martes, 11 de marzo de 2008

Entrevista a Sócrates

Sócrates no adestramento de hoxe á mañá

(Redacción)

Hoxe temos con nós a un recen chegado a Zagreb. Nin máis nin menos que o famoso Sócrates, filósofo e dianteiro grego/brasileiro. As presentacións están de máis, así que pasamos directamente a escoitar o que ten que dicirnos a nova estrela do Torpedo.

Bos días, Doutor.
Bos días. Un pracer estar aquí.

Segundo se falaba no entorno do clube, non se contaba coa sua fichaxe, como foi a cousa?
Pois a verdade é que todo foi moi rápido. Cando estaba a punto de remata-lo prazo de inscripción para a LPU recibín unha chamada do clube, concretamente de Boniek, que me dixo que se viña a xogar ó Torpedo iamos aplasta-lo capitalismo dunha vez por todas. Eu non teño as ideas tan 'claras' coma el, mais non andamos moi lonxe. Outra razón é que quería xogar no mesmo equipo que Ballack. É todo un referente no mundo da cultura actual, e xa devezo por ver alguha das suas obras.

Que pensa da situación na que se encontra o Torpedo?
Vai cara arriba. É só cuestión de tempo.

Como era eso de "Eu só sei que non sei nada"?
Sen ánimo de ofender, mais é unha frase que os periodistas, coma sempre fan, sacaron do seu contexto. Como que non sei nada? Sei xogar ó fútbol!. Vexa este gol á Unión Soviética.

Si, mais...
Non, nin mais nin ostias. Fixese ben, aí collo o balón a uns 30 metros da porta rival, driblo a un, a outro e BOUM!. Gooool!!... Mire, ve?, Dassaev non chega e gol, gooooooool!!!.

Dacordo. Pasemos a outro tema, vostede é medio grego, polo tanto, é vexetariano?
Non.

E...?
Tampouco.

Non se pode dicir que sexa vostede un estereotipo, eso está ben. Antes de marchar, prégolle nos conte un pouco como foi o famoso partido aquel Grecia-Alemaña.
Un encontro difícil. Xogar contra Beckenbauer sempre é complicado. Penso que fixemos un bo traballo, e naturalmente aí están os números para confirmalo. Boa xogada de Arquímides. Penso que naquela ocasión os xermanos non xogaron coma un equipo. Menuda lles debeu caer, Franz non é dos que perdoan estes erros.

Graciñas, Doutor, e ata outra.
A vostedes, deica logo.



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Jajajaja....magníficas lembranzas, sen dúbida, as de aquel partidazo.....o partido do século...ese si que é o partido deste século e de todo-los séculos.....moi bó Rapajk

Anónimo dixo...

Unha entrevista como esta era o que necesitaba o Xornal. Os nosos protagonistas teñen que se dar a coñecer ao público. Entrevistas, máis entrevistas! Por exemplo eu non tiña nin idea de que o Sócrates non fose vexetariano.