martes, 22 de febreiro de 2011

Shakhtar e Tuzaros acuden á loita (actualizado)

Espectacular xornada da T18, ben merecedora de crónica, tanto en LPU como en Kopa do Pollo. Rusistas e victorianos conseguiron plantar cara a un Asaltacunas disparado no inicio e forman agora, xunto aos do Duque, unha sólida tripla de aspirantes da que os non-canadianos tentan distanciarse, mentres o Rif aspira a convertila en cuarteto. River e Torpedo asentáronse na metade da táboa, moi mellorados os nosos tras do ben aproveitado draft de inverno. O equilibrio numérico acadado polo River produce pasmo, e o Pobo terá que deixar as unllas na pelexa polo seu 5º posto. Na parte baixa cohabitan Ordem, MAG, Pollo e Babudos; aínda que se agardaba máis de todos eles, os seus números son moi dignos para os postos que ocupan e xa roubaron bastantes puntos aos candidatos ao título. O Ordem fica ademais convertido no matón da repesca da Kopa do Pollo. Competición esa na que, por certo, os Tuzaros acadaron un novo éxito. Quinta final das últimas sete para os de Reiquiabic na súa competición fetiche. Iso si, aínda non é unha auténtica final. A KP18 ten trampa.


Bosingwa desafía a todo o Rif

Piquen nas imaxes para unha boa ampliación.



Sancíons e lesións

Bosingwa fica, pois, sancionado por acumulación de cartóns amarelos. É a súa segunda sanción da tempada, xa que vira un cartón vermello con anterioridade.

Larsson perderá o seguinte partido, por lesión.
.

13 comentarios:

duque dixo...

ziege cumpriu no tuzaros 2 asalta 1 a non ser que ouvese outra lesion por ahi

duque dixo...

cinco porteiros por debaixo do gol encaixado por partido. Casi na.
E todos por debaixo de 1,5.

Aqui o gol pagase caro, casi a munitis por gol

getxo dixo...

Recibido o de Ziege. É mellor poñer nos datos tamén que se cumpriron.

Nesta LPU hai 2,1 goles por partido. Iso mola. A anterior xa tivera 2,4 e supuxera un descenso de 1 gol por partido. E, así e todo, o récord de Toldo da T7 (0,70) segue en pé. A ver se alguén ten huevos de batilo.

Con estas mamonadas, Zubizarreta é sen dúbida o mellor porteiro da historia do Shakhtar, con 33 goles encaixados en 37 partidos. Non sei se será o mellor da historia da WIFA, en promedio. Chegou no momento oportuno.

duque dixo...

Ivarov vai tentalo.
A mitade de tempada ten unha media de 0,58.
a ver se o manten.
teria doble merito por ser un canteiran.

MAG dixo...

eu creo que teria a metade, por ser do Asalta.... pero alá cada un... XDD

VICKY dixo...

A pesar de que batir un 0,70 me parece la hostia, sea con el portero que sea, el Gabinete Túzaro para la Defensa de la Automolación del Asaltacunas (GTDAA)se ve obligado a intervenir:

Ivarov es canterano pero de 10 rublacos, y encima hecho a medida, lo mismo que vale Toldo actualmente, lo mismo que Maier, 2 rublos más que Lloris, 1 más que Zubizarreta... Pero es que además cuando Toldo hizo 0,70 (en la temporada 7) TOLDO VALIA 8 RUBLOS!!!
Así que de momento el doble mérito casi que va a seguir siendo de él...

getxo dixo...

Hehehe.

Vou participar neste interesante, descarnado e totalmente sobredimensionado debate xurdido dunha pequena frase, malia que a miña opinión foi xa expresada por outros con bastante detalle. Pero é moi divertido sobredimensionar detalles minúsculos.

Toldo fixo o seu récord nunha tempada con 3,3 goles por partido en liga. Nesta, hai 2,2 -a máis baixa da historia-. Iso significa que naquela tempada, o porteiro medio encaixaba a barbaridade de 1,65 goles por partido, e hóuboas peores. Nesta, andamos no 1,1. Se non llo batimos, os porteiros son medio memos. Pero non Ivarov: todos. Incluído o propio Toldo, que vai 10º este ano.

Iso si: quen bata o récord, batiuno; e haberá que lle aplaudir, porque é un récord dos vellos.

duque dixo...

iros todos a tomar polo cu.

Se digo algo bo domeu equipo, e unha autofelacion.
Se digo algo malo, que xa esta o asalta a chorar.

A tomar polo cu un detras de outro. Eso si, deixolle a Vicky a opcion de escoller a posicion a ocupar no trenecito. e por suposto o sabor da vaselina.

Con respecto a Ivarov, so decir duas cousas.

Feito a medida, evidentemente, con dous pequenos detalles.
-feito a medida despois de tres tempadas tendo que poñer a un ñordo para que mellore.
- feito a medida co novo sistema, no cal non poñia os puntos onde queria senon que era unha aplicacion informatica a que os repartia. Certo que ten un 99 en cuaidades de porteiro, pero miradelloe a axilidade ou a defensa ou os reflexos. Non e tan bo.

pero ainda asi estou dacordo con Getxo nunha cousa, tendo en conta a media goleadora, esta temporada senon cae, malo.

duque dixo...

me declaro fan del GTDAA

duque dixo...

por certo, outra vez co tuzaros?

ide a merda de novo

ZORRA dixo...

En el tren siempre de última. ¡99 en habilidades de portero! ¡qué mala suerte con la aplicación informática! ¡Y además hay otros parámetros en los que no es él mejor del juego!

getxo dixo...

"En el tren siempre de última."

Esta frase é xenial. Gracias, Zorra. De onde as sacas??

"Se digo algo bo domeu equipo, e unha autofelacion.
Se digo algo malo, que xa esta o asalta a chorar."

Qué curioso, a min tamén me pasa. Hai un truco para evitalo: pasa 18 tempadas sen gañar a LPU. Así e todo, algo tocarache oír; pero non é o mesmo. Se o que queres é amor, perde. Se o que queres son títulos, pois segue así.

getxo dixo...

Por certo, gañeille ao Ordem: cómo molo!