martes, 15 de febreiro de 2011

Gulit e Platini recuperados

Platini, mancado nos primeiros jogos da T18 ajudou desde o banco a Mitea para conseguir a primeira victoria da temporada, en casa, pola mínima e contra o MAG. O rumano ante a baixa do capitão colocou no meio campo a Milner e deixou em ponta a di Stéfano e Hristo. Foi precisamente o substituto de Platini o que meteu um excelente serviço do argentino para materializar unha das numerosas oportunidades das que desfrutaram nos 90 minutos.

Com esta derrota pola mínima o MAG só consegue um ponto depois de jogar 2 encontros fora da casa, contra Rio e Ordem e afunde-se na classificação da LPU. Gulit viu o partido contra os de marrão desde a bancada do Matadero Arena por causa dum golpe fortuito no jogo contra o Asalta. Desde o palco do estádio comprovou o carinho que por ele sente a torcida de Monte Alto. Como não mude a sua atitude poderia ser a próxima estrela do River mais cedo que tarde.

03. Ordem 1 - 1 MAG
Ternalbão, Cocu (Candreva)
CA Materazzi
Cumpre Gulit

04. River 1 - 0 MAG
Milner (di Stéfano)
CA Beckenbauer
cumpre Platini

Individuais:

Beckenbauer: 1CA
Candreva: 1P
Cocu: 1G
di Stéfano: 1P
Materazzi: 1CA
Milner: 1G
Ternalbão: 1G

17 comentarios:

staatsekretär dixo...

calendario actualizado.

falta por fazer o da KP18.

getxo dixo...

E amañastes os planteis do River e do MAG?

Por certo, ben polo River, hostia! A ver se este ano fai unha tempada aínda mellor e desputa os títulos.

secretario dixo...

A partir de agora, quen non o fixese, que meta sancións, lesións e cumprimentos nas listaxes de individuais. Procurarase un control centralizado, aínda que se agarda a implicación habitual de infractores e feridos. A causa principal do troco é que non custaba tanto ser rigoroso, pero tamén a presenza do River, que é de seu incontrolable.

tampouco dixo...

Sólida tempada do Ordem. Os colistas están a facer boa tempada tamén (ambos levan 3 empates, 3 derrotas e -4 en goles; ou, o que é o mesmo, tiveron moi mala sorte).

un aficionado nostalgico dixo...

gullit, vuelve a casa!!!!!

h dixo...

non amañamos, porque non o sabiamos. jogamos tal qual estavam. No caso do River pode dar-nos igual porque ganhou. E no caso do MAG como perdeu, pois foda-se.

Outra cousa é o empate co Ordem. Mas a mim da-me igual que jogara o MAG com 3 rublos menos. Eu sei perdoar.

duque dixo...

por certo, hoxe teño a tarde libre por se alguen quere xogar algun amistoso ou algun oficial k se poida xogar

Comandante dixo...

Home, tanto como boa tempada.....con 0 victorias en 6 partidos....O que é certo e que algo de mala sorte houbo (alomenos pola miña parte) sobre todo na derrota por 1-0 ante o RIF no tempo de engadido.
A verdade é que o partido no que peor o pasamos foi contra o River e empatamos a ceros, pero foi o partido no que menos conseguimos chegar a porta contraria. Contra o Torpedo (derrota por 2-1) tivemos as nosas opcións pero non soubemos rematar (lembro unha de Agüero só contra Banks para poder empatar case ao final que tirei contra o corpo do porteiro) e o partido co Asalta (derrota por 2-0, a máis abultada de todas) en realidade tamén tivemos algo de mala sorte porque o primeiro gol chega dunha tragada desas extrañas da miña defensa (balón por alto que podía despexar perfectamente Cristian Zapata pero que non lle saiu do carallo) e o segundo foi a tiro de falta que petou no longueiro e logo deulle a Casillas nas costas e meteuse pra dentro.
En fin, que seguiremos tentándoo, non cabe dúbida.
VAMOS MAG¡ CONA.....QUE TEMOS QUE METERLLES PRESIÓN AOS DE ARRIBA, hehehe

h dixo...

Eu hoje,em princípio, nom podo jogar, que tenho que fazer uns recadinhos. Ademais contra o Duque já joguei/perdim.
Só poderia jogar-che co River. E penso que pola minha banda não hei jogar mais com eles, que já os levei em 3 partidos de 9 que haverá em total na primeira mão (1 empate, 1 derrota e finalmente 1 victória) e tampouco é bom abusar.
Contra ti que leve o Rio algum dos implicados polo título, de momento o Rif.
Do mesmo jeito que eu levei o River contra o Babudo e o Comandante os guiou contra o Ordem na loita por evitar o descenso.
Vamos digo eu.

getxo dixo...

Eu, o do River prefiro que siga indo ao chou total. E, se en momentos pontuais alguén está aí para foder con el, pois que foda. En calquera caso, é lóxico que a quen lle cadre ir máis xogue máis co River. Que, en teoría, aparte de porque mola, está para iso.

Comandante, creo que Marko se refería a que era unha boa tempada dos colistas, non unha boa tempada de MAG ou Babudos. O que quere dicir é que, para serdes colistas, sodes máis ca dignos, tanto en xogo como en resultados. Obviamente, sempre é mellor que sexa outro o pechacancelas digno.

duque dixo...

eu mais k nada o digo, non pola liga, senon pola kopa do polo se k hay cuadrante

reBolucionario dixo...

E pra cando a listaxe de gañadores da culler de pau? Ahi os Babudos gañamos con ansia, hehehe.

tampouco dixo...

Pois mira, sácocha axiña. A ver se hoxe.

tampouco dixo...

Babudos 10
Ordem 4

E un duplo campión da Kunka

MAG 1 (na T1!!)

E dous campións da LPU!!

Tuzaros 1
Pollo 1

Este Marko é a hostia.

tampouco dixo...

Lista de pechacancelas, algo máis precisa:

Che Marx (Ltd.) 6 (este equipo mudou de nome despois da T7)

Babudos 4
Ordem 4
Swazilandia BP 1
Tuzaros 1
Pollo 1

Comandante dixo...

Jejeje.....xa temos duas culleres de pau en propiedade, manda carallo.

Comandante dixo...

Por certo, moi profesional Sr. Czalic.