luns, 28 de febreiro de 2011

Gañadores de títulos

NON ESQUEZAN QUE PODEN VER O CALENDARIO DA KUNKA E AS CLASIFICACIÓNS NAS NOTICIAS PRECEDENTES.

Todo o mundo cre coñecer moi ben o plantel do seu equipo, pero imos propoñer un xogo para a sección de pasatempos. Quen é o xogador máis laureado, a nivel de títulos colectivos, que actualmente forma parte do plantel do seu clube?

En breve aparecerá a solución. Vaian xogando, se lles peta. Os máis audaces poden aventurar o número de títulos e mesmo o nome do segundo, se lles apetece.

O premio, para gañadores e perdedores, será unha breve listaxe de axentes libres que acumulan pó nos seus múltiples trofeus.

SOLUCIÓNS:

River: Hleb, líder total de títulos (12) igualado con Lúcio, pero con máis LPUs que o brasileiro (5 contra 3). E Stoichkov, xogador con máis Kunkas (5), igualado nisto, el tamén, con Lúcio. Nove títulos, en total, para o búlgaro, só superado neste apartado polos anteditos.

Rif: Buffon, xogador con máis LPUs (6) igualado con Weah, gañou ademais 3 Kunkas para un total de 9 campionatos. Cesc ten 6 (2, 3, 1).

Pollo: Stankovic
é o xogador con máis Kopas do Pollo (5) e totaliza 9 títulos. Carragher, 7 (1 LPU, 4 KK, 2 KP). Aínda Brolin e Zhirkov (3) teñen máis títulos que Zlatan, a opción máis votada polos seareiros, que iguala con Maier e Mellberg cunha LPU e unha KP.

Shakhtar: Park, terceiro en títulos, con 9, igualado con varios outros. Suma 3 LPUs e 4 Kunkas. E Mutu e Ignashevich, tamén con 9.

Asaltacunas: Weah, xogador con máis LPUs (6) igualado con Buffon, gañou unha vez a Kunka e ten 7 títulos. Rosicky suma 7 (5, 1, 1), tamén.

Torpedo: Berbatov, segundo xogador con máis Kopas do Pollo (4), igualado con varios outros. Cuarto en kopas totais, tamén igualado con varios, con 7, é o único xogador con máis de 5 trofeus que endexamais ergueu unha LPU. Friedrich leva 6 (3, 3, 0).

MAG: Campbell, séptimo en LPUs (con 3), igualado cun amplo feixe de xogadores, ergueu tamén 3 Kunkas, totalizando 6 títulos. Con 3, Sagnol (2, 1, 0) e R. Carvalho (1, 2, 0). O dato máis sorprendente: ningún xogador do actual MAG ergueu nunca a Kopa do Pollo.

Babudos: Ribery, 12º xogador con máis kopas totais (5, igualado con outros 9), gañou 3 Kunkas e 2 Kopas do Pollo, ademais dunha LPU -idéntico ao de Toldo-. Davids e Gattuso acadaron cada un unha LPU e unha KP. No do Che, a afición leva razón tamén.

Ordem: Toldo, 12º xogador con máis kopas totais (5, igualado con outros 9), gañou 3 Kunkas e 2 Kopas do Pollo, ademais dunha LPU. O Caníbal Cocu conquistou unha Kunka. Son os únicos campións do actual plantel arraiano, o máis modesto da WIFA en nomes.

Tuzaros: Hamsik, sexto xogador con máis Kopas do Pollo (3), igualado con outros 8; tamén gañou unha LPU e unha Kunka, para 5 trofeus totais. Con 3, Bican (2, 0, 1) e os canteiráns Chocolate Sexy e Porcuio Gómez, con 1, 0 e 2.

No River hai outro xogador de bo palmarés: Tamas, con 6 trofeus de todas as cores.

Xogadores libres que son imáns de títulos:

Lúcio, de quen xa se falou. Conqueriu 3 LPUs, 5 Kunkas e 4 KPs. Unha besta.
Gilberto Silva, Koller e Yeste suman 7 títulos.
Ferguson, Toxo e Vidic, 6.
Heinze, Azutkin, Yashin, Bonhof e Brian Laudrup, 5.

CURIOSIDADE:

Os tres máximos goleadores da Historia da WIFA (Zlatan, Shevchenko, Eusébio) suman 3 LPUs, unicamente unha por cada un deles.

Os tres máximos pasadores (Stoichkov, Dzajic, Garrincha) gañaron aínda menos: 2 LPUs, pois o brasileiro nunca tal fixo.

Os tres primeiros clasificados do AT (Stoichkov, Zlatan, Eusébio) suman tamén 3.

Os tres primeiros do Primitivo Histórico (Carragher, Yobo e Toure) gañaron un total de 7 LPUs.

O crime gaña ligas.

.

kk18





domingo, 27 de febreiro de 2011

Maksim Shatskikh: "Podiamos nós sos; pero gracias"

Malia o trunfalismo do non-canadiano amigo do Canadá e malia a primeira análise que se pode facer da clasificación, un maior aprofundamento amosa que, en realidade, esta LPU18 aínda está por decidir. O Shakhtar ten catro partidos por diante: un contra o Pollo, o equipo que o privara da anterior. Os outros tres encontros, contra os seus tres inmediatos perseguidores. Certo que, destes, o que queira buscar a remontada precisará posiblemente apelar á Vitoria Suma. Pero antes deben xuntarse nun Pacto de Inimigo Común: ningún deles pode permitirse caer ante os rusistas. E non é unha meta imposible. O Rif parece agora en plena forma e sempre é un rival infernal para o Shakhtar. Os Tuzaros son os campións e o seu rendemento está a ser alto, aínda que precisarán gañar todo o que queda para acadaren a súa media inglesa; a súa solidez e eficacia parecen fóra de dúbidas e nos útimos tempos, malia a debacle bosingwana da primeira volta, dáselles máis que ben xogar contra o Shakhtar. Certo que o Asalta atravesa un bache, mentres o Duque dispara contra as condicións do céspede, as arbitraxes e os horarios dos partidos, moi perxudiciais para o seu líbero. Pero ninguén cre que a mala xeira dos ducais poida prolongarse, e falamos dun equipo que comezou a liga con 5 de 5. O líder do palmarés, ben podería repetilo ao final.

