chegaram todos na última meia hora. Primeiro foi Sand ao empurrar a porta vazia um passe generoso de Bergkamp. Depois os homens de Will (com ele à cabeça) tiveram que botar-se arriba. Um balom colgado sem muito perigo, que cai a um lateral fora da Área, é golpeado por Cech sem jeito nemhum, convertendo-se numha assistência para Kalusha, que assinaria o empate desde mais de 30 metros cum golpe suave e centrado. Quando todo o mundo já apostava polo empate, Sand meteu o gol da victória no minuto 89 a passe de Malbranque, após umha galopada com passe da morte incluída do incansável Grosso.
Zoff nom se apresentou contente ante os meios, já que; "Em 180 minutos permitimos 4 goles, carafio! A sorte nom vai cair sempre do nosso lado, nom ho!" protestou. Enquanto aos rumores que achegam a Petr Cech a um dos grandes, nom quis fazer declaraçons, "A liga apenas começou e já estamos com essas andrómenas?" foi o que replicou.
2ª tirada; Ordem e Progresso 2-1 Swazilandia MN
Partida durissima como todas as correspondentes a esta T6 que começa. O centro do campo era todo de Kalusha, o melhor do partido. Em ataque as duas equipas tiveram poucas ocasions mas bastante boas para marcar. A defensa do Ordem mostrou-se impotente ante o temível Ubembe, que nom teve sorte no remate. Os locais só criavam ocasions com tiros distantes ou ao contra-ataque com Grosso pola banda esquerda e com Bergkamp, mui só, pola direita.
Os golos chegaram todos na última meia hora. Primeiro foi Sand ao empurrar a porta vazia um passe generoso de Bergkamp. Depois os homens de Will (com ele à cabeça) tiveram que botar-se arriba. Um balom colgado sem muito perigo, que cai a um lateral fora da Área, é golpeado por Cech sem jeito nemhum, convertendo-se numha assistência para Kalusha, que assinaria o empate desde mais de 30 metros cum golpe suave e centrado. Quando todo o mundo já apostava polo empate, Sand meteu o gol da victória no minuto 89 a passe de Malbranque, após umha galopada com passe da morte incluída do incansável Grosso.
Zoff nom se apresentou contente ante os meios, já que; "Em 180 minutos permitimos 4 goles, carafio! A sorte nom vai cair sempre do nosso lado, nom ho!" protestou. Enquanto aos rumores que achegam a Petr Cech a um dos grandes, nom quis fazer declaraçons, "A liga apenas começou e já estamos com essas andrómenas?" foi o que replicou.
24 comentarios:
mui útil a ligazom ao wifasts, que grande redactor tem este jornal.
Logo Kalusha é o MVP? Desta volta non é Joaquín?
Bueno, 5 partidos, 5 crónicas. Vaia cracks os xornalistas. Tamén desexo felicitar á redacción polo link ao SUACI.
E que ben, que siga a igualdade.
Por certo, por sabotear a estratexia da discreción do Ordem, quero sinalar que os de Zoff lideran actualmente a competición con 4 puntos, cando 4 equipos xa xogaron 2 partidos, 2 xogaron 1 e 4 están por estrear.
E, falando disto, 7 presenzas foron confirmadas -8, contando a ilustre visita do representante de Análisis Matemático-, até onde sei, para a xornada do venres. Fáltanos coñecer as intencións de babudos, partisanos e maricas. Un cheo sería estupendo, para dar un inicio por todo o alto á LPU6 e empezar a definir as apostas.
Ademais, o Pollo podería así poñer en xogo a súa Kopa do Ídem.
En fin, se se produce o tal cheo habemos ver se os xornalistas son tan bos ou andan a fardar porque até o de agora resulta doado.
Non sei que carallo pasa cos prezos SUACI, pero os xogadores Lee Chun Soo, Joaquín e Zalayeta, que eu calculara con valor 5, aparecen alí con valor 6. Procedo a facer as pertinentes comprobacións mais, no entanto, que ninguén tome por definitivos os prezos de equipo. Gracias.
Moi boa crónica, si señor. Un pouco globalizadora, pero iso xa é cuestión de estilo narrativo.
Por certo, sobre o S.U.A.C.I., Humberto xa ten líbero coma posición principal e segue a valer 9.
ostia, pois non, agora Humberto vale 11!. ¿?
...que se tranquilizara un pouco ao entender a natureza do problema pero que volveu desquiciar tras ler a mensaxe de Rapajk, dixo:
Como que "segue" a valer 9? Se o problema era que valía 10 cando riña que valer 11... @]#[[@
Ademais é trola. Humberto vale 11; está correcto.
Por outra banda, Zalayeta, Joaquín e Lee Chun Soo valen finalmente 6 rublos. Falei co Creador e decatámonos de que a razón de que estiveran infravalorados inicialmente débese a un erro da páxina amiga pesstats (feita por amateurs) que ten un erro coa posición de CLT, que non considera. Deste xeito, todos os xogadores coa posición de CLT, xa sexa como principal ou secundaria, valen 10 puntos máis do que a secretaría calculara inicialmente. Como se daba a circuncisión de que os 3 xogadores mencionados se atopaban no límite dos rangos 5-6, este "pequeno" erro tiña grande influencia sobre eles. A continuación procederase a repasar a todos os xogadores pertencentes á liga que sexan tamén CLTs, coa fin de dar un axuste definitivo a prezos. Gracia ao señor Rapajk pola eficiente actualización de datos. non é culpa súa non saber ler.
por certo, a posiçom 'clt', que vem sendo? Centro Campista, nom?
