domingo, 30 de marzo de 2008

Boniek colle o timón

(Redacción)

Novas fresquiñas dende o Estado do Pobo, onde Boniek acaba de ser nomeado adestrador do Torpedo. Tamén será o responsable das fichaxes do conxunto branconegroazulado. Na sua primeira rolda de prensa coma responsable técnico dixo: "Imos facer un equipo que realmente lle poida bater nos fuciños ó capitalismo, xa está ben de mediocridade". Referente ós seus métodos de adestramento comentou que "É ben doado, se tundamos, hai callos, e se non, pois nada". Polo pronto anunciou que varios xogadores están en situación de transferibles, á espera de que se produzan ofertas de tipo económico ou incluso de intercambio de xogadores". Os 'candidatos' son:

- Koller, o xigante checo, que ainda que goza do favor da bancada pode ter os seus días contados se chega unha boa oferta.

- Mitea: O ex-adestrador xa non pinta moito, asi que aire.

- Frings ou Borowski: Un mal necesario. O clube precisa de rublos e vese na obriga a ofertalo a outros clubes.

- Sócrates: Outro mal (pero un mal moi malo) necesario. Fan falta rublos. É o que hai.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi ben. Congratúlome enormemente da aposta do Torpedo por cambiar por fin de status. Se non estou dacordo con cada decisión, si coa idea xeral que as inspira. Ben por Zbigniew.

Respecto do asunto dianteiro centro, analizando tamén de paso un intelixente comentario do Sir sobre os posibles problemas mentais -ou perversións- do responsable de fichaxes do Torpedo, teño que dicir que por fin o comprendín todo. Cada dianteiro centro que pasou polo Torpedo funcionou. Todos eles. Ningún estorbou nin a Boniek nin a Dzajic, e todos teñen bos rexistros de goles por segundo (índice inusual pero apropiado neste caso, pois algúns non chegaron a completar o minuto). Analizando o xogo do Torpedo e os seus números históricos, é obvio que, en ataque, tanto o sistema como os homes funcionan. Se sumamos os goles acadados por Puskas, Kanoute, Mr Square na súa torpedil etapa, etc., decatarémonos de que os números do trío atacante do Torpedo, nomes á marxe, dan calafríos. Neste sentido, a política rotatoria na dianteira obedece fundamentalmente a un gusto pola variedade, sen relación algunha co futbolístico. O problema do Torpedo, a xuizo deste analista e sen entrar en detalles, é o centro do campo. Iso explica o desmesurado número de goles encaixados, a falta de solideza. O Torpedo ten números de grande en ataque e comportamento de grande en Kopa, competición na que prima a intensidade, pero na liga está a mercede das ondas.

Anónimo dixo...

Yo le recomendaría al Torpedo que buscase chivos expiatorios fuera de su equipo, en lugar de dentro del vestuario. A nosotros nos va bien con ese sistema.

Anónimo dixo...

No lle falta razón ó Sr. Czalic, mais tamén estamos traballando para mellora-lo mediocampo. De aí o asunto dos rublos.

Anónimo dixo...

Por algún comentario que escoitei, parece que non quedou moi claro, asi que o repito: KOLLER, MITEA, SOCRATES e FRINGS ou BOROWSKI están EN VENTA

Anónimo dixo...

KOLLER?!? EN VENTA?