luns, 31 de marzo de 2008

Entrevista a Stam

1.- Bo día, Sr. Stam, din que é vostede un 'brasas', é certo?
- No tengo idea, ¿porqué dicen semejante cosa?

2.- Vaime desculpar, só lle transmito o que din os dianteiros doutros equipos...
- Primera noticia que tengo. Es que no hablo mucho con los delanteros. Normalmente paso como un rayo y les robo el balón, la cartera y las botas. Como entenderá, no me paro a discutir con ellos.

3.- Ahá. Perfecto, xa o collo. Cré que aínda poden gaña-la liga?
- Es cuestión de perseverar. Como hago yo: si no me dan lo que quiero, los golpeo hasta que los convenzo. Y luego corro.

4.- E vostede amigo de Emerson? Qué opina das súas declaracións? Está no certo?
- ¿Quien no es amigo de Emerson? Es un gran tipo. No sé si está en lo cierto en las declaraciones, lo que sí puedo decir es que siempre es sincero.

5.- Quen defende mellor, Kohler ou vostede?
- Son métodos diferentes. Hay gente que no nota la diferencia, pero es evidente para cualquiera que sepa de fútbol.

6.- Quen o ía dicir. Por qué nunca está entre os candidatos ó xogador máis primitivo?
- No tengo idea. Pero es que la competición es fiera. Hay grandes figuras africanas que se han hecho con el protagonismo.

7.- Que pode dicir do seu adestrador, Strangelove?
- Que no digo nada.

8.- Vai marcar algún gol? Digo vostede, non o adestrador.
- Por supuesto. Ya he marcado varios. Pero supongo que se refiere en la portería contraria. Pues ni idea. Últimamente no me dejan subir en los corners, quizá a partir de octubre.

9.- A que se adica nos seus ratos libres?
- Al robo.

10.- Quere engadir algo máis?
- Que en estos minutos le he robado el móvil, la ropa y la grabadora. No se preocupe, no todo el mundo sirve para jugar al fútbol.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Stam está á súa altura. Moi ben, Stam.

Anónimo dixo...

Por certo, sobre a Kopa da Liga -ou Kopa Vendetta-, non hai razón para excluir aos dous últimos, pero si para perxudicalos igualmente. É dicir que eu propoño o seguinte:

O 8º e o 9º enfróntanse en 1/32 de final. O gañador xoga os 1/16 contra o 7º. O gañador xoga os 1/8 contra o 5º, mentres 4º e 6º se enfrontan no outro 1/8. Os gañadores enfróntanse en 1/4. O vencedor deste 1/4 de final enfróntase ao 2º en semis, mentres o 1º xoga contra o 3º. E logo, final. Deste xeito xoga todo o mundo pero a clasificación marca unha diferenza máis que antes (entre o 6º e o 7º non había ningunha diferenza e agora si). Xa que é un torneo proclive a sorpresas, deixemos que o Che nos sorprenda. Digo eu.

Anónimo dixo...

Stam está no certo, quen non é amigo de Emerson?

O da Kopa da lga paréceme ben, asi pode xogador todo o mundo.

Anónimo dixo...

Ei, devólvame as miñas cousas!

Anónimo dixo...

Enquanto a KK (Kopa Konami assím chamada polo noso carismático líder) por que propós que o primeiro jogue contra o terceiro e o segundo contra, como muito, o quarto?

Anónimo dixo...

Enquanto a KK (Kopa Konami assím chamada polo noso carismático líder) por que propós que o primeiro jogue contra o terceiro e o segundo contra, como muito, o quarto?

Anónimo dixo...

En primeiro lugar, a denominación oficial é Kopa da Liga ou Kopa Vendetta, como se indica no epígrafe 2º, parágrafo 1º. Nin polo presidente estou disposto a utilizar marcas comerciais. E menos esa este ano precisamente.

En segundo lugar, en resposta á pregunta, a verdade é que ven de 2 sitios: é, por unha banda, unha especie de premio ao equipo que supere unha primeira fase tan dura para chegar a semifinais e, en segundo, creo que é tamén un premio para o campión o confrontalo co 3º e non co equipo máis en forma dos que na tempada pasada ían do 4º ao 9º. Pero fundamentalmente é a primeira razón: dos 6 equipos que van do 4º ao 9º, os que máis, teñen un 25% de probabilidade de acadar as semifinais e os que menos un 6%. De acadar as semifinais, como digo. E, cando por fin chegan, alí está o campión de liga. Evidentemente, pódenlle gañar igual, pero non me parece xustificada abondo neste caso a fría lóxica de 1º-4º, 2º-3º.

Anónimo dixo...

perfecto
Enquanto ao nome nom era por discutir, simplesmente era engraçado o de KK.