CLT='Centrocampista lateral'
Psá. Media liga. 14 xogadores suben de prezo.
Pinzi 4
Yeste, Quaresma, Hamit 5
Lee, Joaquín, Zalayeta, Munitis, Davids 6
Borowski 7
Park, Bonhof, Beckham 8
Seedorf 10
A C.E. queda, pois, a falta de coñecer a valoración de Ernesto, que se lle está a atragoar ao bolseiro:
1º Sexy 126
2º Che e Ordem 114
(o valor de Che é provisional, cun estimador á baixa de 8 para Ernesto)
4º Shakhtar 106
5º Torpedo 104
6º Asaltacunas 103
7º P. Clash e Swazi 102
9º Pollo FC 100
10º Gloria 99
Agora debe estar ben, xa que o canónico Pollo asume o canon cegesimal. Parabéns ao Gloria, equipo dos humildes por fin.
Sí. De los humildes. Pero es casualidad, no es porque tenga un plan ni nada.
Xa... esa era xustamente a impresión que eu tiña.
ERNESTO...
ERNESTOOO...
ERNESTOOOOO...!
Á noitiña o subo, agora estou traballando. Desculpen as molestias.
De: Redacción do Xornal, dpto. S.U.A.C.I.
A: Secretaría da WIFA
Ernesto xa está no S.U.A.C.I (stop) rogámoslles comproben (stop)
Un cordial saúdo (stop)
Actualizacións de hoxe no S.U.A.C.I.:
03/07
FEITOS:
Tootega, Ernesto
ACTUALIZADOS:
Xavi,Abidal, Yaya Toure,Igor Czalic
DUPLICADOS AMAÑADOS:
Klose
Boas noites estimados compañeiros.
Acabo de ler todos os post, e hay un par de temiñas.
Por unha banda, CONFIRMO a presencia do equipo dos babudos o próximo venres na sede oficial da LPU pra comezar a T6.
Por outra banda.....non sei como carallo fago, pero sorte que ao final está tamén o equipo dos maricas (coma ao parecer lle dereon en chamar) este ano, porque senón outra vez voltaría a ter o equipo máis caro da LPU......non sei como me amaño, pero sempre que hay reestructuración de sistema acabo estando por eses lares.
En fin, vémonos mañá á noitiña
Aledámonos da presenza dos babudos. Respecto a como fan para ser tan caros, penso que é collendo bos xogadores.
Por certo, señor Rapajk, bo traballo e gracias polas achegas. Desde logo hai que ver o axiña que cae a noite en Zagreb. Ás 18:49 semella algo lonxano, case remoto, mentres ás 19:26 xa non se vé a 3 pasos. De feito hai un dito por alí segundo a cal a noite non cae, desplómase. Unha vez aplastou un autobús dun instituto da ESO de Majadahonda (Madrid), que pasaba por alí.
Grazas ao extraordinario traballo da redacción do Xornal podemos dar por fin a C.E. definitiva de principio da T6:
1º Sexy 126
2º Ordem 114
3º Che 113
4º Shakhtar 106
5º Torpedo 104
6º Asaltacunas 103
7º P. Clash e Swazi 102
9º Pollo FC 100
10º Gloria 99
Debo entender entonces que o prezo definitivo de Ernesto é de 7 rublos?
Porque si cunha estimación "á baixa" de 8 rublos, o valor total do equipo era de 114 e agora o valor é de 113....
Entendo a súa sorpresa; igual ou maior é a da secretaría. Pero efectivamente, Ernesto vale 7 rbs, segundo o SUACI.
Error no Wifasts
Carrazedo nom tem a posiçom de central!
Como se desempata la C.E.?
Es importante por lo de los tres ultimos...
Yo propongo desempatar por la lista de jugadores.
Eu penseino onte. Non hai moito opinaba que había que o mellor era ser cabrón. Empate no 3º posto, os dous eran ricos. Empate no 7º, os dous eran "normais" tamén.
A túa idea, se entendo ben, referiríase aos xogadores máis caros. O que tivera ao + caro sería considerado máis rico a igualdade no total. De empatarse no + caro, desempataría o 2º + caro, etc. Paréceme boa idea.
Eu pensara en desempatar pola clasificación LPU: o que vai por diante é máis rico.
Como o criterio de desempate é algo "marxinal" -se ben é necesario- váleme calquera das 3 opcións, sobre todo se vós vedes que hai diferenzas moi notables entre un método e outro e considerades moito mellor unha cousa determinada.
Relacionado con isto, e non sei se xa falado, aínda que semellan levemente en desuso, están as Kopas Kopec (gracias a elas, en parte, nunca se deu esta situación hipotética de empate). Ao devaluarse o rublo, eu proporía que quedaran como estaban pero permitindo apostar até 0,5 rublos. É evidente que se poden apostar valores intermedios, pero o certo é que ter decimais tipo ,3 ou ,8 era un coñazo. E se deizamos apostar até ,5, pois unha kk equilibra a outra e así andamos máis usualmente en valores enteiros, que é menos coñazo tanto para levar as contas como para o propio xogador (claro que se alguén quere apostar 1 kópec pódeo facer igualmente e autoencularse con liberdade).
Despois os "extras". Propoño deixar en 4 rublos o engadido por 19º (e sucesivos) xogador e tamén o de 5º clásico (e sucesivos). Como sempre, isto convírtese en dereito adquirido até que se perda voluntariamente. Como sempre, tamén, é acumulativo: se alguén quere tirar os cartos pode fichar un 5º clásico que sexa á vez o xogador 19, pagando 8 rublos extra, xa que está a adquirir os dous dereitos dunha vez.
Publicar un comentario