Nota de prensa do Partisano Clash Club
O Partisano Clash Club, ante o problema xurdido co seu número de xogadores clásicos quere constatar os seguintes puntos:
- O número de xogadores clásicos que ten o Partisano Clash nas súas filas de cara á tempada 12 é de 4. Sotichkov, Bergkamp, Bican e Djorkaeff.
- Heinrich, que se señala como quinto en discordia, ainda que como señala "correccion" non é tal, está a xogar na actualidade en 5ª división. A ficha é moi boa. Sabemos que algúns pensarán que xogando en 5ª non pode ter esa ficha, que esa ficha é de antes e por tanto debe figurar como clásico. Nos pensamos que sí pode ter esa ficha. E que aínda podería ter máis (en agresividade, traballo en equipo, condición, ...).
- O PCC pensaba que Bergkamp non era clásico e Heinrich sí cando fixo o draft; ainda que pareza mentira.
- O Partisano Clash sempre se distinguiu, fora do campo, por un fair play absoluto.
- O Partisano Clash Club é un equipo ao que lle gusta competir con deportividade, en igualdade ou inferioridade de condicións, mais nunca, como equipo representante do anarkismo mundial, en condicións de superioridade.
Tendo en conta todos estos puntos, a Asambleia do Partisano Clash Club reunida hoxe, declara, por unanimidade, o seguinte:
O clube escocés-internacionalista decide prescindir dos servizos de Dennis Bergkamp, para subsanar o problema ético que nos podería causar sacar algunha mínima vantaxe dun regulamento opresor ao que criticamos como a calquera outro regulamento, se cabe máis. Agradecemos a Dennis que entendera e ademais nos de o seu apoio á nosa decisión. Só nos pediu a cambio lembrarlle ao resto de clubes que esta ceibe e que sabe marcar e pasar. Queda por tanto a liberdade, neste caso representada polo noso clube, por riba das ineficaces leis, unha vez máis; tamén por riba dos innobles, que en casos semellantes non actúan así.
O sustituto do dianteiro holandés será dous rublos máis barato que o seu antecesor, a modo de protesta e reivindicación. No queremos ter vantaxe. É máis, pretendemos demostrar que a forza vai de abaixo cara acima.
O sustituto, esperamos futuro máximo goleador da lpu, será Iaquinta.
Escupindo no regulamento, escupindo aos tramposos, escupindo aos poderosos.
Partisano Clash Club
3 comentarios:
ay dios!, donde me meti...
La Rebelion será aplastada.
O Shakhtar aplaude o xesto do seu rival e deséxalle un pésimo debut en liga.
Publicar un comentario