(Marko Czalic - Montreal)
A LPU4 está xa moi próxima ao ecuador. As recuperacións para a loita pola liga dun poderoso Pollo FC, con Totti en plan estelar e Gloria y Honor, recuperando brillantemente a solidez tras dun pésimo arranque, contrastan coa leve freada de Swazilandia BP e as crises en diferente grao do Shakhtar, que empeza a busca de si mesmo tras a marcha do bidente e Che Marx Ltd., metido nunha fonda tarefa de reestruturación na dirección deportiva que debe empezar a ofrecer resultados moi axiña, a risco de caer na desesperación. O seu partido pendente contra Asaltacunas FC, imbatible até o de agra, concita cada vez maior expectación ante a posibilidade de deparar unha segunda volta totalmente aberta, e os restantes clubes da WIFA non perden a fe en Garrincha & Co. A destacar, como non, a excelente pimeira volta de Ordem e Progresso, grande revelación da campaña, e a inesperada irregulariedade amosada polo bisubcampión P. Clash, que tamén prepara serias novidades para o minidraft. E, como non, todos á espera do que faga o Equipo do Pobo que, con 3 partidos pendentes, aínda debe definir as súas aspiracións para a presente tempada.
X6
Pollo FC 2-0 Shakhtar de Montreal: Auténtico repaso dos locais nun partido moito máis serio do usual entre estes equipos.
X7
Pollo FC 5-1 Che Marx Ltd: Fabuloso Totti. Gol 100 para o Pollo FC e 4 tantos para o italiano, a mellor marca en partido oficial na historia da WIFA.
X9
Swazilandia BP 1-3 Gloria y Honor: Superioridade visitante ante un combativo equipo africano, que segue a ter ao novísimo Ubembe como grande estrela.
|
| CLASIFICACIÓN T4 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| X | G | E | P | F | C | P | D |
| 1 | Asaltacunas FC | 7 | 5 | 2 | 0 | 18 | 8 | 17 | 10 |
| 2 | Ordem e Progresso | 8 | 5 | 1 | 2 | 14 | 13 | 16 | 1 |
| 3 | Pollo FC | 7 | 4 | 1 | 2 | 13 | 9 | 13 | 4 |
| 4 | Gloria y Honor | 7 | 4 | 0 | 3 | 17 | 10 | 12 | 7 |
| 5 | Shakhtar de Montreal | 8 | 3 | 2 | 3 | 16 | 12 | 11 | 4 |
| 6 | Swazilandia BP | 7 | 3 | 0 | 4 | 12 | 13 | 9 | -1 |
| 7 | Partisano Clash | 8 | 3 | 0 | 5 | 11 | 14 | 9 | -3 |
| 8 | Torpedo Zagreb | 5 | 2 | 0 | 3 | 8 | 12 | 6 | -4 |
| 9 | Che Marx | 7 | 0 | 0 | 7 | 6 | 24 | 0 | -18 |
|
| AT. TOTAL | AT |
|
|
| (PTOS.) |
| 1 | Weah | 13 |
| 2 | Eusebio | 10 |
| 3 | Shevchenko | 9 |
| 4 | Totti | 9 |
| 5 | Boniek | 7 |
| 6 | Carew | 7 |
| 7 | Maradona | 7 |
| 8 | Ronaldinho | 7 |
| 9 | Rooney | 7 |
| 10 | Zlatan | 7 |
| 11 | Bergkamp | 7 |
| 12 | Makaay | 6 |
| 13 | Kalusha Bwalya | 5 |
| 14 | Messi | 5 |
| 15 | Ubembe | 5 |
Celebrouse tamén, na sede da WIFA, o sorteo da K4, con enfrontamentos de enorme interese:
| KOPA T4 |
| Previa |
| Pollo FC |
| Asaltacunas FC |
| Cuartos |
| Swazilandia BP |
| Ordem e Progresso |
| Che Marx Ltd. |
| Shakhtar de Montreal |
| Torpedo Zagreb |
| Partisano Clash |
| Gloria y Honor |
| Gañador Previa |
3 comentarios:
Que ben o sorteo da Kopa, festa!
Que o dis, polo colorido?
que bonito
Publicar un comentario