sábado, 29 de agosto de 2009

Unha cuestión de solidez

por Igor Czalic

Montreal, vello Montreal. O Etade Durruti volveu ser tumba do Shakhtar nesta primeira volta da T12, despois de varias tempadas de relación máis ou menos fluída entre o estadio e o equipo. Voltou a sangría de rublos. O Shakhtar non termina de dar coa chave que lle permita recompoñer a figura e levar o peso dos partidos, único camiño que o equipo coñece cara a vitoria. E ese é un serio defecto.

X6. Shakhtar - Rif

O potente arranque de dous grandes como Clash e Asaltacunas fixo chegar a ambos contendentes coa necesidade da vitoria. O partido foi tenso, co Rif moi serio e moito menos violento que decote. A balanza do xogo foise inclinando pouco a pouco cara o mellor facer dos de Chaoui, que cada vez que conectaban cos dianteiros puñan á zaga quebeca en situación de máxima alerta. O Shakhtar tentou sacar partido dos seus escasos achegamentos pero hai que apretar moito máis para agobiar a Buffon. Chegouse con 0-0 ao descanso, coa sensación de que o Rif estaba un puntiño por riba e que a súa defensa estaba moito máis lonxe que a local de conceder un gol. A tónica do segundo tempo foi a mesma. Unha espectacular parada de Dino Zoff, que rematou por dar no poste, permitiu manter o empate até a recta final do partido. A quince minutos do final, nunha acción de Romario pola dereita, Ignashevich protexeu o recorte cara adentro, eludindo entrar directamente ao corte. A decisión do defensa concedeu a Romario a opción de disparar en posición difícil, pero o brasileiro non dubidou un momento e cruzou un terrible chut, imparable para Zoff (0-1). Co Shakhtar tocado, Romario empurrou un rexeitamento nos últmios minutos para rematar unha merecida vitoria, cunha exhibición de solidez (0-2).

X9. Shakhtar - Torpedo

Mesmo escenario, de novo dous grandes equipos e, outra vez, a imperiosa necesidade da vitoria. Moito pasou desde que o cruce de declaracións da T11 incendiou brevemente a relación entre os clubes. Daquela, coa LPU en xogo, ambos equipos retáranse feramente con vistas ao triple duelo de máxima importancia para o desenvolvemento da tempada. Paradoxos do fútbol. O Shakhtar gañou o pique por KO (vitoria en liga e eliminación en Kopa) pero o Torpedo apañou o título máximo cunha maior regulariedade e o Shakhtar rematou por subcampionar duplamente tras caer na final kopeira. Agora, no canto de pelexar o título, o envite ía da non perder o tren, de engancharse dalgún xeito ao vagón de cabeza. E chegaba o Shakhtar errático e confuso. E chegaba o Torpedo con poucos puntos, pero invicto. E foi, novamente, unha cuestión de solidez. O Torpedo non estaba invicto porque si: xoga pegado ao chan, compacto. O Shakhtar busca voar pola liña recta; cando a cousa vai ben e o partido é aberto, é o camiño máis doado. Pero esta liga é cada vez máis difícil e asfixiante. O resumo do primeiro tempo: igualdade. Banks e Zoff, correctos. No segundo tempo, o mítico Libor Sionko entrou pola banda dereita e centrou mal, fatal. O balón, de vagar, comezou a dar botes pola área mentres varios defensores danzaban ao seu redor, sen ter moi claro que facer cun centro así. Boniek tíñao máis claro e, vinte minutos despois, recibiu aquel balón centrado por Sionko e enviouno ás redes desde o interior da área pequena. O 0-1 trouxo a ansiedade ao Shakhtar, perdido xa de seu en conducións demasiado longas dos dianteiros. O Torpedo pasou a defensa de 5. O Durruti, enlamado, foi unha tortura para os dribladores e, finalmente, a oposición de Van Bommel e o labor dos escudeiros remataban unha e outra vez cos intentos de ataque locais. Vitoria xusta para os croatas.

Así as cousas, Torpedo e Rif, tirando de solidez, constitúen xa unha seria alternativa aos dominadores da competición. Babudos, Shakhtar, Tuzaros e MAG mantéñense a unha certa distancia e non poden permitir que esta se amplíe. Todos en espera do debut dos retrasados, que ha variar en certa medida esta situación de aquí ao ecuador.

O Shakhtar, pola súa banda, debe reflexionar. Non consegue dominar ou, cando domina, non crea perigo. O equipo máis goleador da historia leva 1 gol logrado ante os 4 primeiros da táboa. 1 gol! E nunha xogada persoal irrepetible, para colmo. Por outra banda, neses mesmos partidos, encaixou a barbaridade de 9. E catro derrotas. Os quebecos achéganse á ruína económica. Mutu leva ano e medio desperdiciado como estremo e faltan ideas claras no aspecto táctico desde hai moito tempo. A T11 resultou boa para o equipo porque era quen de tirar de recursos, pero o xogo non era o desexado. Algo pasa, e debe ser arranxado.

Kopa da LPU. Grupo B. Partido 1. Shakhtar - Torpedo

E chegou a Kopa da Liga e as Kopas, como sempre, son outra historia. Mesmo rival, mesmo escenario e necesidade da vitoria. Sen rublos en xogo. O Torpedo seguiu a renegar do seu novo dianteiro e semella que Drogba non volverá vestir de azul escuro. Probablemente é un erro non darlle continuidade pero, cando menos, o Torpedo deixa unha perniciosa obsesión no banco. As Kopas son, pois, outra historia. E así o Shakhtar saiu algo máis fresco, sen excesos, e así Shevchenko enviou un pase a Messi entre unha defensa atolondrada que saia a contrapé. O arxentino, brazo executor dos mangostas, axustou un remate difícil co exterior no man a man ante Banks (1-0). Sen novidades até o descanso e bo partido do porteiro inglés. No segundo período xurdiu novamente 'O Roxo' cun remate espectacular que dobrou as mans de Zoff (1-1). O Torpedo non regalaba o partido. Entón chegou o momento de Shevchenko (1 gol en 7 xornadas de liga). O ucraíno aproveitou que Chivu, con molestias e cartón amarelo, fora retirado no descanso e furou a defensa croata como un coitelo. O seu bo remate supuxo o 2-1. E aínda, minutos máis tarde, repetiu xogada con algo de sorte para logo driblar a Banks e marcar a pracer o 3-1. Boniek non se deu por vencido e disparou contra Sobotka para que o balón golpease en Zoff, colocando o 3-2. Os do tándem desaproveitaron a oportunidade final para o empate e si, as kopas son outra historia. Veremos como senta a irrupción do Pollo neste grupo B.

En breve, publicación de resultados e clasificacións ligueira e rública.
.

2 comentarios:

datos shakhtar dixo...

Falo de memoria, pero non hai moito que lembrar. De todos os xeitos, a ver se publicades fichas e apostas.

Frank Sobotka xogou 3
Messi Kopa 1 gol
Shevchenko Kopa 2 goles e 1 pase

bolelavsky dixo...

solidez? para solidez la del bate con el que volveré a batirte.
juas juas.


sr. bolelavsky, no este levantado tan tarde...

lo se, lo se, mas le prometo no haber salido. mañana hay pachanka contra la prensa (aunque yo soy prensa no?) y ya vera usted como se lo demuestro...


en sueños vi que le tissier tenía agilidad 64 y 90 de pecho...