luns, 10 de marzo de 2008

Cal e Area. Crónicas dun Torpedo na zona media.

(Redacción)

A pasada fin de semana puidemos ver como o noso clube colleitaba duas vitorias e unha derrota nos encontros de liga que lle tocou disputar. Aí vai unha breve reseña de cadaún deles.


Torpedo Zagreb
3 - Swazilanda FC 2

Un desputado encontro no Estadio do pobo onde os locais se impuxeron finalmente ós africanos. Entre as anécdotas cabe destacar un bo traballo do capi Dzajic, que deu a sua primeira asistencia da tempada nun magnífico saque dende o recuncho. Mais xa falaremos del noutra ocasión. Bo debut de Koller.


Torpedo Zagreb 4 - Pollo FC 1

Por unha vez trunfo sen paliativos. O Torpedo aplastou ó carismático rival cun futbol magnífico. Koller, con dous goles e o canteirán Ivan Vladic, cunha asistencia e un gol foron os máis destacados.


Torpedo Zagreb 1 - Asaltacunas 3

Desta volta tocou perder. O líder da LPU non tivo piedade e o Torpedo, aínda que mantivo o empate a un durante moitos minutos, finalmente caeu, nun segundo tempo para esquecer. Boniek marcou o gol da honra cun dereitazo ó pao. Reseñable, eso sí o debut do astro brasileiro Sócrates que promete moitas tardes de fútbol para os de Zagreb.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Parabens a Dzajic, nom era sem tempo.

Anónimo dixo...

Aparte do bonito detalle de agregar cr�nicas, datos e resultados, o titular � moi bo. Cal e �rea. Bo traballo.