Camilo Cenlumes. Sierra Maestra.
Eusebio da Silva Ferreira torna de novo en lenda, logo de convertirse no terceiro xogador da historia da LPU en acadar os 200 goles marcados.
E de novo foi gracias ao apoio da bancada reBolucionaria. De novo os Babudos, lonxe de acadaren glorias comúns, serviron de plataforma pra que unha nova-vella estrela da WIFA colleite un exito personal.
En Sierra Maestra chegou aos 100 goles Shevchenko. En Sierra Maestra acadou os 200 Eusebio. ¿Será capaz de chegar aos 50 Mágico González en Sierra Maestra?
Malia á súa saida do clube no derradeiro draft, un tanto extraña ao ser obrigada polas circunstancias económicas do clube, Eusebio non dubidou en "agradecer enormemente todo o que os Babudos fixeron por mín. Acolléronme cando andaba perdido, desvalido, e gracias a eles agora sei cal é o meu sitio nu mundo.....na punta de todo".
Non quixo deixar pasar a ocasión da celebración dos seus 200 goles pra recordar a todos aqueles que lle axudaron ao longo da sú carreira. "Teño que facer mención de xente que xa non está entre nós, como o Sir Nigel, que foi o meu valedor nos primeiros anos da LPU. Tampouco me olvido do meu amigo e compañeiro Carew, sen dúbida un dos mellores xogadores na súa posición. E por suposto, non teria acadado todo isto sen a axuda dos meus compañeiros e compañeiras reBolucionarios acó en Sierra Maestra. Pra todos eles vai este record. Moitas gracias a todos e todas".
Así se despediu Eusebio dende o aeroporto internacional Carlos Marx de Sierra Maestra antes de partir a extender a verdade do comunismo empresarial polo mundo.
Que vai ben amigo Eusebio. ¿Volveremos a atoparnos? Só o Che o sabe.

4 comentarios:
Parabéns ao abandoado Eusébio. Non se pode ser tan grade e non estar no River, cando menos.
Novos resultados e clasificación actualizada na noticia precedente.
Iso: xa hai clasificacións individuais tamén.
Carew é o mellor na úa posición, esou dacordo.
un grande, si señor.
Ke grande dianteira facia con weah e carew. Snif.
Apuntado no blog de fichaxes como candidato.
Publicar un comentario