(Marko Czalic - Montreal)
Pois si, case esquecera que teño un traballo; claro que non é de todo culpa miña. Que axiña nos afacemos os humanos, mesmo os máis grandes de entre nós, á boa vida. En fin, que preguiza.
Contento e preocupado chegaba o Shakhtar ao estadio das súas eivas nesta T6 que lle está a devolver, cando menos sobre o campo, un lugar entre os máis grandes da WIFA. Contento porque na ida vencera 0-2 ao glorioso Torpedo nun partido igualado, no que o destino premiara aos mangostas até o punto de facer errar a Banks. Contento tamén porque o inesperadamente útil Aleksandr Hleb anotara o gol 300 da historia do seu clube en competición oficial, nunha xogada individual pasmosa na que tomou até 5 decisións erradas, todas elas con éxito. Contento, por fin, pola presenza de Shatskikh. Preocupado, por outra banda, porque en toda a tempada só fora quen de gañar 2 partidos na casa. Preocupado tamén porque o xogo do Torpedo, rival moi directo da LPU, se lles estaba a atragoar ultimamente, incluíndo o agónico empate a 2 acadado recentemente en liga. Preocupado, por fin, polo descoñecemento do paradoiro do seu medio campo titular. Egor Titov pedira a Gilberto e Park que o acompañasen a por tabaco antes do encontro de ida e non se volvera saber nada deles. Os máis aprensivos chegaran a temer que lles pasara algo. Pero dentro do vestiario calaba máis a idea "Smorgas Titov: Smorgas con Smirnoff".
KOPA. 1/8 Final. Shakhtar-Torpedo
E todo comezou por xustificar aos pesimistas. Ao pouco de iniciarse o encontro, Ivan Vladic -un martelo letal que nunca falla ante o Shakhtar- anotou o gol 200 de cantos recibiron os non-canadianos na súa historia, e 200 non son poucos. Aí empezou a entrar a pantasma do valor duplo de goles en campo rival, o medo a que un intercambio de golpes dese cos locais no chan, etc. Pero entón notouse a man de Alan Moore e a súa aposta polo sentidiño. Os rusistas superaron estes momentos difíciles de xogo incerto, nos que os 'muchachos' de Boniek porfiaban por non deixar fuxir ao rato. A igualada de Koller asentou algo aos quebequenses, que non tiveron reparos en atrasar liñas para atopar espazos á contra. Nos minutos do lixo chegou a sentenza e a tranquilidade (3-1) ante un rival histórico que de certo ha facer tremer aos anarcoides no que resta de liga.
E logo o derbi. Boniek prognosticara que o vencedor desta dura rama do cadro de Kopa tería moi poucas opcións ao trunfo final. Demasiados rivais duros requerían demasiadas vitorias sen erros. O desenlace final da Kopa do Pollo, na que o Shakhtar superara a Pollo, P. Clash e Gloria para acabar caendo na final parece dar inda máis peso ás palabras de 'O Roxo'. Coa tristura por esa derrota e a preocupación polo coma etílico de Titov, que seguiu bebendo "até caer inconsciente" (13 botellas), en palabras de Park e Gilberto, o Shakhtar afrontaba a edición número 19 do famoso derbi anarquista.
KOPA. 1/4 Final. Shakhtar-P. Clash
E o partido, desputado novamente no Etade Durruti, foi un dos clásicos máis 'Clash' que se lembran. Os visitantes pecharon ben o xogo e aproveitaron as súas opcións para marchar cun trunfo exiguo pero importante. O 0-1 logrado polo violinista Gilardino, cun atinado testarazo, supuxo tamén -en auténtica orxía de efemérides- o gol 200 dos partisanos en competición oficial e deixaba as espadas no alto cara o partido de volta. Que resultou ser o partido da volta de Titov; en plena forma, ademais. Pero esa historia, a do partido 20 entre escoceses e non-canadianos, e xa outra historia, da que todos coñecen o final.
Unha clase de estatística
Cómpre informar tamén de que o secretario colleu unha breve baixa despois de chamar a este crónista, coas súas derradeiras forzas, para dicir: "É que non pode ser, hostia, non pode ser. Aparecen como mangostas; si, si, non te rías, Marko, cabrón. Dazasete tíos, dazasete, un 10% da liga, un equipo enteiro, cambiou de prezo polo asunto do CLT que non se contemplaba na versión .0 do SUACI. Non fodas, ho! Tería que haber 85 CLTs na liga para que saísen as contas, caghonaconadecristo. A ver se polo menos é o último". O caso é que como as variacións xa non son poucas, parece obrigado volver publicar a clasificación económica do ecuador así como os planteis actuais dos equipos. Agora que o SUACI semella xa a pleno rendemento, esperamos non cometer ningún descalabro máis neste apartado. En calquera caso, non se alarmen. As variacións son leves.
