Os equipos da WIFA andan todos a trompadas entre eles agás co Asalta, que a este paso rematará por gañar a LPU a pouco que acade os 24 puntos. Shakhtar e Rif desputaron un grande partido, difícil e competido, como sempre entre eles, pero máis aberto e espectacular. O recuncado Park puxo o delirio na bancada no segundo tempo, pero Monaldo empatou no minuto 88, como indica a súa camisola. Un empate que mereceron de sobra os de Chaoui, malia as fases de excelente fútbol dos mangostas, que comezan a coller o ton do xogo colectivo. Zubizarreta callou unha excelente actuación. Despois, o River deu a campanada para refrendar as boas sensacións dos primeiros partidos e a escalada dos últimos. O executor foi Di Stéfano, Don Alfredo, El Don, que anotou un golazo no Municipal de Chaoui ante a súa ex-bancada. Desde o río, con xenreira. Grande actación de Platini e Beasley fronte a un Rif sen fortuna. Ao paso que vai o River, a lista de damnificados ten pinta de medrar. Estreouse a Kopa do Pollo das repescas e o Shakhtar -na busca de vendetta tras da estrea ligueira en Xinzo- fixo un magnífico primeiro tempo ante o Ordem, que mellorou moito no segundo tempo e fixo méritos abondo para a igualada, balón á trabe de Van Persie incluído. Os rusistas amarráronse á vitoria polo seu bo fútbol inicial e pola actuación, novamente, de Zubizarreta. O gol de Pazzini lembrou claramente a Oliver Aton. Agora, os arraianos estrearán as repescas, mentres os non-canadianos agardan por un rival nos cuartos.
Rif, Ordem, River, Torpedo e Shakhtar pugnan, polo momento, por un papel de perseguidores do que están aínda lonxe. Polo momento, o Duque arrasa. Alguén terá que lle plantar cara. Confiamos no rosa?
X6. Shakhtar 1-1 RifPark, C. Ronaldo (Cesc)
CA Pedro, Ozil
+ Messi
X9. Rif 0-1 RiverDi Stéfano (Hleb)
KP. 1/8 final. Ordem 1-2 ShakhtarGallas; Arshavin (Xavi); Pazzini
Cumpre lesión Messi

Nos individuais, máis do mesmo. O Asalta gaña todo agás o intercambio de bofetadas, que compete ao Rif. Bican, Voller e Zlatan afían as botas.
De agora en diante, que todo o mundo meta mancaduras, sancións por CV e cumprimentos das mesmas nas listaxes de individuais. Gracias.Finalmente, a directiva do River decidiu gardar os rublos para o draft de inverno. MAG, amaña o teu, se queres. E que alguén lle busque un xogador de 1 ao Pollo, que a vós igual vos parece unha parvada, pero ao secretario aféctalle..
4 comentarios:
Arshavin Kopa 1 gol
C. Ronaldo 1 gol
Cesc 1 pase
Di Stéfano 1 gol
Gallas Kopa 1 gol
Hleb 1 pase
Messi 1 lesión, 1 cumprida
Ozil 1 CA
Park 1 gol
Pazzini Kopa 1 gol
Pedro 1 CA
Xavi Kopa 1 pase
que o busque o Pollo, ou?
hay algun calendario de kopa?
Si hai, de Kopa do Pollo. Publicarano pronto, pero, así, de memoria, penso que che toca co Pollo. Creo que os partidos de 1/8s eran Ordem-Shakhtar e Babudos-Rif, o Torpedo espera rival en cuartos e tamén o MAG. Os outros cuartos son Tuzaros-River e o teu.
Publicar un comentario