NON ESQUEZAN QUE PODEN VER O CALENDARIO DA KUNKA E AS CLASIFICACIÓNS NAS NOTICIAS PRECEDENTES.
Todo o mundo cre coñecer moi ben o plantel do seu equipo, pero imos propoñer un xogo para a sección de pasatempos. Quen é o xogador máis laureado, a nivel de títulos colectivos, que actualmente forma parte do plantel do seu clube?
En breve aparecerá a solución. Vaian xogando, se lles peta. Os máis audaces poden aventurar o número de títulos e mesmo o nome do segundo, se lles apetece.
O premio, para gañadores e perdedores, será unha breve listaxe de axentes libres que acumulan pó nos seus múltiples trofeus.
SOLUCIÓNS:
River: Hleb, líder total de títulos (12) igualado con Lúcio, pero con máis LPUs que o brasileiro (5 contra 3). E Stoichkov, xogador con máis Kunkas (5), igualado nisto, el tamén, con Lúcio. Nove títulos, en total, para o búlgaro, só superado neste apartado polos anteditos.
Rif: Buffon, xogador con máis LPUs (6) igualado con Weah, gañou ademais 3 Kunkas para un total de 9 campionatos. Cesc ten 6 (2, 3, 1).
Pollo: Stankovic é o xogador con máis Kopas do Pollo (5) e totaliza 9 títulos. Carragher, 7 (1 LPU, 4 KK, 2 KP). Aínda Brolin e Zhirkov (3) teñen máis títulos que Zlatan, a opción máis votada polos seareiros, que iguala con Maier e Mellberg cunha LPU e unha KP.
Shakhtar: Park, terceiro en títulos, con 9, igualado con varios outros. Suma 3 LPUs e 4 Kunkas. E Mutu e Ignashevich, tamén con 9.
Asaltacunas: Weah, xogador con máis LPUs (6) igualado con Buffon, gañou unha vez a Kunka e ten 7 títulos. Rosicky suma 7 (5, 1, 1), tamén.
Torpedo: Berbatov, segundo xogador con máis Kopas do Pollo (4), igualado con varios outros. Cuarto en kopas totais, tamén igualado con varios, con 7, é o único xogador con máis de 5 trofeus que endexamais ergueu unha LPU. Friedrich leva 6 (3, 3, 0).
MAG: Campbell, séptimo en LPUs (con 3), igualado cun amplo feixe de xogadores, ergueu tamén 3 Kunkas, totalizando 6 títulos. Con 3, Sagnol (2, 1, 0) e R. Carvalho (1, 2, 0). O dato máis sorprendente: ningún xogador do actual MAG ergueu nunca a Kopa do Pollo.
Babudos: Ribery, 12º xogador con máis kopas totais (5, igualado con outros 9), gañou 3 Kunkas e 2 Kopas do Pollo, ademais dunha LPU -idéntico ao de Toldo-. Davids e Gattuso acadaron cada un unha LPU e unha KP. No do Che, a afición leva razón tamén.
Ordem: Toldo, 12º xogador con máis kopas totais (5, igualado con outros 9), gañou 3 Kunkas e 2 Kopas do Pollo, ademais dunha LPU. O Caníbal Cocu conquistou unha Kunka. Son os únicos campións do actual plantel arraiano, o máis modesto da WIFA en nomes.
Tuzaros: Hamsik, sexto xogador con máis Kopas do Pollo (3), igualado con outros 8; tamén gañou unha LPU e unha Kunka, para 5 trofeus totais. Con 3, Bican (2, 0, 1) e os canteiráns Chocolate Sexy e Porcuio Gómez, con 1, 0 e 2.
No River hai outro xogador de bo palmarés: Tamas, con 6 trofeus de todas as cores.
Xogadores libres que son imáns de títulos:
Lúcio, de quen xa se falou. Conqueriu 3 LPUs, 5 Kunkas e 4 KPs. Unha besta.
Gilberto Silva, Koller e Yeste suman 7 títulos.
Ferguson, Toxo e Vidic, 6.
Heinze, Azutkin, Yashin, Bonhof e Brian Laudrup, 5.
CURIOSIDADE:
Os tres máximos goleadores da Historia da WIFA (Zlatan, Shevchenko, Eusébio) suman 3 LPUs, unicamente unha por cada un deles.
Os tres máximos pasadores (Stoichkov, Dzajic, Garrincha) gañaron aínda menos: 2 LPUs, pois o brasileiro nunca tal fixo.
Os tres primeiros clasificados do AT (Stoichkov, Zlatan, Eusébio) suman tamén 3.
Os tres primeiros do Primitivo Histórico (Carragher, Yobo e Toure) gañaron un total de 7 LPUs.
O crime gaña ligas.
.
10 comentarios:
Toldo
O ordem conseguiu recentemente o seu primerio título
ostia ese o chabal da peca de fleke kid pa os amigos
quero o meu premio
Todo na súa liña. A disciplinada afición do Ordem atinou tranquila e desapaixoadamente a súa parte do enigma, mentres a do Pollo esquecera a pregunta cando aínda estaba rematando de berrar "Zlatan". Certo que a pregunta era máis difícil para os seguidores do Pollo, pero simplificouse moito cando se negaron a lela.
Agarda polos demais.
Estes cativos...
Quen e por qué borra as mensaxes do Comandante?
Basicamente, o babudo acertou no seu cálculo, xa que a súa elección foi Ribery.
Pero de certo que non entendo por qué as súas mensaxes son tan efímeras.
O do River estaba máis ou menos claro pero, como non ten seareiros, non se agardou por resposta. Do Shakhtar responderon que Park, pero quedaron moi sorprendidos polo de Mutu e Ignashevich.
Eu digo Ricardo Carvalho.
Publicar un comentario