Clasificación económica no ecuador
1. Tuzaros 126 (-4)
2. Ordem 114 (-2)
3. Che 113 (-6)
----------------------------------------------------------
4. Asaltacunas 108 (2)
5. Torpedo 107 (2)
6. Shakhtar 106 (-2)
7. P. Clash 106 (4)
-----------------------------------------------------------
8. Swazi 104 (0)
9. Gloria 104 (4)
10. Pollo 102 (2)
Planteis da segunda volta
| Seedorf | 10 | BERGKAMP | 12 |
| Thuram | 10 | Cech | 12 |
| Van der Saar | 10 | Cannavaro | 10 |
| Kahn | 9 | Cocu | 9 |
| Beckham | 8 | Gudjohnsen | 8 |
| Verón | 8 | Materazzi | 8 |
| Campbell | 7 | TARDELLI | 8 |
| Diouf | 7 | SAND | 6 |
| Makaay | 7 | Dunne | 5 |
| Pires | 7 | Malbranque | 5 |
| Roberto Carlos | 7 | Sagnol | 5 |
| Van der Vaart | 7 | TASSOTTI | 5 |
| Maniche | 6 | Grosso | 4 |
| Jankulovsky | 5 | Mido | 4 |
| Kompany | 5 | Panucci | 4 |
| Quaresma | 5 | Zoetebier | 4 |
| Simons | 5 | Mascherano | 3 |
| Paintsil | 3 | Bendtner | 2 |
| TOTAL | 126 | TOTAL | 114 |
| | | | |
| | | | |
| BICAN | 14 | Humberto | 11 |
| Henry | 13 | ACUÑA | 10 |
| Ashley Cole | 7 | Helguera | 8 |
| Ernesto | 7 | Cesc | 6 |
| MÁGICO | 7 | Joaquín | 6 |
| Rosicky | 7 | L. García (esp) | 6 |
| TONINHO | 7 | Munitis | 6 |
| Yepes | 7 | Palop | 6 |
| BUTCHER | 6 | Reyes | 6 |
| Ooijer | 6 | Torres | 6 |
| Altintop | 5 | Xabi Alonso | 6 |
| Bowyer | 5 | Zalayeta | 6 |
| De Jong | 5 | Javi Navarro | 5 |
| De la Cruz | 5 | Valerón | 5 |
| Sorensen | 5 | García Calvo | 4 |
| Pieroni | 3 | Mendieta | 4 |
| Van den Borre | 3 | Sergio (zar) | 4 |
| Castro | 1 | Senna | 3 |
| TOTAL | 113 | TOTAL | 108 |
| | | | |
| | | | |
| BONIEK | 12 | Maldini | 12 |
| BANKS | 11 | Lucio | 10 |
| Van Bommel | 8 | BONHOF | 8 |
| Vladic | 8 | Park | 8 |
| Borowski | 7 | Hleb | 7 |
| Fran | 6 | Koller | 7 |
| Kaladze | 6 | Niemi | 7 |
| Schneider | 6 | Gilberto S. | 6 |
| Tudor | 6 | Titov | 6 |
| Klasnic | 5 | E. HUGHES | 5 |
| R. Kovac | 5 | Ignashevich | 5 |
| Galasek | 4 | Tuncay | 5 |
| Kiraly | 4 | BERTI | 4 |
| Olic | 4 | Cuevas | 4 |
| Shatskikh | 4 | Nihat | 4 |
| Simic | 4 | Pinzi | 4 |
| Tomas | 4 | Jaaskelainen | 3 |
| Favalli | 3 | Azutkin | 1 |
| TOTAL | 107 | TOTAL | 106 |
| | | | |
| | | | |
| STOICHKOV | 11 | Julio César | 10 |
| BOBAN | 10 | KALUSHA | 9 |
| Carragher | 8 | SAVICEVIC | 8 |
| Gilardino | 8 | TRESSOR | 8 |
| Toldo | 8 | Ubembe | 8 |
| Hamann | 6 | Silvestre | 7 |
| B. Ferguson | 5 | Andrade | 6 |
| Giacomazzi | 5 | Basturk | 6 |
| Hyypia | 5 | Lee Chun Soo | 6 |
| Luisao | 5 | MIJATOVIC | 6 |
| Ribery | 5 | Almeyda | 5 |
| Rui Costa | 5 | Barzagli | 5 |
| Solskjaer | 5 | Bresciano | 5 |
| Yeste | 5 | Pienaar | 5 |
| Boruc | 4 | Coco | 3 |
| Kilbane | 4 | Ferrari | 3 |
| Legrottaglie | 4 | Howard | 3 |
| Gusiev | 2 | Gora | 1 |
| TOTAL | 105 | TOTAL | 104 |
| | | | |
| | | | |
| Berbatov | 9 | BOZSIK | 11 |
| Given | 9 | Zlatan | 11 |
| Zanetti | 8 | Larsson | 9 |
| Barbarez | 7 | Bouma | 7 |
| VALDANO | 7 | Ljungberg | 7 |
| Bouba Diop | 6 | MAIER | 7 |
| Carew | 6 | Davids | 6 |
| Friedrich | 6 | Gallas | 6 |
| Naldo | 6 | Mellberg | 6 |
| Natali | 6 | A. Svensson | 5 |
| Roma | 6 | Rustu | 5 |
| Balde | 5 | Elano | 4 |
| Edu | 5 | Wilhelmsson | 4 |
| Goor | 5 | M. Laursen | 3 |
| Karagounis | 4 | Majstorovic | 3 |
| Yaya Toure | 4 | Mitea | 3 |
| Pogatetz | 3 | Rosenberg | 3 |
| Traore | 1 | Linderoth | 2 |
| TOTAL | 103 | TOTAL | 102 |