
Os números da dereita indican o 'posto equivalente', como referencia. Se quedan por riba do que indica, subirán. Do contrario, baixarán.
As contas do Rif inclúen o rublo 'flotante' correspondente ao campión da Kunka. Ao Asalta, en principio, asignáselle a tempada pasada como tempada 'cega'; pero isto vén sendo como darlle por ela tantos rublos como traía. É dicir, máis cartos que a algúns dos que competiron. Pero isto é opinable, así que se agardan suxestións -por exemplo, asignarlle os rublos que corresponderían ao décimo clasificado-. Opinen sobre qué lles parece máis xusto. Se alguén máis tiña débedas, que avise.
.
18 comentarios:
Comentario parvo, mais non me quedou claro:
Nos 138,5 do torpedo está incluído o rublo que nos deben os Babudos?
Eu entendo que si torpedo.
Por certo eu teño unha dubida, se o meu equipo valia 146 rublos, segundo esta lista sigo de 1º na clasificacion economica, baixamos todos 2 rublos, por tanto 144, gaño a cunca +1, 145 rublos, ¿143,5?, me lo esplique.....
Por certo risitas, ou deberia chamarte Patánnnn; o dado tirouno o puto Mag.
Efectivamente, o rublo do Torpedo xa está contado.
Tocante ás contas do Rif, selosplico:
O ano pasado contóusellhe como se tivese 3 1ºs postos nas tres tempadas previas. Como 146 era o tope, aí quedou. Este ano ten 2 1ºs e un 4º, que dan de media un 2º posto. O que equivale a 144,5 [é dicir (146+146+141,5)/3]. Máis o rublo flotante da Kunka, 145,5. Menos 2 do dado, 143,5. Falando do dado, quizais non o lanzaches ti, pero lembro que si o creaches.
Na noticia http://torpedozagreb.blogspot.com/2011/01/mas-resultados.html hai un resultado erróneo: na KP di Rif 1 - MAG 5, pero o partido gañouno o Rif por 4-1, atendendo aos goleadores.
Cuan esplicaado me hallo.
Puto Xaktar!!!
e o Shkhtar?
Xa o mirei, como estamos, cona!
Acendeuse a pipa da amizade, así que abrense as negociacions en Chaoui.
Aceptanse ofertas por:
Friedrich 8
Heitinga 8 (esse Torpedo)
Pato 10
Se hai algun outro xogador que interese poñanse en contacto co Emperador Selassie.
PD: A non ser que non haxa outra opcion, procure absterse o Sr. Babudo.
JAJAJAJAJAJA......tranqui "Emperador" que os Babudos non estamos con moito tempo de andar con negociacións......Manda carallo o medo que nos teñen polo mundo adiante, jajajaja.
Por certo, últimas noticias.
Os Babudos veñen de pechar o traspaso do xogador Bastian Schwensteiger ás filas do Torpedo de Zagreb. Os do leste aboarán aos Caribeños 9 rublos (prezo oficial do xogador) e a condonación da débeda de 1 rublo que os de Sierra Maestra mantiñan cos do Pobo dende a anterior tempada. De tal xeito que o pago será de 9 rublos directos e 1 de débeda que non haberá que pagar por parte dos Comunistas.
Daquela supoño que os valores de ambolos dous equipos varían.
¡¡¡MOI BEN, TORPEDO!!!
Moi boa negociacion, para os Babudos, claro está. Non podia ser de outra forma. Grazañas por telo ocupado, ainda que fose a costa do "Capital Comunista" jeje
Rif, ten un correo, bótelle un ollo
Eu quero ver o correo que ten o Rif!
Ese correo do Torpedo ao Rif debe ser unha carta aberta. Non se pode tirar a pedra e esconder a mão desa maneira.
Friedrich, Heitinga... Na, está claro. O correo debe de ser por Heitinga. Imaxino que lle están a preparar unha estatua no Zagreb pequeno de Zagreb.
Tanto misterio e mira ti qué fácil era.
¿o Pequeno Zagreb de Zagreb? Eu estiven aló en non e tan pequeno....
O Comité do Partido Para Fichaxes do Torpedo Zagreb (C.P.P.F.T.Z) desminte calquera oferta por Friedrich. E por Schweinsteiger.
Ah, si, a eses xa os coñezo!
Publicar un comentario