luns, 14 de febreiro de 2011

Noticia! A Kopa do Pollo estrea formato; e vai un pouco de Historia

XA PODEN VER A CLASIFICACIÖN DA LPU18 AO REMATE DA NOTICIA PRECEDENTE

Notición! novo formato para a Kopa do Pollo. Pero, desta volta, unha esaxeración. Haberá 2 finais e pode que 3. Ao revés do que adoita acontecer na vida, o sistema é complexo, pero a explicación é simple. Será a kopa das repescas. Eliminatorias directas e todos os equipos terán que ser eliminados dúas veces para quedaren fóra do torneo. Unha auténtica Rekopa. Cando un equipo quede eliminado, enfrontarase a outro eliminado na mesma rolda. Se vence, xogará contra outro eliminado na rolda seguinte, e así até a final. Despois da primeira final, o subcampión enfrontarase ao gañador da fase de repescas nunha nova semifinal. O vencedor dese partido volverá á final. Se perde, o duplo campión será campión pero, se gaña, o primeiro campión terá o seu propio dereito a repesca ante o mesmo rival. Antes, a vida do teu equipo na Kopa do Pollo non valía un peso. Agora: louvor á Resurrección!

HISTORIA

Solicitan desde Sierra Maestra a publicación da Clasificación Histórica de Goleadores -a de pases vai de regalo- e a Clasificación WIFA. Esta última adxúntase en dous formatos: suma simple e suma ponderada, compensando as tempadas non desputadas por cada equipo. Se premen nas imaxes poderán velas con aceptable calidade. Unha curiosidade: Zlatan gañou un único Shevsebio, pero NUNCA foi o máximo goleador dunha tempada, malia que 13 xogadores diferentes acadaron xa esa honra (Shevchenko 5 veces e outros 12 xogadores unha vez cada un, Voller o último), nunha clasificación que xamais rexistrou un empate e na que o récord, porén, si ten dous titulares: Jan Koller e Josef Bican, con 26 tantos.



CAMPIÓN DA TEMPADA

Ao fío das clasificacións WIFA, incluímos por vez primeira a listaxe de clubes campións de cada tempada seguindo os criterios de puntuación da WIFA:

T1: Asaltacunas, 14 puntos
T2: Shakhtar, 14 puntos
T3: Shakhtar, 15 puntos
T4: P. Clash, 13 puntos
T5: Asaltacunas e G&H, 14 puntos
T6: Shakhtar, 14 puntos
T7: Shakhtar, 14 puntos
T8: P. Clash, 15 puntos
T9: P. Clash, 15 puntos
T10: Torpedo e Pollo, 13 puntos
T11: Torpedo e Shakhtar, 13 puntos
T12: Asaltacunas e P. Clash, 14 puntos
T13: Shakhtar, 13 puntos
T14: Shakhtar, 12 puntos
T15: Moraleja, 12 puntos
T16: Asaltacunas e Rif, 13 puntos
T17: Tuzaros, 15 puntos

O Shakhtar gañou 7 tempadas; Asaltacunas e P. Clash, 4; Torpedo, 2; Rif, Gloria, Pollo, Tuzaros e Moraleja, 1; Análisis, River, MAG e Babudos, 0. E o Ordem 0, tamén.
.

7 comentarios:

h dixo...

e o Ordem?

duque dixo...

ostia, una royal rumble pero a lo bestia

getxo dixo...

Unha qué??

duque dixo...

veo k aki se ve poco la wwf.
Vosotros direis lo k kerais pero la royal rumble de divas es la ostia.

Por cierto, en los ultimos individuales, rosiki marco un gol y dio tres pases, no cero y cuatro como pone

getxo dixo...

Vale.

Tíos, non entendo o draft do Pollo. Quen é G. Rodríguez? Non o atopo non SUACI e non sei canto custa. Se é G. Martínez, daquela o Pollo ten un rublo máis, pero non sei en qué se empregou.

getxo dixo...

Outra merda máis: ao River sóbranlle 2 rublos. E ao MAG 3.

Ide tomar polo cu. With love.

h dixo...

É G.Martínez, o rublo que lle sobra ao Pollo é para fichar a un fulano de 1 rublo dado que esta temporada non pode ter 17.

Esas foron as contas que se botaron.