Mentres, os seareiros montrealinos apoian cn firmeza aos tres rivais: "Levamos un ano enteiro a preparar os festexos para celebrar as 10 tempadas sen gañar a LPU, e estes alconoques estannos tentando foder a feira", declarou a curmá de Egor Titov, co-organizadora do evento, sorrinte e algo ebria. "Aínda temos esperanza nos nosos perseguidores. Perder a LPU na derradeira xornada, sería perfecto. Xa serían 5 veces. Ninguén ten tanto carisma".

A Kunka arrancou con forza. O Ordem está xa nas semifinais, outra vez, mentres MAG e Asaltacunas ficaron na previa. O Torpedo-River de cuartos será un duelo moral polo dereito a ser 5º; o Tuzaros-Rif parece o plato forte, e non hai que esquecer o sempre controvertido capricho do bombo, todo un clásico do caos: Shakhtar-Pollo.

Na Kopa Presidencial, o campión túzaro agarda no ensaio da final a Shakhtar ou Rif, mentres Ordem e Babudos semellan teren atopado un hábitat natural nas repescas, nas que arrasan. Ninguén, agás estes dous clubes, logrou unha vitoria en partido de repesca e 5 son xa as súas vítimas. Remedando ao Coco: "Se caes na Kopa do Pollo, virá o Babudos ou o Ordem e comerate".

No entanto, Alfredo Di Stéfano berra desde o río: é o atacante máis completo, dando con iso nos fuciños a todas as secretarías técnicas da WIFA e, en especial, á do puto Rif. O de Abidal, máximo goleador do seu equipo, directamente non ten nome.

Na clasificación da cartóns amarelos aparecen unicamente os xogadores actualmente apercibidos de sanción. Presten particular atención a este capítulo e, naturalmente, ao de baixas.




Velaquí, por último, a ficha do partido que, atendendo a investigacións recentes, tivo a honra -hai xa algunhas xornadas- de converterse no número 2.000 da historia da WIFA, competicións pitufas excluídas:

X5 Mag 0 - Tuzaros 1
Bakero (Bican)
CA Porculio

.

sábado, 26 de febreiro de 2011

DATOS PERSONAIS

Vale, merda. A taboa do Excel sae como o cu no Xornal. Mándolle o Excel ao Secretario e Subsecretario, ok?

DATOS INDIVIDUAIS

XOGADOR GOL L PASE L GOL K PASE K GOL KP PASE KP CA L CA K CA KP CV K LESIÓN
A SISSOKO   1                  
ABIDAL 5       1   1        
AGÜERO         2     1      
ARTETA   1                 1 CUMPLIDA
BAKERO   1   1              
BEASLEY       1              
BECK 1                    
BERBATOV 2                    
BERGKAMP     3               1
BICAN 1   3                
BOBAN             1        
BONIEK 1 1                  
BOSINGWA       1     CUMPRE 1      
C. RONALDO 3         1         1 CUMPLIDA
CAMPBELL             1        
COCU               1      
CONTI 2       1 1          
CRUIJFF 2                    
DAVIDS               1 1    
DESCHAMPS             1        
DI STEFANO 3 3                  
DIARRA             1        
ETOO     2                
FÁBREGAS 1 3                  
FANNI             1   1    
FLETCHER             1        
FOWLER         1            
GALLAS 1                    
GAMBERINI               1      
HAMSIK 1                    
HEITINGA             1        
HLEB       1              
INIESTA 1 1                 1
K.P. BOATENG   1                  
LARSSON 1                   1 CUMPLIDA
LE TISIER                     1 CUMPLIDA
LENNON       1              
LESCOTT                   1 CUMPLIDO  
LIZARAZU                 1    
M. LAUDRUP   1                  
M. RICHARDS               1      
M. SISSOKO 1                    
MÁGICO         1           1
MAKOUN     1   1            
MERTESACKER             1        
MILNER   1                  
MUTU 2                    
NEGREDO 3 1                  
ODONKOR                 1    
OZILL   2                  
PARK 2                    
PATO 2 1     2            
PAZZINI       1              
PEDRO             1   1    
PIENAAR     1                
PLATINI 1   1                
POBORSKI   1                  
PORCULIO                     1 CUMPLIDA
PUYOL                 1    
RIBERY         3 2 1       1
ROMARIO 2 2     1            
SAGNOL   2                  
SISSOKO             1        
STOICHKOV 1                    
TAMAS               1      
TERNALBAO           1          
THIAGO SILVA             1        
TOURE             1 2 CUMPLE        
VAN PERSIE       2              
VOLLER 2   1 1              
WEAH 1                    
WINTER               1      
XAVI   1                  
YEPES               1      
YOBO                 2    
ZAMBROTTA 1 1                  
ZIEGE       1              
 
 
ANTE LA GRAN ESCAQUEADA DE TODO EL MUNDO AYER, AVISO DE QUE COMO ME HE TENIDO QUE COMER EL PASAR LOS DATOS DE LOS 27 PARTIDOS Y MÁS DE 70 JUGADORES QUE HAN HECHO ALGO AYER, NO PIENSO VOLVER A PASAR DATOS DURANTE LOS PRÓXIMOS DOS MESES AL MENOS.