(Marko Czalic - Montreal)
O campión vive estes días de aparente tranquilidade nun estado de completa euforia autoinducida. A redución do ritmo de competición nas últimas datas sirve aos de Potemk para xuntar forzas. Agás Ronaldinho e Khidiyatullin, que mesmo adestran libreta en man, os restantes membros do clube rexeitan facer contas e cálculos e, collendo prestada unha mítica frase de Nicolae Mitea, extendida a todo o entorno do Torpedo, afirman que "Temos un plan. Imos gañar todos os partidos". Malia a fortaleza mostrada por varios rivais, en especial o líder Asaltacunas, están convencidos de que unha vitoria tras doutra abondará para acadar o título.
O equipo vese forte por fin. Sinte que Potemk conseguiu novamente xuntar as pezas do xeito axeitado. "Non foi doado", afirma Vladimir. "Por un momento pensei que tiña nas mans un puzzle sen solución, tralo troco de xogadores co Che Marx. Pero, ben aos poucos, fomos resolvendo o problema da saída de balón desde atrás, que se nos estaba a resistir. Czalic entrou con forza nesta función. Da gusto ter un rapaz tan novo disposto a xogar de calquera cousa polo ben do equipo. Agora, caído á esquerda, segue facendo a función de dirixir o xogo que asumía nos xuvenís ao tempo que nos proporciona o grao de asimetría que este equipo sempre precisa". O elemento final é o papel dos novos dianteiros. Para Potemk, aí está a chave. "Trocar 2 dianteiros a este nivel nun equipo de vocación tan ofensiva é un problema ben gordo. E coa competición empezada. O seu estilo é moi distinto ao de Shevchenko e Koller e os mediocampistas vense na obriga de trocar case totalmente o seu xogo. Porén, a calidade de Batistuta e Eto´o está fóra de dúbida. Para que funcionen estou eu aquí".
A Kopa comezou con éxito para os negroavermellados que, unha vez máis, agardan polas semifinais con grande presenza de ánimo. Pero na liga, para un observador obxectivo, as cousas pintan difíciles. A vantaxe de Asaltacunas FC, decidido a recobrar a súa xerarquía, podería ser xa definitiva. "Polo carallo" comenta Krstajic. "Xa sei que empezaron ben a segunda volta e esas 2 vitorias reafirmáronos tremendamente no liderado. Pero isto non rematou. A derrota en Kopa ante o Pollo foi un momento esencial no psicolóxico. Son batibles. E o Pollo está tamén no seu camiño na liga. E o G&H, que agora mesmo é o equipo máis en forma. E P. Clash, Ordem... Non son rivais que un desexe para unha viaxe confortable. Como dicía Harper Perkins no seu artigo para 'Papeles de fútbol cúbico', a única vantaxe real de Asaltacunas está no aspecto mental. Até agora estivo xogando coa confianza propia e o medo dos rivais, pero, como di Perkins, este proceso hase invertir coa proximidade do final. A chave é non baixar a presión sobre eles, tanto no terreo de xogo como no clasificatorio. A primeira derrota de Asaltacunas en liga está próxima e, cando chegue, Ordem, Gloria o Pollo ou nós debemos estar tan preto deles como sexa posible. Hai que presionar con 0-0. Con 1-0, presionar, con 2-0, presionar. Ser moi directos en ataque, moi agresivos, pero sen tolear. E conservar o sangue frío en defensa. A análise de Perkins é moi boa. Recoméndollela aos adestradores de todos os equipos. Contra Asalta, a coiteladas". As palabras de Krstajic son curiosas considerando que o labor de Perkins na citada publicación é anunciar secadores de pelo. Sobre a súa tendencia nos últimos encontros a chegar á liña de fondo rival constantemente e chegar fundido ao minuto 20, o serbio conclúe: "Foi un malentendido".
8 comentarios:
Sen dúbida, tivo que ser un malentendido.
Moi crecidos andan en Montreal. Efectivamente, o plan é bo, e a verdade é que lle darían unha pouca de vida á LPU deste ano se se puxeran farrucos en serio.
Se non, como esto siga así na xornada 14 xa case temos campeón.
É un órdago. A nova consigna da LPU de agora en diante debe ser, "contra todos, ao 100%, contra o líder, a hostias". Hai que combater ao que lidere a competición en cada momento como inimigo de clase. Todos contra el. Tócache, Asalta. Ímoste papar.
Ei, meu. Unha proposta para a enquisa:
Onde está a xente?
a) Marchou
b) Que xente?
c) En Nepal
d) Opción para os votos múltiples
Creo que podes dar con respostas mellores. Pero a pregunta ven ao caso.
Nom insistas nom há ninguem.
La gente està preparando el partidillo entre directivas del domingo. Parece que incluso vienen presidentes de otras ligas. La Liga No Llegamos al Nivel, la Liga Es Como el FIFA, y más aun.
jejeje, si, deberiamos ir xuntos e formar o lpu team
Non é mala idea, por min vale. Asi veremos se a P é de Planetas ou de Paiasos.
Publicar un comentario