(Redacción)
Bocazas, tal vez o mellor informador da WIFA, ven hoxe cun feixe de rumores sobre os xogadores do Torpedo de cara á segunda volta da LPU. Aí van:
- Robert Jarni: O seu rendemento sen dúbida non foi o agardado nin polo clube, nin polos siareiros nin por el mesmo. Dise que podería abandoar a LPU durante un tempo para adicarse a plantar repolos nas leiras comunais da sua vila natal.
-Lotthar Matthäus: O medio xermano podería verse favorecido pola saída de Jarni, e incorporarse ó Torpedo para rematar de dar consistencia ó centro do campo. O sua coñecida ideoloxía de esquerdas tamén un punto a considerar, xa que facilitaría a sua adaptación ó clube e á cidade.
- Nicolae Mitea: Os siareiros piden a sua cabeza ante a constante inoperancia da escadra na liga. Pancartas coas lendas "Basta Xa!", "Xa abonda", "Xa che vale", "E menos mal que temos a Banks" apareceron hoxe á mañá no Estadio do Pobo, despois da derrota por 2-0 fronte ó G&H.
- Ivan Vladic: Un dos xogadores sinalado coma "culpable" da situación do equipo, a pesares de que aínda é moi novo e está debutando co primeiro equipo. Semella que se está a facer cun sitio coma segundo dianteiro, dando un excelente rendemento nos amigables desputados.
- Jan Koller : Recibido coma o salvador do equipo, está a arrasar entre os siareiros, que xa constituiron varias peñas no seu apoio. "Dalles, Koller", "Fooooza Kooooller" son os nomes dalgunha delas. A bancada en xeral está abraida co seu fútbol; "Que xeito ten co balón nos pés", "Vaia crack, pena que non colla ningunha por alto" son algúns dos comentarios que se escoitan no estadio.
15 comentarios:
É evidente que malinterpretei as palabras de Matthaus, no pasado.
Vaia besta, G&H. Cero puntos na xornada 4, 15 na 9. O Shakhtar levaba 10 na 5 e 11 na 9. Cando se cruzaron non tiveron tempo nin de saudárense.
Es todo gracias al Matador.
A Matthaus sempre o malinterpretan, sacan os comentarios do seu contexto, etc etc. Xa se sabe, o capitalismo quere da-la imaxe de que é un deles. A típica manipulación decadente.
Por certo, non se se fozastes na páxina de Pesstats, aí veñen as fichas dos clásicos da versións anteriores. É dicir, Fontaine, Didi, Kopa, Gérson, Greaves, etc etc. Velaí están.
Estás a escusar-te, quando ninguem te acusa de nada, que actitude tam suspeitosa.
Confirmades os resultados:
Gloria 2-0 Torpedo
Che 1-2 Asalta?
Marcaron Eusebio, Makaay, Shevchenko ou Weah?
Gloria 2-0 Torpedo
confirmado ó meu pesar
Ostras, pois a verdade e que non me lembro de seguro. prefiro non decir que si e ter que modificalo despois. Está apuntado na libreta.
Síntoo.
Marcó Eusebio, efectivamente.
Eusebio a pase de Chivu, está mal que o diga, pero foi un gran pase.
Pero mellor foi o pase de Tudor (creo recordar) a outro dos defensas do Torpedo no amigable. Ese si que foi un golazo.
Recomendobos a todos o que non o vistes que non vos perdades a ocasión de visionalo. Quedou gardado na play. É IMPRESIONANTE, va que si? jejeje
Tudor sempre anda metido en cousas desas, non sei como fai. E si, atópase na play agardando que sexa observado por todo aquel que lle guste o fútbol de verdade.
Handicap, non sospeites onde non hai que sospeitar. E devolve a Boban dunha vez!.
Quando me devolvas ti a Maldini, falamos, vale?
Non che podo devolver a Maldini porque nunca xogou no Ordem. É unha mágoa.
Publicar un comentario