Mentres, os seareiros montrealinos apoian cn firmeza aos tres rivais: "Levamos un ano enteiro a preparar os festexos para celebrar as 10 tempadas sen gañar a LPU, e estes alconoques estannos tentando foder a feira", declarou a curmá de Egor Titov, co-organizadora do evento, sorrinte e algo ebria. "Aínda temos esperanza nos nosos perseguidores. Perder a LPU na derradeira xornada, sería perfecto. Xa serían 5 veces. Ninguén ten tanto carisma".
A Kunka arrancou con forza. O Ordem está xa nas semifinais, outra vez, mentres MAG e Asaltacunas ficaron na previa. O Torpedo-River de cuartos será un duelo moral polo dereito a ser 5º; o Tuzaros-Rif parece o plato forte, e non hai que esquecer o sempre controvertido capricho do bombo, todo un clásico do caos: Shakhtar-Pollo.
Na Kopa Presidencial, o campión túzaro agarda no ensaio da final a Shakhtar ou Rif, mentres Ordem e Babudos semellan teren atopado un hábitat natural nas repescas, nas que arrasan. Ninguén, agás estes dous clubes, logrou unha vitoria en partido de repesca e 5 son xa as súas vítimas. Remedando ao Coco: "Se caes na Kopa do Pollo, virá o Babudos ou o Ordem e comerate".
No entanto, Alfredo Di Stéfano berra desde o río: é o atacante máis completo, dando con iso nos fuciños a todas as secretarías técnicas da WIFA e, en especial, á do puto Rif. O de Abidal, máximo goleador do seu equipo, directamente non ten nome.
Na clasificación da cartóns amarelos aparecen unicamente os xogadores actualmente apercibidos de sanción. Presten particular atención a este capítulo e, naturalmente, ao de baixas.



Velaquí, por último, a ficha do partido que, atendendo a investigacións recentes, tivo a honra -hai xa algunhas xornadas- de converterse no número 2.000 da historia da WIFA, competicións pitufas excluídas:
X5 Mag 0 - Tuzaros 1
Bakero (Bican)
CA Porculio
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario